Vicente de 37 anos de idade, ven de estar un ano sin adestrar. Anteriormente ocupou o banquillo do Paios
aco 2 anos e medio, en duas etapas diferentes, a primeira delas en 1ª autonómica, e a mais cercana en 2ª autonómica. Como xogador foi unha referencia na defensa do Paiosaco e do Laracha, equipo co que chegou a xogar en 3ª división.
Miniño, lateral esquerdo as dúas últimas tempadas na S.D., pasa a ocupar sitio no duro banquiño. O laraches, de 35 anos, pon así fin a unha dilatada e exitosa traxectoria como futbolista que recorreu equipos como o Laracha, o Montañeros, o At. Arteixo, e o Sp. Zas. O vínculo xerado en Sofán e a sua contrastada capacidade como home de fútbol, así como o respeto ganado entre compañeiros e afeccionados, sinalano como o home ideal para coller o relevo de David Baña.
Sorte a ambos na dura tarefa que lles espera, que desexamos que leve a pasear o nome da S.D. Sofán con orgullo polos campos costeiros.