jueves, mayo 29, 2008

DAVID BAÑA SERÁ O PROXIMO TECNICO DA SD


Tras intensas negociacions chegouse a un acordo co arteixán David Baña Ramirez, de 36 anos de idade, para que se fixera cargo do equipo de cara a temporada 2008/2009. O tecnico, que proximamente obterá o nivel 2 do titulo de adestrador, chega con toda a ilusión do mundo ó Carral na que será a súa primeira experiencia como tecnico na liga da Costa. Como xogador xa chegara a militar durante un breve espacio de tempo no CD Baio ás ordes de Moncho Varela. David, que ten familia en Zas, meteuse dende o primeiro momento no ambiente que se vive na costa, e tentará mellorar a herdanza deixada por Chema Eiris, reto nada sinxelo. Ademais do Baio, na sua época de futbolista militou tamen no Ural, no Larin e no Suevos. Como tecnico comenzou no Oseiro para pasar posteriormente ó Arteixo, onde levou as categorias inferiores e o equipo B na epoca dorada dos arteixans en Segunda Division B. Actualmente levaba 2 temporadas no Victoria xuvenil, de Liga Galega onde obtivo un meritorio 4º posto na ultima temporada. Despois de ver ó equipo na eliminatoria de copa co Camariñas, mostrouse moi ilusionado pois cree firmemente que hai unha boa base para realizar un traballo satisfactorio.

Acompañarao de segundo tecnico Juan Rey, un rapaz de Carral de 31 anos que fai tres temporadas xogara no Ponteceso, e a temporada pasada adestrou ó Vilamaior, equipo da zona de Ordes de Terceira Rexional. Moita sorte para os dous nesta nova andaina na SD Sofan.

VETERANOS: CORME CF 0 SD SOFAN 1


Eliminaron os nosos veteranos ó Corme na ronda de dezaseisavos de final da copa, vencendo no Cairo por 0-1, gol anotado por Alberto de falta directa, nun partido moi disputado que se puido decantar para calquera dos dous lados.

martes, mayo 27, 2008

A SD E A E.S. AS LABRADAS ENTREGAN O PREMIO DE 400 LITROS DE COMBUSTIBLE


Foi entregado na tarde-noite de hoxe o premio de 400 litros de combustible gratis que sorteou a SD SOFAN en colaboracion coa E.S. AS LABRADAS. O premio recaiu en Alfredo, da CARNICERIA ANDRADE, poseedor ra rifa co numero 855, que recolleu de mans do directivo da SD Javier e de Ramon e Adrian Souto o vale que lle permitirá encher o deposito do seu vehiculo de balde unhas cuantas veces. A recaudacion da venta destas rifas vai destinada á FESTA DO SOCIO, que este ano está fixada para o dia 7 de junio, e celebrarase como ven sendo habitual no recinto do colexio publico A GANDARA, en Sofan.

lunes, mayo 26, 2008

CENA FINAL DE TEMPORADA

Celebrouse en Silván, no afamado restaurante CASA SANCHEZ, a cea de fin de temporada da SD Sofan. A directiva estirouse de cuidao ofrecendo un esplendido menú composto de gambóns no seu punto, almejas bañadas en maravillosa salsa especialidade da casa e a famosa carne asada de Casa Sanchez, e posteriormente atacaronse maravillosos postres caseros e un pouco de cava catalan. Toda a comida foi regada con abundante viño, ainda que algun xogador, quizais por timidez, pediu unhas cocacolas. Entregouselle ó mister Chema Eiris unha placa agradecendolle a sua labor na SD durante estes tres anos.






miércoles, mayo 14, 2008

CHEMA EIRIS DEIXA A SD SOFAN


O que foi adestrador da SD durante estas tres ultimas campañas, CHEMA EIRIS, tomou a decisión de non coller as riendas do equipo a proxima temporada. Chema, nacido en Carballo no ano 1971, asumiu a dirección tecnica despois de abandonar a practica activa do futbol na temporada 05/06. No seu primeiro ano como entrenador fixo á SD CAMPEON DE TERCEIRA REXIONAL de maneira moi brillante e exitosa. Na temporada 06/07 conseguiu o obxectivo de manter a categoría de Segunda Rexional, clasificando ó equipo no medio da taboa con comodidade, e nesta última campaña ainda que sufrindo un pouco, volveuse a salvar a categoría quedando no 11º posto final.

¿POR QUE TOMACHES ESTA DECISION?

Despois de tres anos chegou un punto en que a xente estaba demasiado acomodada e necesitabase un revulsivo. Ademais creo que o meu ciclo chegara ó seu fin e hai que dar paso a outra xente que reactive a plantilla con ideas novas.

