viernes, diciembre 28, 2012

Moreira, a fichaxe estelar nas navidades sofanistas.

Ven de firmar a Sd Sofan ó talentoso centrocampista Moreira para o que queda de tempada na liga da Costa. As hábiles negociacions emprendidas por Pablo Mallon deron o seu froito na tarde de onte. O xogador dou o sí e fotografiouse no campo do Carral, o que será o seu novo terreo de xogo, co uniforme da selección galega que luciu nos últimos compromisos do combinado galaico.

O xogador, que fichara a principios de tempada no Celta B, sae dunha grave lesion de xeonllo e elixiu rematar a tempada no clube sofanista. O factor clave foi o terreo de xogo do Carral, de herba natural, pois el practicamente ten prohibido por ese problema físico antes mencionado xogar en terreos sinteticos, maioritarios no futbol actual.

Moreira, que coincidiu con varios xogadores que pasaron pola Sd nas categorias inferiores do Bergantiños, como é o caso de Luisito, Adrian, ou o actual mediapunta sofanista Eloy, tamen xogou no Montañeros e Cerceda. A sua carreira ía vento en popa coa fichaxe no Celta, pero as lesións, sempre as lesións, se volveron a cebar co bravo xogador. Esperemos que este medio ano que vai pasar en Sofan lle sirva para recuperar ese futbol que leva dentro.

lunes, diciembre 24, 2012

ESTEIRANA 1 - S.D. SOFAN 1

Partidazo no Jose Luis Vara de Esteiro. Diante de cerca de 200 afeccionados, a Sd e o cadro local depararon un gran espectaculo que acabou en taboas. Pena que se escapara unha merecida victoria ó cadro de Pablo Mallon, pero a calidade dos homes de ataque do lider non permitiu tal cousa. Ambos equipos empregaronse a fondo, demostraron o porque da sua posicion na taboa, e protagonizaron un choque a cara de can dos que da gusto presenciar.

ESTEIRANA - Beni, Roi, Simon, Dani Rama, Suizo, Pepiño - Uru 80´-, Pablo Serrano, Adelino - Cajulo 61´-, Alex, Roberto Pladur e Kike.

S.D. SOFAN - Bugy, Carlos Lista, Diego - Marcos Pensado 77´-, Juanjo, Gustavo, Michel, Eloy Cabeza, Ivan Rey, Pikas - Ivan Rojo 59´-, Abel - Santi 70´- e Edu - Alberto Pensado 70´-

Foron expulsados Roberto Pladur e Alberto Pensado nunha tangana final producida por unha agresion de Pladur ó meta visitante Bugy. A auga non chegou o rio e ambos equipos retiraronse co recoñecemento mutuo de ter xogado un gran partido.

GOLES -
0-1 84´ Corner que remata Pensado á cruceta, o rexeite colleo Lista, e envia o balon o fondo das mallas.

1-1 91´ Centro o segundo pao que remata Kike libre de marca cruzando o balon de certeiro cabezazo.

Iniciouse a contenda cun gran respeto mutuo. Ambos equipos sabian do potencial do rival. A Sd tiña moi claro que armas habia que usar para tapar as acometidas locais, e despois de 10 minutos nos que tardou en asentarse no campo, tomou o mando da situación. Antes tivo Alex unha boa ocasion para a Esteirana, á que respondeu Eloy cun lanzamento lonxano alto. Endureceuse algo o partido cun par de friccions entre Simon e Abel, e a Sd tiña o balón no seu poder, pero as contras locais eran moi perigosas. Un remate de Pladur saiu cruzado. No ultimo tramo do primeiro acto tivo a Sd tres claras ocasións: unha falta de Michel lambiu o longueiro, unha cesion de Simon dende o mediocampo a piques estivo de colarse na meta local, e na mellor xogada deste tempo un centro de Pikas rematouno Eloy de gran volea non entrando a gol de milagro. Antes do descanso unha falta lanzada por Kike sembrou o panico pero o balon rexeitouno a defensa visitante.

O segundo tempo foi trepidante. Os locais sairon moi enchufados e encerraron a Sd durante un cuarto de hora. A defensa visitante aguantou como puido as acometidas de Paluca, Pladur e compañia. Pero os cambios de Mallon surtiron o efecto desexado. Santi en punta foi un quebradero de cabeza, e Pensado e Rojo puxeron temple no mediocampo. Tras un toma e daca moi intenso chegou o apaixoante rush final. O gol visitante foi seguido dunha clara doble ocasión para sentenciar de Ivan Rey e SAnti. A Esteirana atacaba con todo, pero Bugy e a defensa mostrabanse moi seguros, ata a xogada do empate. O delirio na bancada local presaxiaba minutos de sufrimento, pois o desconto foi longo, pero coa tangana final rematou un precioso partido de futbol.



