domingo, febrero 24, 2008

U.C.CEE 4 S.D. SOFAN 0


Derrota excesivamente amplia da SD no novo As Raices, nun partido moi condicionado pola expulsionde Baneira no min. 34 e o penalti marrado por Suso Docampo un pouco antes. Dia soleado, con pouco publico nas bancadas e terreo e xogo en perfecto estado.

UC CEE: Mingos, Fiuza, Julito, Nico, Freire, Toni, Carlos Leis (Fernando m.72), Bibi (Jacobo m.80), Pioto (David m.60), Yanqui e Leo (Fermin m.77)
SD SOFAN: Costa, Victor Docampo, Oscar (Jose m.60), Juanjo, Gende (Varela m.66), Pizo, Adrian, Baneira, Cristian (Berti m.64), Suso Docampo e Eloy (Pombo m.52)

ARBITRO: Amor Vazquez, que amonestou a Mingos, Leis e Yanqui por parte do Cee. Expulsou a David Baneira no min. 34 por doble amonestacion, e a Jose no min. 88 con vermella directa.

GOLES: 1-0 m.4 Leo revolvese no borde da area e engancha un gran lanzamento que entra axustado ó pao dereito de Costa 2-0 m.42 Xogada combinativa da dianteira do Cee que culmina Yanqui tras pase de Toni 3-0 m.82 Toni arranca en presumible fora de xogo e cede o gol xentilmente a Fermin que anota a porta vacia 4-0 m.87 Nova xogada de Toni por banda esquerda que remata con un centro introducido por Yanqui na porta da SD

Saiu mandón o Cee, e xa antes do gol rematara un par de veces a porta. Co 1-0 a SD comenzou a tomarlle o pulso ó partido, e aproveitando a defensa adiantada do Cee creouselle perigo ós locais. Adrian entraba moi ben por banda dereita e Suso marrou un par de claras ocasions diante de Mingos, que estivo moi ben toda a tarde. No min. 27 veu a xogada clave do partido, pois un penalti sinalado por derribo de Mingos a Suso non foi transformado polo capitan da SD. Pouco despois veu a expulsion de Baneira, e si é dificil ganarlle ó Cee con 11, moito mais é con 10 xogadores. Yanqui, que xogou un bo partido anotou o 2-0 e con el fomos ó descanso.

No segundo tempo intentouno a SD, pero non era sinxelo chegar á meta contraria. Tivo Pombo unha boa ocasion, pero pouco despois este xogador lesionouse cos cambios xa realizados, e o Sofan viuse obrigado a xogar con 9 homes. Os ocos na defensa multiplicaronse e a pesar de que os rojillos puxeron voluntad e ganas non poideron evitar os dous goles postreiros. Coa expulsion de Jose a Sd acabou con 8 xogadores sobre o campo sen poder facer mais que manter a pelota no seu poder ata que rematase o partido.