jueves, marzo 31, 2011

JUAN RABUÑAL OPERADO CON EXITO

O pasado lunes foi intervido con éxito o bravo xogador da SD, Juan Rabuñal, do seu problema na muñeca que viña arrastrando dende a 4ª xornada de liga, no que tras un choque cun xogador da Esteirana batiu co muro do Carral e rompeu un oso da man. O xogador estivo á disposición de Baña ata o partido deste fin de semana en Muros, pero as dores xa eran intensas e precisaba a reparación pertinente.


Acercámonos á habitación do hospital a dialogar con el, e o xogador mostrabase moi positivo e con ganas de volver a aportar cousas ó equipo, como so él sabe facer. Tras unha tempada na que todo o mundo quedou encantado coa súa presencia no equipo, desexamos que siga vinculado un ano mais á SD, pois sen dúbida que a presencia de xente coma él no equipo nos enriquece a todos.


Isto é o que nos contaba: ¿Como saiu a operación?

Bien. Según el traumatólogo mejor de lo que se esperaba, pues la muñeca estaba bastante "desastrosa", por lo menos quitarme el dolor constante que tenía y a ver que tal la recuperación a la hora de movilizar.

¿ Dache rabia este parón no momento no que te atopabas en mellor forma da tempada?

Mucha, ahora era cuando mejor estaba fisicamente.

¿Como valoras o papel do equipo nesta liga que está a rematar?

Yo creo que muy bueno. A pesar todas las bajas que hubo y la situación del equipo, refiriendome a probelmas de convocatoria, nos supimos mantener ahi arriba y lograr que el S.D. Sofán sea respetado en esta liga.


¿E a tua temporada personal?

Podria ser mejor,pues la situación laboral en la que me encuentro no me permitió asistir a muchos entrenamientos y partidos como me hubiese gustado.

¿ Que crees que se pode facer na copa da costa?

Teniendo a todo el equipo a disposión de David Baña creo que podemos hacer un buen papel. Aunque falte yo jaja.

¿ Como te atopaches no teu 1º ano na Sd Sofán con directiva, compañeiros e corpo tecnico?

Impresionante. Con respeto a directiva, la mejor experiencia que tuve hasta ahora. En cuanto a compañeros, ya conocía a muchos y eso influye y los que no conocía me acogieron muy bien. De aqui saldrán nuevas amistades. Con el cuerpo técnico que te voy a decir, gracias a su insistencia, la tuya y la de mi mujer que conseguisteis que disfrutara este año en Sofán.

¿ Veremoste para o ano correndo na pradera do Carral? Siendo como este año, me gustaría. Estaria encantado de seguir.Falta saber quien sigue el año que viene.


Xa vemos que o optimismo é elevado, e esperamos que a recuperación sexa rápida. A ver si o equipo logra chegar lonxe na Copa da Costa que está a punto de empezar, para que Juan poida ainda disfrutar deste magnifico torneo

miércoles, marzo 30, 2011

MINIÑO RECIBE UN RECOÑECEMENTO DO CONCELLO DE LARACHA

O noso crack mediatico, Jesus Miniño, guardameta, lateral esquerdo e home para todo na SD, recibiu na tarde-noite do sabado un merecido recoñecemento á súa traxectoria deportiva por parte do Concello de Laracha. A categoría dos outros xogadores premiados, Repi, Jesus Remuiñan ou Javi Fuentes, deixa constancia da importancia do premio.



A traxectoria de Miniño, plagada de títulos e sempre deixando unha imaxe de cabaleiro do fútbol, posibilita que nos seus últimos anos de deporte lle cheguen este tipo de recoñecementos, que non fan mais que agrandar a figura do xogador de Lendo.


Un breve esbozo do seu palmarés deixa claro o exitoso da sua carreira:


Clubes nos que estivo -


1992 a 2004: Laracha CF

2004 a 2006: Montañeros Banco Gallego

2006 a 2008: Atletico Arteixo

2008 a 2009: Sporting Zas

2009 a -----: S.D. Sofán


Palmares -


Copa da Coruña - 4 veces campeon 1992,2000,2002 e 2005 e 2 veces subcampeon 2001 e 2003

2ª Rexional - 1 vez campeon 2005

1ª Rexional - 2 veces campeon 1992 e 2006

Rexional Preferente - 1 vez campeon 1997 e 3 subcampeon 2002, 2003 e 2004. 2 ascensos a 3ª division.

