miércoles, agosto 26, 2009

ROBERTO SOUTO: "O proxecto para esta tempada é moi ilusionante"

Roberto Souto Garcia, metro noventa e dous centimetros de persoa, xa é xogador da SD Sofán. Dende fai un mes está o de Boaña de Arriba (Castriz) baixo as ordes de David Baña. O central, de 27 anos, relátanos as primeiras impresións sobre esta nova etapa na súa vida deportiva.

¿por que tomaches a decision de unirte á familia sofanista?

A miña fichaxe polo Sofán é algo que se leva xestando dende fai 3 anos. As amistades que teño dentro do equipo e o bo facer da súa directiva, labor que ano a ano gaña máis recoñecimento entre o colectivo futbolístico da costa, foron os principales motivos para participar no seu proxecto para esta tempada; un proxecto moi ilusionante.

¿que esperas desta nova etapa?

Despois de moitos anos xogando na Liga da Costa e sempre na S.D. Castriz o desgaste é moi grande. Ver os entrenamentos e partidos máis como unha obligación que como unha afección fixo que perdera a ilusión polo fútbol. Recuperar esa ilusión é o meu principal obxectivo no ámbito persoal.
A nivel colectivo non teño dúvidas de que este equipo vai ser un dos que finalice arriba ó final de tempada e sen renunciar a nada.

¿que tal te encontras nos teus primeiros pasos coa sd?

A integración no grupo foi moi boa devido ó bo ambiente de traballo e ilusión coa que se afronta esta tempada. No terreo de xogo o tema físico é o que máis me está costando e respecto ó xogo pouco a pouco vou coñecendo os meus compañeiros e adaptándome ó sistema que o noso entrenador quere implantar.

¿que foi o que mais che sorprendeu nestes primeiros dias?

A forma de traballar por parte dos técnicos os entrenamentos, creo que esta planificación esta por encima do nivel da costa, e a calidade e bo facer das novas fichaxes do equipo xa que son xogadores de outras ligas e que realmente me sorprenderon.

¿como ves ó teu ex-equipo, o Castriz, para a liga que se aveciña?

Será un dos candidatos a gañar a liga. Son poucas as baixas que presenta este ano respecto ó anterior polo que conserva o bloque que o fixo tan competitivo estes últimos anos, ademáis de contar coas incorporacións procedentes do desparecido Santa Comba B que non teran problemas en adaptarse. A elección de Huelvis como novo entrenador foi un gran acerto, devido aos seu coñecimentos e experiencia estou seguro que será capaz de correxir os erros do equipo e introducir novos conceptos que o faran mellorar a nivel colectivo.

¿que equipos crees que pelearan polo titulo?

Pola clasificación da temporada pasada o Muros e o Castriz parecen os principales favoritos aínda que terán como rivales a equipos que se reforzaron moi ben este ano como o Carnota e o Sofán. A espera de que surxa algunha sorpresa como a do Porteño o ano pasado quen espero que estea arriba tamén é o Xallas aínda que de momento é unha incógnita.