domingo, febrero 10, 2008

MUROS S.D. 3 S.D. SOFAN 2

Perdeu o Sofan en Louro unha boa oportunidade na tarde de hoxe de escalar postos na taboa clasificatoria. A pesar de adiantarse no marcador, non soubo defender con solvencia a sua porteria e acabou sendo derrotado. En tarde de moito calor alinearon os dou equipos a:

MUROS SD: Ruben, Adan, Pedro (Dosil m. 56), Mayu, Teo, Varito, Aaron, Fran (Alejandro m.87), Maxi (Abel m.71), Gelo e Gabi (Jaro m.64).
S.D. SOFAN: Costa, Victor, Gustavo, Juanjo, Varela, Pizo, Adrian (Suso Docampo m.62), Baneira, Berti, Bertin e Eloy (Cristian m.69).

ARBITRO: Daniel Rama, que amonestou a Adan, Gabi e Abel por parte local e a Juanjo, Pizo e Baneira por parte visitante. Expustou a Gustavo por doble amonestacion no minuto 89, e a Aaron con roja directa por agresion a Juanjo no minuto 90.

GOLES: 0-1 m. 23 Envio largo de Gustavo á espalda da defensa local que aproveita Bertin elevando o Balon ante a saida de Ruben 1-1 m. 37 Falta bombeada na area do Sofan, peina un defensa e Maxi aproveita para batir a Costa 2-1 m. 66 Dosil de penalti cometido a Jarondo. 3-1 m. 72 Aaron peina unha falta ante a indecision da defensa visitante. 3-2 m. 79 Suso aproveita unha boa xogada pola banda dereita para fusilar a Ruben

Iniciou ben o partido a SD, segura atras e montando perigosas contras con Bertin como estilete. Pronto chegou o primeiro tanto, e nese instante o Muros douse conta que facia mais dano á defensa do Sofan con un futbol directo que non practicara ata o momento, e comenzou a crear perigo en xogadas a balon parado. Tivo Maxi un man a man que salvou Costa un pouco antes do gol, e co empate chegouse ó descanso.

No segundo acto a Sd apretou de inicio, con un Eloy moi activo por banda. Unha boa xogada de Bertin culminouna o extremo esquerdo con un trallazo que rebotou nun defensa cando xa se cantaba o gol. Nun corner pasado Baneira non chegou en boca de gol por milimetros. E nesto apareciu a pajara habitual dos nosos homes, que encaixaron dous goles en pouco tempo e parecia que o partido estaba sentenciado. O gol de Suso dou emocion ós intres finais, e Cristian tivo o empate nun remate que mandou alto. Na contra o Muros desperdiciou un par de ocasions por medio de Jaro e Maxi, e a tangana e expulsions finais non fixeron mais que demorar o remate do partido.