lunes, febrero 25, 2013

VOLANTES DE BAÑO 1 - S.D. SOFAN 1

* fotos de Gonzalo Sestayo

Nova frustrante igualada da Sd, que marrou un penalti e viu como lle anulaban outro gol, e van...
Gran ambiente como sempre en Miraflores, partido disputado de poder a poder.

  • VOLANTES: Rubén Santos, Juan do Sivil, Maikel Perrito, Josiño, Fran do Español, Brais (Mingos, min.64), Nimo, Adrián, Chenel, Seluco (Benja, min.80) e Ivi (Pardelo, min.70)

  • S.D. SOFÁN: Dani, Carlos Lista, Juanjo, Alberto Pensado, Marcos Pensado, Míchel, Eloy Boedo (Cantudo, min.66), Iván Rey, Iván Rojo (David Pensado, min.52), Jacobo (Abel, min.55) e Santi.

  • Goles:
  • 1-0, min.30: Seluco;
    1-1, min.70: Cantudo, de gran dispado dende fora da area.

  • Expulsión: o local Juan do Sivil (min.84).


  • Bo partido o visto en Miraflores entre a SD e un Volantes con máis porder na ofensiva dende a chegada do goleador Chenel. Toma e daca constante, con dous equipos moi fortes, pero que saben tocar. Saiu moi forte o equipo local, sempre empurrado pola animosa afección local, a cal animou o seu equipo durante os 90 minutos sen descanso. Os homes de ataque do equipo muradán daban sensación de perigo cando se acercaban, sobretodo o tridente formado por Brais, Seluco e Chenel, ainda así os sofanistas sacaban perigosas contras tendo Santi e Iván Rojo boas ocasións de gol. A Partir da media hora, cando a SD parecía controlar o tempo do partido, chegou o mazazo en feito de gol. Un balón perdido en mediocampo, chega a Seluco o cal conduce con velocidade recorta a Juanjo o borde da área, e ca sua perna mala, a dereita, coloca o balón fora do alcance de Dani, que nada pode facer ante o golazo do muradán.

    A segunda parte foi dos visitantes, tentando en todo momento darlle a volta o marcador e así atacaron sen descanso a meta defendida por Rubén Santos. Froito deste acoso chegou un balón en longo o incorporado Abel, o cal sufre o inocente penalti da defensa local. Unha semana máis os sofanistas seguen co seu mal fario, pois Edu era incapaz de materializar esta pena máxima, mandando o balón fora da portería do equipo de Baño. Posteriormente foi anulado un gol a Pensado por fora de xogo moi dubidoso cando rematou un centro de Míchel dende a dereita. Cos sofanistas volcados e tomando riscos, cabe salientar unha inmellorable ocasión de Seluco que só ante Dani manda a vaselina alta. Xa contra o final un balon rexeitado o borde da áera é engatillado polo "killer" Cantudo, facendo inútil a estirada do gardamallas local. Gran gol do lateral e moi celebrado polos seus compañeioros polo enorme aprecio que desperta entre todos. A partir de ahí a SD seguiuno intentando pero co empate se chegou o final dos 90 minutos

    Segue a SD ofuscada de cara a porta e a facildade goleadora da que dispoñía na primeira volta parece que lle dou a espalda por completo os rapaces de Pablo Mallón

    miércoles, febrero 20, 2013

    S.D. SOFAN 0 - CABANA 1

    Un dia mais a falta de acerto da Sd de cara a gol condenounos a unha derrota no campo das Eiroas, a todas luces inmerecida. Un gol de Ivan de Treos cando o partido esmorecia doulle os puntos a un disciplinado Cabana, que xogou como a ocasión o requería, con intensidade, defendendo a alto nivel e tentando aproveitar as suas contras. A Sd para mais inri marrou unha pena máxima, pero isto xa é historia.

    S.D. SOFÁN: Dani, Cantudo (Jacobo, min.61), Lista, Juanjo, Diego, Edu (Iván Rey, min.56), Míchel, Eloy Boedo, Iván Rojo (David Pensado, min.78), Eloy Cabeza e Santi (Suso Docampo, min.66).

    CABANA: Añón, José, Marcos, Ismael, Eloy (Moreno, min.61), Rubén Rama, Manolo do Cruceiro (Adrián, min.76), Iván de Treos, Dani (Fernando, min.70), Iván e Berti.

    Gol: 0-1, min.89. Corner a favor dos locais, que despexa a defensa do Cabana, saindo nunha contra fugurante que remata con disparo de Fernando, Dani rexeita en primeira instancia, pero non pode evitar que o posterior disparo de Iván de Treos, que chegaba en carreira entre na porteria tras bater no longueiro.

