martes, junio 17, 2008

MARIO CASAL, NOVA FICHAXE DA SD


Comprometeuse o ex-xogador do Buño MARIO CASAL coa Sd para a vindeira tempada. O polivalente futbolista xogará por vez primeira no clube do Carral tras o seu paso por Buño e Larin entre outros. Mario, de 27 anos, é o tipico comodín que responde con bo rendimento en multiples posicions,
ainda que nos ultimos tempos veu formando parexa de ataque con Victor no equipo oleiro,anotando 8 goles esta tempada. O ano pasado fixo a pretemporada co Bergantiños, e este curso decidiu desvincularse dos de Buño pois non lle apetecia moito xogar na terceira categoria, e ó mesmo tempo pareceulle atractivo o proxecto da SD. O mister David Baña ten un novo elemento para traballar este ano e facer unha boa campaña.