Fin a primeira volta da competicion, na que a Sd remata 4º, a pesar da sua irregularidade. A segunda volta presaxia emocions fortes.

lunes, diciembre 17, 2012

S.D. SOFAN 2 - C.D. BAIO 3

Partidazo no Carral. Cerca de 200 espectadores presenciaron un gran encontro, a pesar do estado do terreo de xogo, afectado polo temporal de auga destes ultimos dias. Os contendentes entregaronse ó límite e ofreceron un espectaculo cheo de alternancia no marcador, emocion ata o ultimo minuto e deportividade. E foi un rapaz chamado a grandes cousas no futbol costeiro, MC, o que decidiu o partido. O veloz extremo baies dou un recital de futbol e demostrou que haberá que seguilo moi de cerca nos proximos anos.

S.D. SOFAN - Bugy, Lista, Marcos Pensado - Jacobo 71´-, Juanjo, Gustavo, Eloy Boedo, Michel - Pensado 80´-, Eloy Cabeza, Edu - Santi 71´-, Abel e Ivan Rey - Pikas 88´-.

C.D. BAIO - Anxo, Chema, Jose Antonio, Mario, Ramon, Iago, Eloy, Martin, Rubio, Pablo e MC.

GOLES -
0-1 7´ Granxogada de MC pola liña de fondo, da o pase da morte e Martin chegando dende atras bate a Bugy.
1-1 43´ Falta botada por Marcos Pensado que bate nun defensa e introducese na porta visitante.
1-2 58´ Gran xogada individual de MC que tras driblar a un par de defensas engancha un remate imparable.
2-2 75´ Erro da defensa baiesa, o balon caelle a Abel que engancha unha volea que se introduce mansamente na porta de Anxo.
2-3 87´ MC vaise por banda, cede o balon atras e un dianteiro baies engancha un trallazo que se cola pola escadra da porteria local.

Saiu o Baio dende o inicio a polo partido e atopouse cun tempraneiro gol, que fixo cambiar os seus plantexamentos. Buscando a contra, con Martin servindo balons ó pesadelo MC, crearonlle perigo inicialmente a defensa sofanista. Foi collendo o pulso o cadro local o partido, e con Michel e Boedo facendose co centro do campo, e Eloy cabeza ensaiando o disparo dende fora da area. Un deses lanzamendos lambiu a escadra da porta de Anxo. Reclamouse un claro penalti a Edu na area visitante, pero o arbitro pasouno por alto. O partido era moi intenso, e Bugy luciuse a un gran disparo de MC, que seguia facendo das suas. A pouco do descanso, o acoso da Sd ten o seu froito nunha falta lanzada por Marcos. Xusto empate e os equipos os vestiarios a sacarse o barro de enriba.

O segundo tempo foi unha loteria. Puido caer o partido para calquera lado. Golpeou primeiro o Baio. A Sd veuse arriba pero parecian os homes de Mallon sen forzas polo gran desgaste fisico realizado. A balon parado encerrou a Sd o Baio, que se defendeu ben. O cambio obrigado de Martin baixou potencial os baieses, que por momentos perderon o norte e aproveitouno Abel para empatar. Vislumbrabase unha nova remontada no Carral, pero a realidade é que a gasolina da Sd acabouse, e foi o Baio en varias contras o que rondou a meta dun inspirado Bugy, Primeiro un gran disparo de Eloy que saiu a un centimetro da escadra e logo unha falta de MC que sacou o meta local, foron o preludio do mazazo final e do delirio Baies.

 

 
Demostraron os dous equipos o por que da sua posicion na taboa. A Sd xa pensa no partido que cerrará a primeira volta, en Esteiro, contra o absoluto lider da competición. Unha nova proba de fogo para os de Pablo Mallon.

lunes, diciembre 10, 2012

MUROS SD 0 - S.D. SOFAN 3

  • MUROS: Fabio, Teo, Paky (Pedro de Nieto, min.60), David, Mayuyo, Lisardo (Saúl, min.50), Gelo (Pulpo, min.80), Dani Corniños, Manu Dosil, Jesús (Javi de Vístete, min.70), Sexo.
  • SOFÁN: Bugy, Cantudo (Gus, min.25), Lista, Juanjo, Marcos, Iván, Míchel (Iván Rojo, min.80), Jacobo (Pensado, min.66), Edu (David Pensado, min.76), Eloy Cabeza, Santi.
  • Goles: 0-1, min.55: Edu; 0-2, min.65: Lista; 0-3, min.85: Gustavo.