lunes, marzo 28, 2011

MUROS 1 - S.D. SOFAN 1

Bonito encontro o disputado na tarde de onte en Miraflores diante duns 150 afeccionados. Dous dos mellores equipos da categoría combatiron de poder a poder a pesar de non xogarse apenas nada, fora da honrilla de conquerir a 3ª posición ligueira. MUROS: Lupi, Manu Dosil (Miguel Riveiro, min.62), Mayuyo, Gael, Iván Cerilla (Teo, min.90), Varito (Gabi, min.85), Bibi, Martín (Óscar, min.62), Sexo, Tony, Gelo (Yanky, min.60). S.D.SOFAN: Miniño, Roberto Souto, Juanjo, Alberto Pensado (Gende, min.75), Juan Rabuñal, Alemán, Mario, Adrián (Diego, min.60), Luisito, David Pensado, Jacobo (Bertín, min.60) Goles: 1-0, min.70: Contra levada por Sexo, este cede o balón ó segundo pao onde entra Yanky lanzado, toca o balón para evitar a saida de Miniño, o esferico da no pao e colase na meta sofanista. 1-1, min.80: Gran centro de Diego ó corazón da area onde David Pensado entra en velocidade e conecta un impecable testarazo que bate a Lupi. É unha pena que estos equipos apenas teñan preocupacións ligueiras a estas alturas, pois poderiase ter presenciado un gran partido. Ainda así o encontro foi intenso, con calidade por momentos, e incertidume no marcador ata o final. A saida dos locais foi explosiva, presionando con intensidade á SD, e encerrando ós de Baña na sua area. Toni comenzou a destapar o tarro das esencias, e serviu un balón en bandexa a Sexo que rematou fora por pouco. Miniño tapou un perigoso disparo do dianteiro xuvenil antes da mais clara ocasión local, á saida dun corner, na que nin Toni nin Gelo foron quen de introducir o balón na liña de gol, cando o mais facil parecia facer o gol. Na outra area o colexiado tragouse incomprensiblemente un clarisimo penalti a David Pensado. Mario Casal e Luisito probaron fortuna dende fora da area, pero Lupi estivo moi seguro. O xogo combinativo do Muros no treito inicial foise diluindo e a SD controlou ben o tempo do partido, sin crear ocasións claras de gol, pero mantendo a súa porteria a salvo de perigos. No segundo tempo os locais crearon perigo principalmente en rápidas contras levadas polos seus veloces puntas. A saida de Bertin dou mais mordente ó ataque da SD, e o dianteiro tivo un par de boas arrancadas, pero nunha delas disparou fora, e noutra Gael estivo moi atento para conxurar o perigo. A saida de Yanki foi o estilete que necesitaba o Muros para anotar. O dianteiro marcou a pouco de entrar no campo, e enviou un balón o pao nunha xogada posterior. A SD estirouse un pouco, con Luisito comandando as operacións ofensivas, e anotou o tanto do empate por medio do bullicioso David Pensado, que unha vez mais completou un bo partido. Canto o partido esmorecia os locais reclamaron penalti por supostas mans de Roberto Souto. Xusta igualada entre dous equipos que xogaron por debaixo das suas verdadeiras posibilidades.

lunes, marzo 21, 2011

S.D. SOFAN 3 - CLUB DEL MAR 2

Intenso encontro o disputado no Carral, que caiu do lado do equipo local, cando os visitantes tiñan todo a favor para levarse a victoria tras anotar o 1-2. Unhas 300 persoas disfrutaron dun igualado encontro en tarde soleada en Sofán.


S.D. SOFAN - Miniño, Adrian -Roberto Souto 71´-, Juan Rabuñal, Pensado, Juanjo, Aleman, Mario Casal, Luisito -Gende 84´-, Diego -Jacobo 76´-, David Pensado -Manolo Varela 87´- e Bertin.

CLUB DEL MAR - Ivan, Chori, Fran Borrazas, Juan Lareo, Chechu, Alberto, Repi, Mariano, Corral, Jacobo -Piñeiro 77´- e Brais -Tonecho 77´-.


ARBITRO: Javier Volunterio, que amonestou a Miniño, Adrian, Luisito, Mario e Bertin por parte local, e a Chechu, Mariano e Lareo por parte visitante.


GOLES:
0-1 21´Repi lanza unha falta que toca na barrera e descoloca a Miniño.

1-1 24´Saque de banda que peina Mario e David Pensado no segundo pao remacha a gol

1-2 66´Gran xogada de Chechu por banda dereita, e o seu centro rematao Jacobo no segundo pao.

2-2 74´Mario dende o borde da area de disparo axustado.

3-2 80´Roberto Souto de gran remate de cabeza.


