lunes, julio 02, 2007

O U.C. CEE CAMPEON DE COPA




Na tarde de onte proclamouse o Cee campeon da Copa da Costa ó ganar en Vimianzo ó Soneira por 2 tantos a 1. Inaugurouse a nova instalacion do campo municipal que acolliu unha das mellores entradas que se recordan nun partido ca costa, con mais de 2000 espectadores nas gradas, e un ambiente excepcional. En tarde gris os equipos formaron con:

SONEIRA: Lerma, Ferreiro, Victor Lema, Antelo, Victor Vecino, Fran de Urroa, Pastoriza, Michel, Fran Pioto, Vituco e Paco (Taibo m.55)

CEE: Barca, Ruben Fiuza, Miguel Fiuza, Nico, Dani Freire, toni, Carlos Leis, David Toja, Mario Tona, Luigi (Sergio m. 88) e Leo (Julito m.82)

ARBITRO : Blanco Rodriguez, impecable na sua labor, levando o partido con tranquilidade e personalidade. Amonestou a Paco, Vecino, Vituco, Pioto, Ferreiro, Nico, Ruben Fiuza e Carlos Leis, este en duas ocasions, polo que foi expulsado.

GOLES: 1-0 M. 36 Fran Pioto 1-1 m. 53 David Toja 1-2 m.74 Leo

Se un equipo buscou onte a gloria dende o primeiro minuto de partido ese foi o Union Club Cee. Ante un Soneira moi reservon, que fiou todo á inspiracion dos seus dous dianteiros, o Union arriscou dende o pitido inicial, buscou o gol con insistencia sabedor de que teria que marcar polo menos un para gañar a final, e obtivo o premio nunha segunda parte na que foi claro dominador do xogo.


No arranque do partido foron quen de impoñer a sua filosofia de xogo, cos dous fisterrans do equipo, Nico e Toni, levando o mando do partido. O primeiro estivo impecable no corte e magnifico na saida do balon dende atras, e o segundo, ó meu entender o mellor xogador do partido, foi o motor que necesitaba o Cee no medio do campo. O Soneira, quitando uns quince minutos nos que Pastoriza se puxo a xogar como el sabe ó futbol, foi totalmente dominado neste primeiro acto. Pero, cousas do futbol, bastoulle este arreon de 2 ou 3 dos seus homes para poñerse por diante no marcador. Foi Fran Pioto, resarcindose do erro que tivera no partido de ida, o que anotou diante de Barca. O Cee non se descompuxo e seguiu atacando, pero Lerma estivo segurisimo na parte final do primeiro tempo, evitando o empate dos visitantes en 3 grandes intervencions.
O segundo tempo foi totalmente do Cee, que no inicio xa forzou un claro penalti de Antelo a Luilli, pero Lerma sacou unha man milagrosa que mantivo o 1-0 no marcador. Ainda así, foi tanto o cantaro á fonte que David Toja, nun dos seus alardes de oportunismo igualou o partido , e pouco despois Leo si que atinou a transformar un novo maximo castigo co que foi sancionado o Soneira. A partir deste instante, e coa euforia desbordada na grada por parte do publico visitante, o Cee encerrouse atras, non pasou por problemas en defensa e lanzou perigosas contras, dando a sensacion de que o terceiro gol podia chegar en calquera momento. O final do encontro non fixo mais que confirmar a un xusto campeon de copa, o Cee, que derrotou de maneira clara onte a un Soneira que non dou a verdadeira medida das suas posibilidades.