viernes, agosto 29, 2008

BUÑO 1 - S.D. SOFAN 2

Partido xogado onte pola noite no campo da Pedra Queimada de Malpica en horario nocturno, no que a SD volveu á senda das victorias, a pesar de non deixar unha boa sensacion sobre o sintetico malpican. Formou o noso equipo con:

Jose R., Christian, Gustavo, Gende, Varela, Juanjo, Mario, Marquitos, Cristian P., Santi e Berti. Tamen xogaron Diego, Alex, Victor Docampo e Pizo.

No primeiro ataque do Buño o seu home de referencia no aspecto ofensivo, Victor, anotou o primeiro tanto do partido. Este gol pillou moi frios os da Sd, que xogaron uns primeiros 20 minutos para olvidar, sen encontrar nunca o seu sitio no campo. A partir de ahi tomouse o dominio do balon, e comenzaronse a crear ocasions. A pouco do descanso empatou Berti.

No segundo tempo a SD levou o peso do partido, mellor plantada no campo e presionando un pouco mais os xogadores oleiros. Berti volveu a anotar, demostrando que o Buño se lle da moi ben. Pouco futbol se viu neste periodo, pois os xogadores tomaron o partido mais como un entrenamiento que outra cousa, e das poucas cousas positivas que se pode decir é que os sofanistas pouco a pouco van metendo minutos de xogo nesas cansadas pernas en vistas ó primeiro e importante partido de liga no Platas Reinoso.

domingo, agosto 24, 2008

SIN QUERER 1 - S.D. SOFAN 0

En tarde calurosa caeu derrotada a SD no campo da Grela contra o Sin Querer, e por tanto non puido traer o trofeo do Club Silva ás vitrinas sofanistas. Alineou o Sofan a:

Jose R., Christian, Diego, Juanjo, Gustavo (Gende m.45), Mario (Varela m.55), Pizo (Alex m.60), Eloy (Oscar m.45), Adrian, Marcos e Berti

A pesar de non xogar ben, o Sofan debeu de levar o partido con comodidade, pois as ocasions erradas foron innumerables. O primeiro tempo foi bastante trabado, con un Sin Querer moi animoso, presionando ben na linea de creacion, e que apenas pasou apuros na linea defensiva. Tivo Berti unha boa ocasion nun man a man, e Adrian disparou un par de veces con perigo.

No segundo tempo o dominio foi totalmente visitante, pero o Sin Querer adiantouse no marcador no minuto 60 nun rechace de Jose R. que un dianteiro empurrou ás mallas. A partir de ahi intensificouse o acoso da Sd, creando numerosas ocasions, sobre todo a balon parado, que non entraron de milagro. Gende enviou o balon fora a medio metro da linea de gol, Berti marrou un par de mans a mans, e a poblada defensa do Sin Querer rexeitaba todos os tiros dos sofanistas. O partido endureceuse un pouco na recta final, e o Sofan non foi capaz de empatar, tendo que conformarse co trofeo de consolacion.

O proximo domingo dia 31 as 19 horas remata a pretempada con un partido na cumbre na Porta Santa: Paiosaco - SD Sofan.

miércoles, agosto 20, 2008

TROFEO CLUB SILVA

Información publicada na paxina SIGUETULIGA.COM:

"El torneo se disputará íntegro en el campo de hierba natural de la Grela, La Grela I. El primer encuentro del trofeo comenzará el Viernes día 22 de Agosto a las 20.00 horas con el enfrentamiento entre el Silva contra el Sin Querer. Asimismo, antes del partido inaugural (18.00 horas) se disputará un amistoso entre el Silva y el Atlético los Castro Juvenil.

Ya el Sábado día 23 a partir de las 19.00 horas se enfrentará el ganador del partido del Viernes contra la S.D. Sofán (Carballo)."

lunes, agosto 18, 2008

S.D. SOFAN 1 - IMPERATOR 2

Caiu derrotada a SD no campo do Carral ante o historico equipo do Imperator coruñes, que realizou un gran encontro e se mostrou como un dos equipos que a bo seguro ocuparán a zona alta do grupo 1º de 2º Autonomica.
S.D. SOFAN - José Ramon (Adrian m.46), Cristian, Diego, Juanjo, Gustavo (Gende m.46), Mario (Alex m. 71), Pizo, Eloy, Marquitos, Bertin (Santi m. 40) e Cristian P. (Oscar m.46)
IMPERATOR - Juancar, Cristian P., Juan, Cristian, Lagar, Roberto, Pablo, Fran, Jorge, Djalma e Tito. Tamen xogaron Andreas, Corgo e Iago.

GOLES: 0-1 m.21 Falta directa que lanza Pablo, rexeita Jose Ramon e Fran moi atento empuxa á rede 1-1 m.68 Saque largo de Adrian, peina Marquitos, Santi recibe o balon, espera a chegada de Eloy e cedelle en profundidade, e este bate a Juancar con frialdade. 1-2 m.80 Corner sacado polos visitantes, o balon queda morto e Fran, con moita clase, marca o segundo tanto.

Comenzaron con moito impetu os locales, tentando de poñer cerco á porteria do Imperator, pero pronto se fixeron estes co dominio do mediocampo. O trio Roberto-Pablo-Fran tocaba a placer e a SD estaba a merced do equipo rival. De todas maneiras as ocasions de gol non chegaban, ata que de unha xogada a balon parado sacou petroleo o Imperator e se adiantou no marcador por medio do seu capitan Fran. Ainda co gol en contra non se foi arriba a SD, que solo creou perigo nun par de corners, especialmente nun remate de Gustavo que se foi alto. Pola contra, os visitantes tiveron unha clara ocasion nunha falta que Jose Ramon tivo que rexeitar por duas veces, e posteriomente nunha gran combinacion por banda dereita que rematou Pablo fora. Para colmo de males Bertin lesionouse no nocello e tivo que ser substituido por Santi, que así debutaba coa camiseta vermella.