Librouse a batalla durante case todo o encontro no centro do campo. Repi dispuxo unha tela de araña que non permitiu as maniobras do equipo local, que tivo que tirar de un xogo mais directo para que o esférico chegara con claridade ós seus puntas. Tivo Luisito unha clara ocasión nunha bonita combinación entre Diego e Bertin, pero o seu disparo saiu a rentes do pao. Na primeira aproximación á area local, o Club do Mar anotou o primeiro tanto, pero acto seguido igualou o bullicioso David Pensado, moi incisivo toda a tarde. As suas veloces internadas e combinacions con Luisito foron do mellor do primeiro tempo. Miniño fixo unha gran parada a un novo tiro de falta de Repi e Bertin estivo a punto de desnivelar a balanza en un par de ocasións pero con empate chegouse ó descanso. O balón era local pero a igualdade éra a nota predominante.


No segundo tempo mais do mesmo. O partido trabouse un pouco, quizais debido á alta temperatura na tarde carballesa, e o gol visitantes foi un xerro de auga fria para a afección local. Ainda así sacaron os de Baña forzas de onde nas habia, e Mario igualou rapidamente. Un par de internadas de Adrian por banda levaron a inquietude á area visitante, sobre todo en unha na que Aleman non chegou por pouco ó remate. A lesión de Brais, un dos mellores dos visitantes, e os cambios locales declinaron a balanza. Roberto anotou un golazo e o local Jacobo estivo a piques de anotar o gol da tarde, pero o seu lanzamento estrellouse na escadra da meta de Ivan.








A SD agarrase con forza ó 3º posto, que pondrá en xogo o proximo fin de semana no Miraflores de Muros.

viernes, marzo 18, 2011

LEVANTASE O CASTIGO A LUISITO

A chegada de Pepe Liñares á Federación Galega de Fútbol trouxo esta boa nova para a SD. A escasez de efectivos cos que contaba o Sofán para o partido do domingo contra o Club do Mar vese paliada pola mais que segura presencia do extremo, expulsado de maneira inxusta o domingo pasado en Carnota. Remitimos a continuación parte do comunicado federativo:

"...Con motivo de la proclamación de José García Liñares como presidente de la federación gallega de fútbol el pasado 7 marzo, una de las primeras medidas que ha adoptado es tomar 'medidas de gracia' a favor de quienes tengan pendiente el incumplimiento de sanciones por los órganos disciplinarios.
Las 'medidas de gracia':
1.- Dejar sin efecto sanciones de hasta cuatro partidos por hechos cometidos con anterioridad al 16 de marzo.-
2.- Dejar sin efecto la inhabilitación o clausura de campos por tiempo no superior a 24 meses
3.- Los expedientes de tramitación que conlleven una sanción que no exceda de 4 partidos, o tratándose de inhabilitación o clausura de campo, que no superen los dos años se archivarán.
Se adjunta la circular nº15 donde se explican todas las medidas con más detalle..."

lunes, marzo 14, 2011

CARNOTA 1 - S.D. SOFAN 1

Igualada da SD no campo de Lombans, recinto maldito para os de Baña, nun partido marcado pola incomprensible expulsión de Luisito no min. 42 de partido por duas amarillas na mesma xogada, textualmente -...la primera por realizar aspavientos ante una decisión mia, y la segunda por decirme /¿te crees muy valiente por sacar una tarjeta?/...-. Un partido de guante blanco, dominado pola SD e con un Carnota moi serio e peleón, quedou claramente condicionado.


U.D. CARNOTA - Peipo, Nico, Adrian, Urko, Pedro, Brea, Andres Pato, Oliver -Pumuki 70´-, Pablo Beiro, Deme -Chouza 81´- e Manuel Luis.

S.D. SOFAN - Alex, Miniño, Diego, Alberto Pensado, Juanjo, Pizo -David Pensado 69´-, Aleman, Luisito, Adrian, Jacobo -Gende 82´-e Bertin.


ARBITRO: Zas Vazquez, que amonestou a Oliver, Beiro e Demetrio por parte local, e a Adrian e Jacobo por parte visitante. Expulsou a Luisito no min. 42, e a David Brea no min. 86.


GOLES:
1-0 15´Balón á espalda da defensa sofanista, que aproveita moi ben Andres Pato para de tiro cruzado e case sen angulo bater a Alex.
1-1 35´Gran xogada de Bertin en banda dereita e o seu centro raso é rematado por Diego tal e como lle ven, levando o balón ó fondo das mallas.