    Expulsión: o visitante Iván no min.85

    Partido intensisimo o vivido en Carballo. A un periodo inicial de dominio visitante e desconcerto local, no que os xogadores de Periscal lanzaron varios corners e acosaron a meta de Dani, pasouse a uns intres de bo xogo da Sd. Cando Eloy e Ivan Rojo, sobre todo este ultimo, atoparon os camiños no centro do campo o futbol aumentou ostensiblemente de calidade. O extremo dereito sofanista Rojo foi un pesadelo para a defensa local. Suas foron as mellores xogadas e creou un par de ocasións para Santi que o dianteiro non foi quen de concretar. O propio Santi plantouse solo diante de Añon, pero o meta, o mellor dos seus, arrebatoulle o balon cando ia ser regateado e o gol xa se cantaba. Chegouse o descanso coa sensacion de que a Sd, unha vez mais estaba negada de cara a gol.


    Cos cambios no segundo tempo aumentou a intensidade do xogo, pero perdeuse en precisión. O Sofan mostrouse como un equipo precipitado e que non atopaba os camiños cara a meta visitante. Ainda así, tivo Eloy unha ocasión clarisima, que un defensa local sacou baixo paos. Pero a mais clara foi un discutido penalti por empurron a Lista que Añon detivo a Michel. A partir de ahi o acoso da Sd foi a desesperada e o Cabana lanzaba perigosas contras. En unha destas, co tempo casi cumprido chegou o gol visitante ante o delirio da sua afección. Segueu remando a Sd, pero non era a sua tarde, sen dúbida.

    miércoles, febrero 13, 2013

    S.D. SOFAN 1 - SAN LORENZO 1

    Unhas 450 persoas presenciaron o derbi carballés suspendido fai 3 semanas no campo das Eiroas. Derbi transcurrido nun ambiente de exquisita deportividade e pugna exclusivamente futbolística, como debe de ser. A igualada é xusta visto o visto no terreo de xogo, e ambos equipos marcharon escasamente contentos co punto no que foi unha nova edición da festa do fútbol modesto carballés.

    SD SOFAN: Bugy, Lista, Gustavo (Cantudo 81´), Juanjo, Diego, Eloy Boedo, Míchel, (Pensado 75´),Eloy Cabeza, Suso Docampo (Santi 71´),Iván Rey, Iván Rojo (Edi 68´).

    SAN LORENZO: Puyol, Quillo, Adrián, David, Casillero, Anxo, Cachizo, Peke, Javi Pensado, Fuetefría, Carliños.

    GOLES:
    0.1 31´ Falta directa que transforma Fuentefría.
     
    1.1 43´ Lista remata de cabeza un saque a balón parado.
     
    Foi moi desputado o derbi carballés no sempre frío municipal de As Eiroas. O partido arrancou cuns quince minutos iniciais nos que o respeto mutuo imperaba e cos equipos todavía asentandose no terreo de xogo. A partires do mínuto 20 o equipo sofanista comezou a levar o peso do partido, tocando con paciencia se ben con pouca profundidade de tres cuartos en adiante. As ocasións máis perigosas para os locais viñan a balón parado que ocasionaron varios rexeites na área visitante pero que non se transformaron en gol. A máis clara foi un balón morto o borde da área pequena que Iván Rey manda alto cando tiña todo a favor para marcar. Cando máis estaba a dominar o equipo local, un balon polo que porfía Carliños o borde da área e cortado en falta pola defensa local, e no lanzamento da mesma Fuentefría consegue inaugurar o marcador do derbi ante o delirio da afección visitante. Os sofanistas acusaron o golpe e os verdilleses comezaron a merodear a meta de Bugy, e nun disparo de lonxe de Cachizo que sae cerca do pao levaron ó panico á grada local. De novo a balón parado, xa o borde do descanso, Lista remataba de cabeza o empate e facía xustiza ao visto ata o momento. Así acudían os dous equipos a vestiarios, tras un bonito primer tempo.

    Na segunda parte o fútbol volveuse máis impreciso, os equipos parecían máis pendentes de non perder que de ir a polo partido, a razón tal vez poida estar no esforzo feito na xornada dominical, da cal non tiñan transcurrido nin 48 horas. A escaseza de ocasións marcou este segundo período, sendo a máis clara un balón o pao dos locais e un remate que saca moi ben Bugy para os visitantes. As defensas impuxéronse os ataques neste segundo acto, e así se chegou o final dos 90 minutos, cun xusto empate que non deixa satisfeito a ningún dos equipos: os locais porque parecen descolgarse da sua loita polos postos de honra, e os vistantes porque ven cortada a sua xeira de 5 victorias consecutivas.
     

