viernes, mayo 18, 2012

S.D. SOFAN 3 - DUMBRIA 4

A mesma historia, diferentes protagonistas. Un ano mais un equipo de categoria superior elimina a Sd en oitavos de final da copa da costa. A de onte foi unha eliminacion traumática, pois mereceu moito mais o equipo de Vicente, pero foron demasiados os elementos en contra: un gran Dumbría, unha arbitraxe lamentable e a falta de fortuna de cara a gol. Uns 150 xiareiros animaron ata o ultimo minuto a un equipo que ainda con 9 xogadores e Miniño de porteiro dou a sensación de poder facer un milagro, pero a lóxica impuxose e son os dumbrieses quen se enfrontarán ó Cabana na seguinte ronda.

S.D. SOFAN - Carlos Tojeiro, Adrian, Gustavo, Juanjo, Juan Rabuñal, Eloy, Ivan Rey, Miniño, Victor Docampo, Abel -Edu 7´-e Suso Docampo.

DUMBRIA - Sergio, Ivan Pequeño, Tantan - Carreira 67´-, Suso, Aaron Fdez., Aaron Lopez - Cote 78´-, Schuster, Eloy, Luisete, Leo - Cacho 65´-e Luisito - Riki 70´-.

ARBITRO - Pardo Pose, que amonestou a Gustavo, Juanjo, Rabuñal, Abel e Miniño por parte local, e a Tantan, Aaron, eloy e Riki por parte visitante. Expulsou a Carlos Tojeiro no min 60 na xogada do penalti e a Victor Docampo no 72 por protestar.

GOLES:
0-1 15´ Schuster recolle un rexeite da defensa da Sd e clava unha gran volea.
0-2 43´ Leo aproveita un barullo na area local tras un saque de banda.
1-2 49´ Suso Docampo recolle un rexeite a disparo de el mesmo e marca a boca de xerro.
1-3 61´ Leo de penalti
2-3 65´ Abel fusila a Sergio dentro da area
3-3 68´ Suso Docampo a saida dun corner
3-4 76´ Aaron tras un saque de banda.

Precioso partido o visto onte no Carral. Tipico encontro copeiro, con alternancia no xogo, goles, emocion e unha boa dose de polemica. Saiu moi forte o Dumbria sabedor da desventaxa que tiña da ida, ainda que a primeira gran ocasion foi para a Sd nun remate de Victor a centro de Abel que saiu fora por pouco. Tras un disparo de Luisete chegou o gol de Schuster, un xerro de auga fria para os locais. Pero a Sd sobrepuxose e empezou a hilvanar o seu fútbol, tocando ben, agresivos, entrando por bandas. Ivan Rey enganchou unha preciosa volea que saiu fora por pouco, Eloy lanzou unha falta que sacou Sergio con dificultades, e un remate de cabeza de Gustavo non entrou de milagro. Reclamouse un penalti a Victor Docampo que o arbitro pasou por alto. O empate seria merecido, pero a pouco do descanso, nun saque de banda, Leo mostrou o seu olfato de gol e deixou case sentenciada a eliminatoria.



Nada mais lonxe da realidade. Nun segundo tempo trepidante a sd arrinconou o Dumbria. Suso marcou nada mais vir dos vestiarios, e o arbitro sinalou un inexistente fora de xogo na seguinte accion a Abel cando encaraba a meta visitante. Nunha accion moi polemica o colexiado sinala penalti a Carlos e expulsao. Leo marcou o 1-3. Parecia todo acabado pois con 10 e Miniño de porteiro non se pensaba que a Sd tivera posibilidades. Pero saiu a relucir a casta dos xovenes xogadores locais, e en un abrir e cerrar de ollos igualaron o partido, quedando a un tando do pase á seguinte ronda. Con 3-3 tivo Gustavo unha clarisima ocasión, e Rabuñal un remate de cabeza na area pequena que puido cambiar o signo do encontro. O recital arbitral seguia o seu curso, e deixou a Sd con 9 tras expulsar a Victor de maneira surrealista. O gol de Aaron sentenciou o tema, ainda que a Sd seguiu atacando denodadamente en busca do milagro. O encontro endureceuse nos intres finais, pero a sangue non chegou ó río.

martes, mayo 15, 2012

DUMBRÍA 1 - S.D. SOFAN 1

Partido de ida de oitavos de final da Copa da Costa disputado no Conco, con boa entrada de afeccionados, especialmente un nutrido grupo visitante que non deixou de animar ós seus.

  • DUMBRÍA: Sergio, Iván, Suso (Tantá, min.46), Aarón López (ismael, min.46), David, Cote, Luisete (Leo, min.46), Schuster (Aarón Fdez., min.46), Iago, Eloy (Luisito, min.66), Riki.
  • SOFÁN: Carlos, Adrián, Gustavo (Edu, min.75), Juan Rabuñal, Juanjo, Eloy, Iván (Berti, min.85), Miniño, Víctor (Jacobo, min.71), Suso, Abel (Gurita, min.88).

  • Goles: 1-0, min.12: Iago tras un regalo da defensa local;
  • 1-1, min.62: Miniño remata a boca de xerro un saque de falta de Eloy.