Encontro xogado a un ritmo bastante baixo, no que a Sd tivo o dominio da pelota, e o Carnota se mostrou como un equipo serio e disciplinado, realizando un moi aceptable partido defensivo. A referencia local no primeiro tempo foi Pablo Beiro, ó que os seus compañeiros buscaban en balóns longos. O tempraneiro gol de Pato dou alas ós carnotáns, que incrementaron a súa seguridade defensiva, baseada nos seus dous centrais Pedro e Nico, a bo nivel todo o encontro. A SD comenzou a presionar o marco de Peipo. Pizo disparou alto. Jacobo probou fortuna pouco despois, e chegou o gol de Diego en gran xogada de Bertin. O goleador carballés Bertin estivo moi participativo todo o encontro, pero non tivo excesivas oportunidades para demostrar o seu olfato. Un disparo no primeiro tempo seu foi detido por Peipo. Coa polémica expulsion chegouse o descanso.


O segundo tempo foi un querer e non poder de ambos equipos. O Carnota dou a sensacion de conformarse co empate, e a Sd, a pesar de exercer un dominio territorial amplio, non o transformou en ocasións de gol. Un par de disparos de Bertin, e un fallido remate de cabeza de Pensado foron as mais claras ocasións. Un lanzamento de falta postreiro do capitan Nico, tras rexeitar na barrera, casi se cola na meta de Alex, que polo demais tivo unha tarde bastante tranquila.

lunes, marzo 07, 2011

S.D. SOFAN 1 - CAMARIÑAS C.F. 1

Partido intenso, emocionante, duro por momentos, con dous equipos que parecia que se xogaban a vida e que se vaciaron no terreo de xogo do Carral.. Fútbol costeiro de verdade, racial, que rematou en igualada. A SD xogou media hora cun home mais pero non aproveitou as suas ocasións. O Camariñas tirou de casta e arrancou un empate que lle sabe a victoria.

S.D. SOFAN: Alex, Diego, Juan Rabuñal - Roberto Souto 57´-, Alberto Pensado, Juanjo, Aleman - Jacobo 75´-, Mario Casal, Miniño, Adrian - David Pensado 75´-, Bertin e Luisito.

CAMARIÑAS: Pombo, Pesqui, Josiño, Maikel, Breo, De la Sierra, Moriño, David -Alberto Ogando 71´-, Javi -Nico 60´-, Brais - Antelo 80´- e Juan.

ARBITRO: Souto Budiño, que amonestou a Miniño, Juan Rabuñal, Juanjo, Mario, Diego e Bertin por parte local, e a Pombo, David e Juan por parte visitante. Expulsou a Maikel no min. 58´por doble amonestacion.

GOLES:
0-1 7´Prolongación de cabeza de Javi, De la Sierra aproveitase do resbalón dun defensa e bate a Alex dende o punto de penalti.

1-1 32´Gran combinacion de Luisito e Bertin, deixan o balón a Aleman, que entrando dende a segunda liña bate a Pombo de gran disparo.


Intensidade dende o primeiro minuto no Carral. Pronto se viu que a cousa non era de broma. Un par de entradas bruscas quentaron o ambiente no primeiro cuarto de hora. O gol do Camariñas foi un xerro de auga fria para a SD, que estaba mais pendente de guerras no centro do campo que de buscar o fútbol combinativo e veloz que os caracteriza. O Camariñas, co sua seguridade habitual atras, solventaba ben os arreons dos de Baña. Pouco a pouco a base de garra foron cercando a meta de Pombo. Mario ganaba todos os balóns de cabeza, e Aleman, inconmensurable todo o partido, faciase co medio do campo. O seu golazo foi o premio a unha gran actuación. Con Miniño de pivote defensivo o equipo gañou en consistencia. Bertin probou a Pombo con un gran disparo, e Luisito lanzou unha falta fora por pouco. O Camariñas abusaba do balón parado, pero Alex dou un recital de seguridade e dominou a area con solvencia.

O segundo tempo foi mais calmado, e a raiz da expulsión de Maikel, un verdadeiro monologo da SD, que levou o peso do encontro ata o final. O desganste fisico foise notando nos dous equipos, sobre todo no Camariñas. Os homes de Manolín pelexaron como jabatos para levarse un puntiño do Carral. Moriño situouse de central tras a expulsión. A SD tivo as suas ocasións, a mais clara unha de Adrian, que despois de que Bertin regatease a Pombo, rematou a porta valeira pero un defensa sacou baixo paos. O propio Adrian tivo outra boa ocasión pero non foi quen de salvar a Pombo na sua saida. Os disparos dende fora da area sucederonse, pero unhas veces a defensa e outras o gardameta rexeitaron intentonas de Aleman, Mario ou Jacobo. Unha preciosa volea de Aleman saiu fora por pouco. O Camariñas deixou a Juan nunha illa en ataque esperando unha oportunidade que non chegou. Igualada final que contenta mais os visitantes que os locales.