    * fotos NORDEPORTES.

    lunes, febrero 11, 2013

    BUÑO C.F. 0 - S.D. SOFAN 0

    Novo empate a 0 da Sd Sofan, esta vez en Xaviña, diante de un equipo local que mostrou as suas armas habituais e tivo as suas opcions para levarse o partido.

  • BUÑO: Toni, Rubén, Diego (Alfredo, min.15 (Dourado, min.80), David Secundino, Ángel, Elías, Jorge Calvete, Emilio (Juan Antelo, min.70), Mauri, Dani Calvete, Víctor.
  • S.D. SOFÁN: Bugy, Lista, Cantudo (Santi, min.78), Gustavo (Alberto Pensado, min.65), Juanjo, Edu (Iván Rojo, min.61), Míchel (Jacobo, min.80), Eloy Boedo, Iván Rey, Eloy Cabeza, Suso Docampo.

  • Tras uns primeiros mínutos de imprecisión os dous equipos tentaban combinar e buscar as suas armas, os locais a velocidade e desmarques a espalda de Victor, e os visitantes tentando entrar por banda. A rapidez do terreo de xogo complicaba as combinacións e facía imposible calquer desprazamento en longo. As ocasións máis claras para os locais viñeron nun bo centro dende banda dereita e posterior remate de cabeza que saca moi ben Bugy. Por parte visitante a ocasión máis clara desta primeira parte foi un roubo a defensa local de Eloy Cabeza que fixo a este e a Edu plantarse sos diante de Toni e o disparo do xogador arteixán saeu pegado o pao. Así remataba un igualado primer tempo, co xusto empate sen goles.

    O segundo tempo transcorreu polos mesmos derroteiros, cunha SD tentando levar o peso do partido e un Buño sacando boas contras aproveitando a velocidade de Elías e Victor e o bo xogo entre liñas de Dani Calvete. Co transcurso do tempo a SD viuse obrigada a arriscar en busca da victoria e a defensa de tres utilizada polos visitantes fixo que os locais crearan varias ocasións, a máis clara un balón de Elías o pao. A pesar de estes riscos o equipo visitante traballou ben a nivel defensivo e consegueu manter a 0 a portería por segunda semana consecutiva. Dende aquí ata o final o equipo tentouno con máis corazón que cabeza, e así se chegou o final do partido cun xusto reparto de puntos.

    lunes, febrero 04, 2013

    S.D. SOFAN 0 - CORCUBION 0

    Segue a mala xeira de resultados da Sd, incapaz de gañar onte o Corcubion, nun disputado encontro no que os homes de Mallon acabaron de maneira incrible con 8 xogadores sobre o terreo de xogo das Eiroas, ante a indignación do respetable.

    S.D. SOFAN - Dani, Lista, Diego, Juanjo - Cantudo 46´-, Gustavo, Boedo, Eloy - Suso Docampo 71´-, Rojo - Edu 65´-, Ivan Rey -Bugy 95´-, Pikas e Santi - Abel 71´-.

    CORCUBION - Iago, Miguel, Julito, Senra, Alan, Lema, Lourido, Pablito, Cristian, Sebas e David

    Foron expulsados por parte local Pikas no min. 68, Diego no 79 e Dani no 92.

    Moito centrocampismo e pelexa e pouco futbol nos intres iniciais, soamente roto por un libre indirecto sinalado polo colexiado por cesion a favor da sd, que incriblemente e a porta valeira os xogadores de Mallon non son capaces de anotar. Antes do descanso animouse algo a cousa, tendo a sd unha boa ocasión nunha contra que Santi non define, e respostando o Corcubion nunha boa accion de Lourido que saca a defensa. A lesion de Juanjo fai que Cantudo teña que sair no descanso.

    O segundo tempo foi de locos. A Sd mellorou moito e saiu atacando con insistencia. Rojo tivo unha boa ocasión nunha xogada persoal pero o meta visitante sacou o seu remate cos pes. Pouco despois un pase da morte de Pikas rematao Santi e un defensor do Corcubion saca o balon baixo paos. Outro gran disparo de Pikas sae lamendo o pao, e o Corcubion respostou con dous disparos ante os que Dani mostrou as suas cualidades. Pablito disparou o pao na mellor ocasion visitante. Chegaron as expulsions e un claro penalti a Edu non sinalado. Os animos quentaronse e o partido podia ser para calquera, pois a sd, ainda con 9 , non deixou de atacar, propiciando ocos na liña defensiva que os visitantes non puideron aproveitar. Na ultima xogada do partido tras un fora de xogo calmoroso, Mario plantase ante Dani, que o derriba fora da area, sendo expulsado pero evitando a derrota da Sd.