miércoles, julio 18, 2007

DAVID BANEIRA, PRIMEIRA FICHAXE DA SD


Ven de firmar na tarde-noite do dia de onte o seu compromiso coa SD o lateral dereito desexado polo clube do Carral, DAVID BANEIRA, ex-xogador do Paiosaco que por vez primeira vai disputar a liga da Costa.

Foi a de David unha fichaxe largamente perseguida pola directiva do clube carballes, que levaba varios anos intentando facerse cos servicios deste xogador, e parece que por fin a tempada 2007/2008 vai ser a da sua presentacion en sociedade ante a animosa afeccion sofanista.



DAVID RAMOS BANEIRA, nacido o 29 de marzo do ano 1978, conta polo tanto con 29 anos. É un xogador de sobra coñecido no ambiente futbolistico da comarca, pois xa ten unha dilatada experiencia en clubes da zona e en diversas categorias. Iniciouse nas categorías inferiores do Laracha, clube do que pasou ó Golmar, onde coincidiu fai uns dez anos cun dos capitans da SD, Juanjo. De ahi a un fugaz paso polo Larin, clube que foi o trampolin para ingresar no Paiosaco, onde levaba xa 7 tempadas. Neste equipo fixose un nome como un lateral ou central duro, dificil de superar en defensa e con un correcto trato co balon. Chegou a disputar a Rexional Preferente co mencionado clube e os tres ultimos anos xogaba en primeira Rexional, sendo practicamente titular indiscutible. A estas caracteristicas deportivas hai que añadir unhas cualidades humanas resaltables por calquera compañeiro que estivera con el nun vestiario e que definitivamente declinaron a opinion da directiva da Sd, que insistiron ata o ultimo momento para a sua fichaxe.


Dende esta paxina damoslle a benvida ó clube desexando que o seu exito sexa o da SD