Xa foi sorteado o calendario de liga para a tempada que se aveciña, e estas son as duas primeiras xornadas:
7 de setembro
Fisterra - Camariñas
Ponteceso - San Lorenzo
Castriz-Carnota
Corcubión-Corme
Muros-Monte Louro
BAIO - S.D. SOFAN
Porteño-Xallas
Santa-Comba B-Malpica
14 de setembro
Camariñas-Santa Comba B
Carnota-Fisterra
Corme-Castriz
Monte Louro-Corcubión
San Lorenzo-Muros
S.D. SOFAN - PONTECESO
Xallas-Baio
Malpica-Porteño
martes, julio 29, 2008
domingo, julio 27, 2008
CABANA 1 - SD SOFAN 7

Costa, Victor Docampo, Gende, Juanjo, Dieguito, Pizo, Mario, Adrian, Eloy, Abel e Bertin. No segundo tempo sairon Cristian, Gustavo, Pancho, José, Marquitos, Cristian Periscal, Oscar, Berti e Suso Docampo.
GOLES: 0-1 m.4 Adrian 1-1 m.26 Michel 1-2 m. 28 Eloy 1-3 m.30 Bertin 1-4 m. 41 Abel 1-5 m.60 Marquitos 1-6

Notouse a falta de rodaxe dos dous equipos ainda que o publico disfrutou e aplaudiu algunhas bonitas xogadas que se produciron, sobre todo no primeiro tempo. A pesar de levar solo dous entrenos, os homes de David Baña estiveron a un alto nivel fisico e demostraron ganas e actitude do primeiro ó ultimo. O seguinte encontro será o domingo dia 3 de agosto na Rocheira contra o Coristanco.
viernes, julio 18, 2008
PRESENTACION DA SD SOFAN

Presentouse na noite do venres a SD, con 8 novedades no seu plantel: Adrian (Bergantiños), Cristian (Baio), Mario (Buño), Diego (Malpica), Abel (Victoria), Chuco, Santi e Marquitos. Con estos xogadores e mais os do ano pasado pretendese mellorar a clasificación obtida o ano pasado e non pasar tantos apuros para salvar a categoria. No capitulo de baixas citaremos a Baneira (Paiosaco) e Pombo (retirado). A presentación limitouse a unhas palabras do presidente e do entrenador, unha sesion fotografica e a posterior e tradicional churrascada onde os novos xogadores se foron integrando na peculiar maneira de facer as cousas na SD
DATOS DO CLUBE:
ANO DE FUNDACION - 1979
PRESUPUESTO - 24.000 €
SOCIOS - 440
CAMPO DO CARRAL
CALENDARIO DE AMISTOSOS
27 de julio: Cabana - SD SOFAN
3 de agosto: Coristanco - SD SOFAN
9 de agosto: SD SOFAN - At. Arteixo TROFEO DAS FESTAS
17 de agosto: SD SOFAN - Imperator
23 e 24 de agosto: Cuadrangular SD SOFAN - Silva - Eiris - Sin Querer
31 de agosto: Paiosaco - SD SOFAN
ADESTRADOR:
ADESTRADOR:
David Baña Ramirez – 36 anos – 1º ano na SD – Equipos anteriores: Oseiro, At. Arteixo, Victoria.
Juan Rey -2º adestrador - 31 anos - 1º ano na SD - Equipos anteriores: Villamaior.
PLANTEL PARA A TEMPADA 2008/2008
PORTEIROS
JOSE RAMON Rodriguez Fariña - Porteiro - 20 anos - 2ª tempada no clube - 2007/2008 18 partidos titular
ADRIAN Abelenda - 21 anos - FICHAXE PROCEDENTE DO BERGANTIÑOS B - Equipos anteriores: Buño, Bergantiños
Alejandro COSTA Barreiro - Porteiro - 23 anos - 6º tempada na SD Sofan - Equipos anteriores : Laracha juvenil Tempada 2007-2008: 12 Partidos titular
DEFENSAS
Marcos GENDE Periscal - Central - 26 anos - 3ª tempada na SD Sofan - Equipos anteriores: Ponteceso Tempada 2007-2008: 16 Partidos titular 6 Cartons amarelos 1 carton vermello
GUSTAVO Eiris Becerra - Central ou lateral esquerdo - 26 anos - 11ª tempada na SD Sofan Tempada 2007-2008: 19 partidos titular 4 Cartons amarelos 1 Carton vermello
JOSE Marta - Lateral dereito - 8º ano na SDTempada 2007-2008: 1 partidos titular 1 gol 1 carton vermello
Manuel VARELA Añon - Central - 31 anos - 4º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Bergantiños, Imperator OAR, San lorenzo, MalpicaTempada 2007-2008: 11 partidos titular 1 carton amarelo

