lunes, agosto 21, 2006

S.D. SOFAN 3 - CASTRIZ 1

Dous dias despois da desilusión do partido en Malpica, o Sofán resarciuse cunha xusta victoria fronte o subcampión da Copa da Costa. Nunha tarde calurosa no Carral, e con arbitraxe do cormelán Carpi, a S.D. alineou a Dani na meta, Victor Docampo, Gende, Varela e Gustavo na criticada linea defensiva; Eloy, Juanjo, Pizo e Suso Docampo na media, e Pabeto e Cristian na dianteira. Gustavo retirouse a media hora cunha aparatosa brecha nunha ceja, e saiu Pablo Vazquez no seu sitio. No segundo tempo tamen saiu You.
No primeiro tempo o Sofán non encontrou o seu sitio no campo, cometendo algúns erros que aproveitou o Castriz para adiantarse no marcador por medio de Carlos. As combinacions entre este xogador e o medio Jota creabanlle bastante perigo ós locais, que solo inquietou a Herrera en varios tiros lonxanos de Juanjo. Ainda así , faltando pouco para o descanso empatou Cristian, que está vendo porta con facilidade nesta pretempada. O segundo tempo foi outro cantar, con un Sofán moi superior. O enorme dianteiro Alvaro foi ben controlado, e Pizo e Pablo fixeronse co mando no medio campo. Suso tivo un par de ocasions antes de anotar o seu tanto de todos os dias, e Eloy marcou o tres a un con un magnifico lanzamento de falta directa. O xove xogador xa estaba merecendo anotar o seu primeiro gol coa camiseta roxa. De ter un pouco mais de acerto de cara a porta contraria o marcador podería ter sido mais abultado. Parece que pouco a pouco as pezas se van conxuntando, a pesar das importantes ausencias de homes coma Maqui, Carro ou Pombo.