Saiu mais agresivo o Sofan na reanudación, adiantando a liña defensiva e chegando con algo mais de intencion en ataque. Un par de xogadas por banda de Oscar e Cristian non encontraron rematador. Santi mostrouse moi participativo e das suas botas sairon as mellores xogadas deste periodo. Marquitos xogou mais adiantado e a sua pelea foi tamen moi positiva. Estivo moi ben Eloy neste periodo, e aparte de marcar o tanto do empate, tivo outro par de oportunidades que non foron gol de milagro. De todas maneiras o Imperator, ostensiblemente mais cansado debido o alto ritmo que puxeran no primeiro tempo, tivo claras ocasións á contra, como un man a man que Adrian lle sacou a Jorge, un dos mellores xogadores visitantes. O gol de Fran fixo xustiza, pois o Imperator foi mellor equipo na tarde de onte que a SD. O sabado que ven o Sofan viaxa a Coruña para enfrontarse ó vencedor do Silva-Eiris que se xogará o viernes no campo sintetico da Grela.

domingo, agosto 10, 2008

SD SOFAN 0 AT. ARTEIXO 0

Levouse o At. Arteixo o Trofeo das Festas de Sofan ó impoñerse por penaltis ó equipo local, despois de 90 minutos de claro dominio da SD, que sin embargo non foi capaz de transformar as ocasións das que dispuxo. En tarde calurosa e co terreo de xogo en perfecto estado, formaron os dous equipos con:

SD SOFAN - Adrian, Diego, Gustavo, Gende ( Oscar m.46), Juanjo, Mario (Jose m.70), Pizo, Eloy (Cristian P. m.58), Adrian (Marquitos m.58), Abel e Bertin.
AT. ARTEIXO - Suso, David Castro, Luis, Juan Vila, Ruben Otero, Martin, Jano, Anxo, Alex, Iago e Jacobo. Tamen xogaron Alex, Fran, Fernando e Pablo.

Moito publico no Carral, que presenciou como a Sd se impuxo no computo global do xogo a un rival de 1ª autonomica. No primeiro tempo a posesion da pelota foi patrimonio dos locales, que sin embargo non chegaron con claridade á meta defendida polo malpican Suso.Probou Abel a disparar dende fora da area no m.7, e pouco despois unha gran xogada por banda esquerda acaba con centro de Gustavo que remata Adrian en acrobatica postura fora. E Eloy no 25 o que ensaya o disparo coa zurda e no 27 Abel remata de cabeza fora tras gran centro de Adrian. Estes dous xogadores mostraronse moi incisivos no primeiro tempo, ben secundados por Bertin e Eloy. Mario e Pizo dominaban o medio do campo, e a liña defensiva non pasaba apuros. Unicamente o borde do descanso un gran remate dende fora da area pegou na cruceta da porta de Adrian, que se mostrou moi seguro toda a tarde.

O segundo tempo foi mais do mesmo, pero si cabe as ocasions dos locais foron mais claras. Rematou Mario á saida dun corner as mans de Suso, e tivo Abel a mais clara do partido cando tras regatear ó porteiro mandou fora o balon a porta vacia. Acto seguido, en outra xogada de contragolpe volveu a rematar o numero 9 sofanista e o gardamallas visitante tivo que facer unha boa parada. O Arteixo, no ultimo cuarto de hora, acercouse con algo mais de perigo, pero sin crear ocasions claras de gol. Neste tempo Bertin mostrouse con moito perigo e realizou un par de xogadas de merito que arrancou os aplausos da grada. Tivo a ultima ocasion Diego nun tiro cruzado que saiu fora por pouco, pero o empate foi inamovible e na tanda de penaltis o Arteixo estivo mais acertado.

Gustou o equipo en xeral, e as novas incorporacions especialmente.Diego, na sua linea a pesar de xogar de lateral dereito; Adrian, moi seguro en todas as suas intervencions; Mario, dominando o medio do campo e xogando con jerarquia; Abel, explosivo, incisivo e sempre creando perigo; Marquitos, peleon e correoso, sempre se nota a sua presencia.

O proximo match é o domingo 17 no Carral. Visitaranos o historico Imperator OAR da Coruña.

lunes, agosto 04, 2008

domingo, agosto 03, 2008

CORISTANCO 0 S.D. SOFAN 1

En tarde calurosa venceu a SD ó Coristanco na Rocheira con un solitario gol de Berti no minuto 42. Alineou o Sofan a:

Adrian (José Ramon), Cristian (José), Diego (Oscar), Juanjo, Gende, Mario (Pancho), Pizo, Eloy, Adrian, Cristian P. e Berti ( Bertin )


O encontro foi o tipico de estas alturas de pretempada, con dous equipos facendo probaturas e pouca claridade no xogo. O Coristanco, adestrado polo ex-sofanista Mesia, mostrouse como un equipo compacto e ben situado no terreo de xogo, e dificultou moito as accions ofensivas dos visitantes, que ainda así non estiveron nada atinados na tarde de hoxe.


O proximo envite é o sabado dia 9 ás sete da tarde, no campo do Carral. O Arteixo visita á SD con motivo do trofeo das festas de Sofan.