JUANJO Rey Arijon - Central ou centrocampista - 31 anos - 10º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Bergantiños juv. e Golmar - Tempada 2007-2008: 30 partidos titular 4 cartons amarelos
OSCAR Pardo Rey - Lateral ou interio esquerdo - 30 anos - 2º ano na Sd - 2007/2008 6 partidos titular 2 cartons amarelos
DIEGO Fernandez Santos - lateral esquerdo - 24 anos - FICHAXE PROCEDENTE DO MALPICA -Equipos anteriores: Laracha cf, Malpica
CHRISTIAN - Lateral dereito - 25 anos - FICHAXE PROCEDENTE DO BAIO - Equipos anteriores: Nanton e Baio
CENTROCAMPISTAS
David Arijón Vigo, PIZO - Medio centro - 24 anos - 3º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Bergantiños - Tempada 2007-2008: 26 partidos titular, 3 goles, 5 cartons amarelos
VICTOR DOCAMPO Blanco - Interior - 27 anos - 9º ano na SD Sofan - Tempada 2007-2008: 29 partidos titular 2 goles 3 cartons amarelos 1 carton vermello
ELOY Cabeza Varela - Interior - 21 anos - 3º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Calasanz juv., Bergantiños juv. - Tempada 2007-2008: 17 partidos titular, 5 goles, 1 carton amarelo, 1 carton vermello
MARCIAL Remuiñan Herrera - Mediocentro - 22 anos - 2º ano na SD - 2007/2008 8 partidos titular, 1 carton amarelo, 1 carton vermello
ADRIAN Garcia Varela - Interior dereito - 21 anos - 2º ano na SD - equipos anteriores: Bergantiños - 2007/2008 25 partidos titular, 12 goles, 4 cartons amarelos
MARIO Casal - 27 anos - FICHAXE PROCEDENTE DO BUÑO - Equipos anteriores: Buño e Larín
Suso Garcia "CHUCO"- 27 anos - FICHAXE - Equipos anteriores: Victoria e At. Arteixo
MARQUITOS – 26 anos – FICHAXE – Equipos anteriores: Paiosaco, Meicende, Orillamar, Arteixo
SANTI Cambón - FICHAXE PROCEDENTE DO BALDAIO - Equipos anteriores: Bergantiños, Cerceda, Laracha, Cabana, San lorenzo.
DIANTEIROS
BERTIN Abelenda Cabeza - Extremo ou dianteiro - 23 anos - 3º ano na SD Sofan - Equipos anteriores:Bergantiños juvenil, Paiosaco - Tempada 2007-2008: 26 partidos titular, 6 goles, 3 cartons amarelos, 1 carton vermello
Alberto Lorenzo Suarez, BERTI - Dianteiro - 23 anos - 2º ano na SD - Equipos anteriores: Malpica, San Lorenzo, Cerqueda - 2007/2008 17 partidos titular, 6 goles, 1 carton amarelo
CRISTIAN A. Periscal Julien - Dianteiro - 31 anos - 7º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Orzán, Peñarredonda, Soneira - Tempada 2007-2008: 12 partidos titular, 6 goles, 2 cartons amarelos
SUSO DOCAMPO Blanco - Dianteiro - 29 anos - 10º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Bergantiños - Tempada 2007-2008: 25 partido titular, 12 goles, 3 cartons amarelos
ABEL - 19 anos - FICHAXE PROCEDENTE DO VICTORIA XUVENIL – Equipos anteriores: Arteixo, Victoria
jueves, julio 17, 2008
ABEL, O QUINTO EN FIRMAR
Abel, rapaz natural de Pastoriza de 19 anos de idade, é a quinta fichaxe da SD para a tempada que está a piques de comenzar. Procede do equipo xuvenil do Victoria, entidade que dou todas as facilidades para que o xogador poidese xogar con nos este ano. Na tempada pasada en liga Galega de xuvenís anotou 16 goles cos blanquinegros, cifra moi importante tendo en conta que se desenvolveu a maioria dos partidos de interior. Tamén pode ocupar posicions no centro da dianteira, posición onde se aproveitará a sua velocidade e clarividencia ante o gol.
Coa chegada de Abel, case que se acaba de perfilar o plantel que se presentará mañan dia 18 no campo do Carral, á espera da confirmación de tres futbolistas que farán a pretempada co equipo e que en condicións normales non tardarán en firmar pola SD.
lunes, julio 14, 2008
DIEGO, A CUARTA INCORPORACION

Chegouse a un acordo tras duras negociacions con Diego Fernandez Santos, lateral zurdo que o ano pasado militaba nas filas do Malpica, onde foi un dos xogadores destacados, anotando 2 goles no ultimo torneo de copa. Diego ten 24 anos e levaba 5 defendendo as cores do clube azulón da vila mariñeira. Anteriormente xogara no Laracha, equipo co que se proclamara campeon da copa da Coruña.
Ven a reforzar a zona esquerda, na que pode xogar tanto de lateral como de interior. É un xogador rapido, moi correoso e de futbol facil e practico. Defensivamente moi dificil de superar, as suas incorporacions ó ataque soen xerar moito perigo. A directiva da SD mostrouse moi contenta da chegada de Diego pois saben que vai aportar moito ó equipo tanto no campo como no vestuario.
miércoles, julio 09, 2008
ADRIAN XA É DA SD

Sumase un novo xogador á disciplina da SD Sofan, neste caso tratase de Adrian Abelenda, guardamenta de 21 anos que se comprometeu para a vindeira tempada. Adrian era unha peza desexada polo clube fai tempo, pois ademais das suas cualidades deportivas unenlle ó clube moitos factores sentimentais, empezando polo feito de ser él nativo da nosa parroquia e os seus pais seguidores do noso clube.
Adrian formouse nas categorias inferiores do Bergantiños xunto con outro dos nosos porteiros, Jose Ramon. No seu primeiro ano de modestos xogou no Buño compartindo porteria con Añon e firmando unha gran campaña no equipo oleiro. O ano pasado competiu en terceira autonomica defendendo a porteria do filial do Bergantiños.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)