    Fixo un gran partido a Sd en todas as suas liñas, moi intensos dende o primeiro minuto, ante un Dumbria que parecia mais preocupado do seu encontro do dia seguinte en San Lazaro que deste partido. Unha internada de Abel frenada con agarron de Cote dentro da area non foi sinalada como penalti polo colexiado, abrindo boca así a unha intensa primeira parte. Un erro garrafal da defensa sofanista aproveitouno Iago, o mellor home local, para batir a Tojeiro. Lonxe de virse abaixo a Sd puxose mandona e empezou a levar o control do mediocampo, con Eloy e Ivan Rey mostrando as suas cualidades. Un remate de Abel, moi incisivo toda a tarde, sacouno Sergio cunha man milagreira. O porteiro detivo un gran disparo de Rabuñal de falta, e pouco despois un barullo na area non acertou nin Abel nin Ivan a meter o balon na porta local. A Sd estaba sendo moito mellor pero marraba claras ocasións. Un disparo alto de Luisete nunha contra cerrou un bonito primeiro tempo.

    No segunto tempo, cos cambios, o Dumbria empezou mellor e tivo un par de boas ocasións, sobre todo un disparo do talentoso Riki tras gran xogada de Leo. Pero xusto nese intre fixose xustiza e Miniño igualaba o tanteador. A Sd, reventada fisicamente polo esforzo do primeiro tempo, replegouse tentando defender este empate. Os dumbrieses estiveron faltos de ideas e solo as arrancadas de Iago e a habilidade de Luisito fixeron perigar o resultado, porque nin a balon parado crearon perigo os locais. A veterania dos homes da defensa da Sd saliu a relucir e controlouse ben o partido ata o pitido final do arbitro.



    Ahora toca esperar o apaixoante partido de volta do xoves no campo do Carral a partir das seis da tarde.

    CORCUBION 2 - S.D. SOFAN 5

    Remate da liga no novo cubaleiro de Corcubion nun partido intranscendente e marcado polas altas temperaturas.

  • CORCUBIÓN: Andrés, Paulo, José Atalaya, Sancho, Santi Papi, Conguito, Edu, Adán, Lema, Lourido, David de Muxía. Tamén xogaron: Adrián, Mario, Xabi, Gabriel, Cristian.
  • SOFÁN: Carlos, Adrián (Suso, min.46), Gustavo, Juanjo, Miniño (Iván, min.46), Manuel Varela, Eloy, Gurita (Víctor, min.55), Jacobo, Edu (Abel, min.65), Berti.
  • Goles: 1-0, min.10: Lourido de penalti; 1-1, min.15: Berti; 1-2, min.23: Gurita; 1-3, min.40: Gurita; 1-4, min.63: Gurita; 1-5, min.70: Abel; 2-5, min.85: David de Muxía.

  • A pesar de adiantarse o equipo local nun penalti inexistente, a Sd foi superior en todo momento, ainda arrastrando o cansancio do partido copeiro do sábado. Os homes de Vicente, xa moi relaxados, dedicaronse a tocar o balón con solvencia e buscar os ocos na defensa corcubionense. A boa tarde do dianteiro Gurita, autor de tres goles fixo o resto.

    Punto final a unha liga extraña para a Sd, con moitos altibaixos, que esperan compensar con unha boa traxectoria na Copa.

    lunes, mayo 07, 2012

    COPA DA COSTA: S.D. SOFAN 5 - PORTEÑO 1

    Nun gran encontro típicamente copeiro eliminou a Sd a un correoso Porteño, que foi quen de adiantarse no marcador pero non puido co impetu dos homes de Vicente, que nun gran segundo tempo lle deron a volta á eliminatoria.

  • S.D. SOFÁN: Carlos, Adrián, Gustavo, Juanjo, Rabuñal, Eloy, Iván (Diego, min.60), Edu (Berti, min.75), Víctor, Jacobo (Manolo Varela, min.85), Abel.
  • PORTEÑO: Jimmy, Asier, Iago Sestayo, Pejo (Brais Grela, min.70), Gabi de Volvoreta (Oscar, min.65), Brais, Piti, Jorge (Tajes,m in.75), Cousillas, Ismael, Pirucho (Wii, min.60).
  • Goles:
  • 0-1, min.20: Ismael de falta directa 
  • 1-1, min.27: Eloy á saída dun corner aproveita un rexeite de Jimmy;
  • 1-2, min.40: Eloy de cabeza tras un corner;
  • 3-1, min.51: Víctor eleva en vaselina ante a saida de Jimmy tras un gran pase de Ivan;
  • 4-1, min.80: Diego de penalti;
  • 5-1, min,89: Abel nunha contra

  • Estivo mandona a Sd nos primeiros intres, entrando principalmente pola banda de Victor, pero o Porteño logo lle pillou o pulso ó encontro e tras un par de perigosas aproximacions, sobre todo unha de Cousillas que tivo que salvar Carlos, chegou o gol de Ismael nunha falta moi lonxana. Tivo o cadro local uns minutos de desconcerto, pero o impetu dos xovenes xogadores de Vicente logrou voltear o marcador. Foi Eloy, en gran forma neste final de tempada, o que en dous corners casi identicos deixou o marcador en franquia antes do descanso para a Sd, e a eliminatoria a un so gol de distancia.