  • Tres puntos importantes para a SD que cortan a mala xeira de 2 partidos sen acadar a victoria e que permiten os sofanistas non perder comba na persecución do intratable lider, a Esteirana, que unha semana máis non volveu a fallar.

    Comezaba ben a Sd en Miraflores, moi metida no partido dende o comezo, tentando combinar e aproveitando os desmarques e velocidade de Santi arriba. Así chegou a mellor ocasión da primeira metade, un bo pase de Iván Rey ó oco deixaba o dianteiro carballés diente do porteiro muradán o cal saca o disparo en primeiro instancia e cando o balón se colaba nas redes muradáns, acabao sacando un defensa local na mesma liña de gol. As reducidas dimensións do terreo de xogo provocaban accións de perigo nas duas áreas, o Muros tivo as suas pero un gran Bugy abortounas excepcionalmente pese a xogar todo o partido mancado na sua rodilla dereita. Chegouse o descanso co empate sin goles facendo o xusticia o visto en Miraflores, nun partido igualado e con ocasións repartidas para ambos bandos.

    A segunda metade comezaba da mesma maneira con dous equipos tentando xogar o balón, e xa se percibía que o primeiro que marcase levaríase o partido. Así chegou o primeiro gol da tarde, nunha indecisión da defensa e porteiro local que aproveita un atento Edu para empurrar a porta valeira e subir o marcador o 0 -1. A partir de ahi o Muros pareceu notar o golpe e o partido comezou a decantarse para o lado sofanista, os cales comezaron a merodear a área local con continuas aproximacións e provocando varios saques de esquina; nun deles Lista remataba de cabeza no segundo pao e subía o 0-2. Con este segundo gol o partido cerrouse definitivamente e os achegamentos do Muros eran abortados pola defensa visitante, e cando esta era superada de novo aparecía un épico Bugy para evitar calquer tipo de sorpresa e posibilidade de remontada. O 0-3 chegaba de novo nun saque de esquina no que Gustavo empurraba en boca de gol un balón morto na área pequena.
     

    Partido serio da SD no sempre dificil Miraflores no que o equipo volveu a recuperar a senda da victoria e tamén para ver a volta os terreos de xogo de Pensado e Iván Rojo, xogadores recuperados das suas respectivas lesións e que seguro que serán importantes para Pablo Mallón de cara a afrontar os importantes e diciles compromisos que se aveciñan, dous auténticos partidazos, Baio e Esteirana.

    domingo, diciembre 02, 2012

    S.D. SOFAN 0 - MAZARICOS 2

    Mala tarde no desterro nocturno das Eiroas para a Sd. Pagaron caros 15 minutos iniciais de despiste e despois ainda que se intentou de todas as maneiras non houbo forma de bater ó meta mazarican. Frio intenso nas Eiroas e mais de 135 espectadores que sairon decepcionados co resultado.

    S.D. SOFAN - Bugy, Cantudo - Jacobo 72´-, Marcos Pensado, Juanjo, Gustavo - Santi 42´-, Eloy Boedo, Michel, Eloy Cabeza, Ivan Rey, Edu - Pikas 72´- e Abel.

    MAZARICOS - Pejo, Martin, Rodri, Esteban, Tuqui, Cristian, Marcos, Oreiro, Aldo, Jose Angel, Estefano.

    GOLES:
    0.1 5´Aldo rouba a carteira a defensa local e bate a Bugy.

    0.2 11´ Jose Angel realiza unha gran xogada na area e marca cun tiro axustado o pao.

    Saiu durmida a Sd o campo das Eiroas, e pagouno caro. Na primeira xogada de perigo marcou o Mazaricos. Tentou responder a Sd pero Abel non chegou a rematar un centro de Marcos. un novo despiste puxo o 0-2 no marcador. Tocaba remar. Pero o cadro visitante estaba moi metido no partido, defendia ben e sacaba perigosas contras, con Jose Angel como referencia en punta. A Sd combinou con velocidade pero faltou precisión nos metros finais para poder crear verdadeiro perigo.

    O segundo tempo foi de acoso total local, chegando a quedarse con so dous defensas. A expulsion do lateral do mazaricos favoreceu a ofensiva dos de Mallon, que neste tempo foron moi superiores, pero non foron quen de atopar o camiño do marco visitante. O pao repeliu un corner directo de Marcos Pensado, o meta visitante desviou disparos de Eloy, Abel e Jacobo de maneira incrible. O Mazaricos lanzou perigosas contras, pola sua parte. Foi insuficiente o que puxo a SD sobre o tapete sintetico carballes, para levar os tres puntos, que caeron do lado visitante con xustiza.