sábado, agosto 19, 2006

MALPICA 5 - S.D. SOFAN 3

Na noite do venres presentouse a S.D a xogar un amistoso no sintetico de Pedra Queimada contra o xove equipo de Ramón Esmorís. O Sofan alinea a Dani, Mutio, Gende, Varela, Alfredo; Suso Docampo, Pizo, Pablo Vázquez, Juanjo; Eloy e You. Logo sairon Pabeto, Cristian, Gustavo e Victor Docampo. Gende adianta o Sofan á saida dun corner, no que debe ser o primeiro gol da sua vida na porta contraria. O Malpica logo reacciona e os errores defensivos condenan ós visitantes, que se van ó descanso co marcador 3-1 en contra. A pesar de ter o balón no seu poder moito tempo, a S.D. apenas crea perigo na portería de Toni. O Malpica defende ben encerrado no seu campo e monta perigosas contras aproveitando a velocidade de Dani, Alfredo e Medros. Na segunda parte, mais do mesmo. Os locais chegan a ir gañando 5-1, pero un gol de Pabeto de falta directa, e outro de Suso maquillan un pouco o marcador.
Unha proba mais para o Sofan, que non se adapta ben a xogar en campos grandes, e está demostrando ter problemas na zoa defensiva. Ainda así , todavía quedan duas semanas para comenzar a liga, a xente está traballando ben, calidade non falta, e haberá que ser optimistas de cara a ese partido co Baio no Carral, que abrirá o campeonato.