    A saida da Sd tras o descanso foi moi boa. Un precioso pase de Jacobo habilitou a Victor que mandou fora cando o mais facil era marcar. Pero o menor dos irmans Docampo non fallou na seguinte que tivo e puxo o resultado que necesitaba a sd para pasar. O porteño a partir de ahi volcouse ante a meta de Carlos, sobre todo tirando de saques de banda e faltas colgadas á area, pero o meta e a liña defensiva estivo moi segura. A mais clara ocasión tivoa Ismael pero Juanjo cortou o remate cando xa se cantaba o gol. O claro penalti feito a Victor foi a sentencia para un Porteño peleon que levou mais castigo do merecido.

    A Sd esperá ó Dumbria, o proximo sabado o primeiro partido da eliminatoria, a mesma de fai dous anos, no Conco. Aquela vez o Dumbria eliminou á Sd por un global de 6-2. Esperemos que cambie a historia.

    S.D. SOFAN 2 - CASTRIZ C.F. 0

    Partido de tramite o xogado onte no campo do Carral ante un 80 afeccionados. Os locais, despois de eliminar ó Porteño na copa da costa o dia anterior, reservaron xogadores e tentaron disfrutar do partido.

    S.D. SOFAN - Carlos, Juanjo, Meniño, Rabuñal, Gustavo - Victor 67´-, Manolo Varela -Jacobo 71´-, Eloy -Ivan Rey 67´-, Edu -Adrian 69´-, Abel, Suso e Berti

    GOLES:
    1-0 58´Suso Docampo de penalti cometido sobre el mesmo.
    2-0 89´Toniño en propia meta a centro de Victor.

    A Sd foi o equipo que tentou xogar un pouquiño o futbol a pesar do irregular estado do terreo de xogo. O Castriz en todo momento abusou do xogo directo basando o seu ataque nos balóns o seu dianteiro centro Pepe, pero a boa tarde de Carlos Tojeiro, que se luciu en varias intervencións, evitou que os visitantes anotaran. Pola contra, a Sd, nun bo primeiro tempo non foi capaz de marcar, pero si no segundo acto marcado mais por un xogo impropiamente duro dado o caracter do partido, casi un amistoso de preparación para a eliminatoria de Copa da Costa que enfrontará a Sd con Dumbria o proximo sábado.

    miércoles, mayo 02, 2012

    COPA DA COSTA: Porteño 1 - S.D. Sofan 0

    Mal resultado o colleitado pola Sd no fantastico novo campo da Grixa. En tarde moi fría en cuns 150 afeccionados no graderío, os dous equipos depararon un bonito partido, típico copeiro, que se decantou do lado local cun solitario tanto de Pirucho. A Sd reclamou dous claros penaltis por mans dentro da area que o colexiado, moi protestado toda a tarde, non viu.

  • PORTEÑO: Jimmy, Asier, Iago Sestayo, Pejo (Brais Grela, min.70), Gabi de Volvoreta (Oscar, min.65), Brais, Piti, Jorge (Tajes,m in.75), Cousillas, Ismael, Pirucho (Wii, min.60).
  • SOFÁN: Tojeiro, Adrian, Diego, Juanjo, Gustavo, Eloy Boedo, Ivan Rey, Victor Docampo, Edu - Abel 71´-, Jacobo - Gurita 80´- e Suso Docampo.

  • Gol: 1-0, min.36: Pirucho tras un centro.

  • Tivo o balón a sd no primeiro tempo, cun Porteño moi replegado e buscando a contra. Os de Vicente combinaron bastante ben, sacando o balón dende atras e intentando entrar por bandas. A banda dereita funcionaba ben, e sendos centros de Victor e Adrian foron claras ocasións, pero primeiro Edu e logo Diego mandaron o balon fora. O Porteño buscaba crear perigo nas estratexias, sobre todo en saques de banda que daban moitos quebradeiros de cabeza á defensa sofanista. Levantouse o vento a pouco do descanso xusto cando Jacobo culminou unha gran xogada con disparo a rentes do pao, e pouco despois reclamouse penalti por claras mans de Pejo na area que o colexiado nin viu. a mellor ocasion local foi un lanzamento de falta que entre o pao e Carlos mandaron a corner.

    O segundo tempo foi mais do cadro local. O gol de Pirucho nunha fermosa xogada doulles alas e combinaron mellor neste acto, con Jorge e Ismael levando o peso no centro do campo, e cunha liña defensiva moi segura que apenas pasou apuros ante os ataques visitantes. So con disparos lonxanos de Suso e Eloy se inquietou a un seguro Jimmy. Cando o partido esmorecía volveu a polémica con outro posible penalti en area local, que o colexiado, moi mal toda a tarde, se volveu a pasar por alto.

    O sabado as 5 da tarde sentenciarase esta eliminatoria no Carral, de momento con ventaxa para os da Ponte do Porto.