¿CON QUE TE QUEDAS DO TEU PASO POLA SD?

Sobre todo co magnifico ambiente que habia no vestiario e coa directiva, e tamen quedo contento da implicacion dos xogadores en todo momento hacia todo o que eu trataba de trasmitir.

¿CAL FOI O TEU MELLOR MOMENTO?

Houbo moitos momentos bos, sobre todo o titulo de terceira rexional, pero a salvacion da categoria deste ano deixame moi bo sabor de boca, pois todos sufrimos moito e ver que o traballo ten bo final resulta moi satisfactorio.

¿QUE ESPERAS DO TEU FUTURO COMO ENTRENADOR?

A corto plazo teño en mente tomar un pequeno descanso, pero estando sempre en contacto co mundo do futbol e aberto a todo tipo de posibilidades.

domingo, mayo 04, 2008

CAMARIÑAS CF 2 SD SOFAN 1


Quedou eliminada a Sd da copa da costa, nunha confrontacion igualadisima que se decidiu tras 210 minutos de dura pugna na cruel tanda de penaltis. O Camariñas estivo mais acertado e levouse o gato á auga. Partido xogado en Baio, en tarde calurosa que xuntou a uns 100 afeccionados.

CAMARIÑAS - Marcos (Asiel m.46), Iago, Pablo, Valeiro, Nando (Javier m.35), Moriño (Pirucho m.53), Alex Camean (Brais Triñanes m.46), Dario, Pedro (Tedin m.66), Robertito, Brais Casal.
SD SOFAN - Jose Ramon, Victor, Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo, Baneira, Adrian,Berti (Oscar m.108), Suso Docampo (Cristian m.83) e Eloy

ARBITRO - Zas Vazquez, que amonestou a Valeiro, Nando, Robertito e Tedin por parte local, e a Gende e Pizo por parte visitante.

GOLES - 0-1 m.25 Falta lanzada por Eloy, rechaza na barrera, o balon elevase e Suso anticipase á saida de Marcos para batilo por encima. 1-1 m.57 Brais Triñanes encara a Jose R. que rexeita o primeiro disparo pero non pode facer nada ante o segundo 2-1 m.60 Balon bobeado, Jose R. despexa o balon recibindo unha clara falta que non sinala o arbitro e Tedin marca de cabeza.

Partido clasico de copa, disputadisimo ata o agotamento por parte de ambos equipos, e que acabou cunha agonizante tanda de penaltis. O Camariñas entrou moi enchufado no xogo, e nos 10 primeiros minutos Pedro tivo duas boas ocasions pero non acertou. No minuto 19 un pase profundo de Baneira deixou a Adrian solo diante de Marcos pero este centrou en vez de disparar a porta. Co tanto de Suso o Camariñas perdeu un pouco o bo xogo que mostrara ata aquel instante. A SD dominaba o partido con Berti aguantando os balons en punta e unha defensa moi segura. Foi Berti quen tras unha boa xogada cedeu o balon a Eloy pero o disparo deste rexeitouno un defensa.

No segundo tempo saiu forte o Camariñas e un centro de Pedro primeiro e un disparo de Brais
Casal despois sembraron o panico nos de Sofan. No minuto 55 tivo Berti unha clara ocasion tras gran xogada individual pero mandou o balon fora, e acto seguido tivo outra nun remate de cabeza que sacou Asiel de milagro. Na contra anotou o Camariñas o primeiro gol e pouco despois o segundo. A SD viu como se lle esfumou a ventaxa en cinco minutos. Brais Triñanes doulle problemas á defensa coa sua potencia e pelexa, pero a SD era dominadora da pelota. O Camariñas buscaba as contras para sorprender ó Sofan.No min. 76 unha boa xogada de Adrian rechazouna Asiel e o balon pega no largueiro. Tivo Berti duas ocasion no tramo final pero foise á prolongacion.

Na prorroga os equipos, xa fundidos, fixeron unha demostracion de casta. Ainda que nadie queria perder os dous buscaron a porteria rival pero o cansancio era demasiado e chegouse á tanda de penaltis, que resultou así:


1-0 Iago (Camariñas) 1-0 falla Eloy 2-0 Pablo 2-1 Baneira 3-1 Robertito 3-2 Juanjo 3-2 falla Dario 3-3 Gustavo 3-3 falla Valeiro 3-3 falla Victor 4-3 Tedin 4-4 Gende 5-4 Brais Triñanes 5-5 Pizo 6-5 Pirucho 6-5 falla Cristian.