jueves, abril 30, 2009

COPA DA COSTA: O DOMINGO ÁS 17:00 HORAS SD SOFAN - FISTERRA SD

Xa queda menos para que a SD entre en competición na edición 08/09 da Copa da Costa. Aumenta a expectación entre a parroquia ante o duro enfrontamento que lle tocou ós sofanistas. Nin mais nin menos que o histórico Fisterra visita o campo do Carral este domingo. Os homes de David Baña adestraron moi duro neste parón de case un mes con vistas a superar ó conxunto de Angel Canosa, que no campeonato de liga venceu os dous partidos á SD, 0-1 en Sofán, e 3-0 no Ara Solis. Si se repiten estos resultados o Sofan terá que facer as maletas antes de tempo e pensar na tempada que ven.






O ano pasado o Fisterra tamén vencera no Carral, por 2-4, en gran tarde do hoxe ceense Roa e fai 2 tempadas fora a Sd a que se impuxera 2-0 nun gran partido dos locais. Para este encontro de apertura copeira o mister local terá as baixas de Adrian Abelenda, Santi, Marquitos, Alex e Adrian Garcia. Os 17 homes restantes están á disposicion do adestrador, que todavía manten un par de dúbidas para formar o equipo inicial.







O campo presentará un inmellorable aspecto e se o tempo acompaña non dubidamos que a afeccion se desplazará en masa a ver este encontro, un dos mais interesantes da xornada dominical no que ó futbol costeiro se refiere, pois o grueso dos partidos se disputan entre o venres festivo e o sabado.

miércoles, abril 15, 2009

AS FOTOS DO SD SOFAN SAN LORENZO EN YOUTUBE

Xa están colgadas as fotos do derbi xogado fai unha semanas no portal de YOUTUBE. O fotógrafo MARCOS RODRIGUEZ fixo un gran traballo, como se pode apreciar no enlace http://www.youtube.com/watch?v=aV7cEyeBEzU. Proximamente estará disponible o CD conmemorativo desta gran victoria.

lunes, abril 06, 2009

PORTEÑO 2 - S.D. SOFAN 0

Rematou a tempada 08/09, e na última xornada tocoulle á SD visitar o campo da Grixa, fortín dos da Ponte do Porto e campo inexpugnable para os de Sofán nos últimos 4 anos. Cumpliuse a tradición e perdeu o equipo de Baña na Grixa. Alinearon ambos equipos a:

PORTEÑO: Asiel, Manuel, Roberto, Rosquilleiro, Valeiro, Piti, Oscar (Bua 64´), Robertito, Toja (Fran 89´), Juan e Iago Carril(Ivan 40´).

SD SOFAN: J.Ramon, Victor Docampo, Diego, Juanjo, Oscar (Bertin 63´), Mario, M.Varela, Eloy, Abel, Suso Docampo e Berti.

ARBITRO: Souto Miguez, que amonestou a Piti, Oscar e Juan por parte local, e a Mario por parte visitante.

GOLES:
1-0 59´ Xogada de Juan que cede o balon na frontal da area a Robertito para que enganche un disparo que entra axustado ó pao dereito da porteria visitante.
2-0 69´Penalti de Varela a Robertito que transforma Piti

Dia festivo na Grixa para celebrar o final de unha liga magnífica do cadro local. Nun ambiente de relaxación os dous equipos buscaron o gol con intensidade pero foi o Porteño o que se levou o gato á auga. Saiu o cadro local con moitos brios e creando perigo en todas as xogadas a balon parado. A altura dos dous centrais causoulle moito perigo á SD. Nun corner botado por Juan reclamaron os de Pepucho que o balon entrara na porteria visitante, pero o colexiado fíxose o sueco. Tivo unha boa ocasión Valeiro nun remate de chilena que sacou J.R. con suficiencia. Calquera saque de banda era a escusa para achuchar mais á SD. Neste periodo os visitantes abusaron do fútbol directo, e so cando lograron enlazar algunha combinacion crearon perigo na meta de Asiel. Estivo a piques de marcar Eloy nun barullo dentro da area, e Abel rematou un corner de cabeza alto.

O segundo periodo foi o da sentencia do partido. Juan, moi incisivo durante todo o partido, foi un pesadelo para a zaga da Sd. O gol de Robertito fixo que o Sofan se lanzara ó ataque pero o posterior penalti sentenciou o partido. Reclamou o Porteño outro por mans de Diego. A SD, xogando case que con 6 dianteiros, creou as suas ocasions, pero mais por acumulación de homes que por claridade de ideas. Festa rachada na Ponte do Porto e a Sd a esperar que se inicie a copa.

jueves, abril 02, 2009

SORTEO DA COPA DA COSTA

Na tarde - noite de hoxe vense de celebrar o sorteo do torneo da Copa da Costa en Baio, con masiva afluencia dos representantes dos clubes costeiros, prensa e elementos federativos. Deparou o caprichoso bombo un SD SOFAN - FISTERRA para a eliminatoria de dezaseisavos de final, a celebrar os dias 3 e 10 de maio, sendo o primeiro partido no campo do Carral. O resto do cadro quedou como segue:

- Dumbria / Pereiriña vs Soneira / Nanton
- Corme vs Mazaricos
- Esteirana vs Carnota
- Cabana vs Bergantiños
- Baio vs O Pindo
- Corcubion vs Muxia
- Montelouro vs Lira
- Castriz vs Muros
- Vimianzo vs Coristanco
- Corcoesto vs San Lorenzo
- Buño vs Alcaian
- Ponteceso vs Malpica
- Cerqueda vs Santa Comba B
- Camariñas vs Sp. Zas
- SD Sofán vs Fisterra
- Xallas vs Porteño