lunes, marzo 26, 2012

COPA DA COSTA. 16º de final Porteño - S.D. Sofan

Vense de celebrar o sorteo da edicion 2011.2012 da copa da costa, e o sorteo deparou un enfrontamento na primeira ronda entre o Porteño e a S.D.Sofan.

SP. ZAS 1 - S.D. SOFAN 1

* Cronica de www.quepasanacosta.com


ZAS: Elías, Pereiro, Dani, Lagoa, Mancebo, Quintáns, Rubio (Jaime, min.50) (Amado, min.65), Jorge, Ismael (Pablo), Peque, Pastor (Rafa, min.75).
SOFÁN: Richard, Víctor, Meniño (Adrián, min.60), Juanjo, Gustavo, Eloy, Alemán (Gurita, min.65), Iván Rey, Edu (Abel, min.55) , Suso, Berti (Jacobo, min.55).
Goles: 1-0, min.23: Peque tras un malentendido entre defensa e porteiro; 1-1, min.60: Eloy dende fóra da área.
Expulsión: un xogador zaense.

Partido importante para o Zas que sumou un punto, que visto o acontecido na xornada, vale ouro. Os de Corredoira, plagados de xuvenís que están facendo unha temporada espectacular tanto na súa categoría como na Liga da Costa, prantaron cara sobre todo na primeira metade. Pero foi un primeiro tempo bastante igualado, sen demasiadas ocasións e no que adiantaría o cadro local por medio de Peque cunha xogada de pillo adiantándose ante unha indecisión entre porteiro e defensa visitantes.

A SD intentaba lograr o empate pero Suso cunha internada, Berti cun balón ao longueiro e un man a man ao corpo de Eías, ou Eloy cunha falta á crucerta, non acertaron.

Na segunda baixou o Zas fisicamente e o Sofán empatou e tivo ocasións para levar o partido, por medio de Gurita e Jacobo. Pero tamén o xuvenil Quintáns, a falta de 5 minutos puido decantar a balanza para os zaenses pero Richard (Luís De la Peña fichou polo Estudiantil) provocou que mandase fóra.

lunes, marzo 19, 2012

S.D. SOFAN 0 - DUMBRIA B 0

Aburrido encontro no Carral entre dous equipos que parecian non xogarse nada. As ocasións estiveron repartidas entre os dous bandos, e a pesar de que a Sd levou o control do xogo todo o partido marrou as poucas e claras ocasións que tivo e non foi quen de recortar diferencias cos de arriba.


S.D. SOFÁN: Richard, Adrián, Gus - Aleman 59´-, Juan Rabuñal, Juanjo, Meni, Víctor - Berti 75´-, Eloy, Iván, Abel -edu 77´- e Jacobo - Suso Docampo 59´-.

DUMBRÍA B: Anxo, Tantán, Samuel (Ivanete, min.75), David Carreira, José Manuel, Josiño (Jose, min.65), Esteban, Jesús, Pereira, Yerai (Israel, min.60), Rodrigo.

Comenzou moi ben a Sd, trenzando bo fútbol, e cos dianteiros moi activos, especialmente Jacobo e Victor. Tras unha boa ocasion dos visitantes que sacou Juanjo baixo paos, tivo Jacobo unha clarisima, pero o seu gran disparo atallouno Anxo en gran parada. Pouco despois foi Abel quen rematou alto de cabeza en inmellorable posicion para marcar. este prometedor inicio foise diluindo co paso dos minutos, pois a Sd non daba atopado o gol, e o Dumbria defendiase con solvencia. Chegouse ó descanso no medio do aburrimento xeneralizado.

O segundo tempo foi mais do mesmo. Quitando dez minutos nos que a Sd apretou e tivo duas clarisimas ocasións, en botas de Jacobo e Adrian, que non definiron cando o mais dificil era non marcar, o resto fou un xogo insulso e sin profundidade. O filial dumbriés incluso estivo tentado a estirarse e crear perigo nos ultimos minutos, a ver si soaba a flauta e se levaban o partido. O empate final é xusto a tenor do visto no campo.

lunes, marzo 12, 2012

ESTEIRANA 1 - S.D. SOFAN 1

Empate a última hora o colleitado pola Sd en Esteiro. Un gol do central Gustavo cando o encontro esmorecía doulle un punto ós de Vicente. Gran entrada no Xosé Luis Vara, mais de 150 persoas, en día totalmente veraniego.
ESTEIRANA - Veni -Benito 33´-, Maceiras -Cajulo 46´-, Simon -Dani 62´-, Rama, Adelino, José Varela, Alex -Adrian 70´-, Uru, Pladur, Andel -Isma 46´- e Iago.
S.D. SOFAN - Luis, Adrian, Gustavo, Eloy Boedo, Juanjo, Pensado -Miniño 35´-, Victor Docampo, Ivan Rey, Edu -Berti 64´-, Gurita -David Pensado 80´- e Suso Docampo.
ARBITRO - Vazquez Suarez, que amonestou a Simon e Iago. Expulsou a Jose Varela no minuto 87 por doble amonestacion.
GOLES.
1-0 48´Roubo de balón no centro do campo sofanista, Pladur mete en profundidade a Cajulo que se interna e bate a Luis na sua saida.
1-1 89´Barullo na area que resolve Gustavo de acrobatico remate.
Controlou ben a Sd no primeiro tempo o encontro, tendo a posesion do balón gran parte deste periodo. A linea de tres defensas contiña as contras lanzadas por Roberto Pladur. Tivo Simon a primeira ocasión local nun lanzamento de falta escorado que saiu fora por pouco. Respondeu Suso Docampo cun disparo que detivo o gardameta local. A Sd estaba entrando ben por bandas pero non conseguia traducir o dominio en ocasións. Nunha indecisión do meta Luis e Juanjo tivo Pladur a mais clara dos locais, pero o seu remate saiu fora. Antes do descanso unha falta que lanzou Eloy fora e un remate de cabeza de Gurita foron as xogadas mais destacadas.
Os cambios do adestrador local revolucionaron o partido nada mais iniciarse o segundo tempo. O gol da Esteirana descentrou os homes da Sd, que tiveron 10 minutos de despiste no que puideron encaixar mais goles. Pladur en duas ocasións, unha delas tras regatear ó meta visitante, e un disparo de Cajulo ó pao, foron as clarisimas opcions dos locais, que estaban a xogar moi ben apoiados por un entregado publico. Pero acabouselles o fuelle, e a Sd comenzou a durmir o encontro. A saida de David Pensado a falta de 10 minutos foi clave, pois o escurridizo xogador creou un par de situacions de perigo, unha moi clara de Ivan, antes do gol do empate cando o partido xa estaba rematando.

lunes, marzo 05, 2012

S.D. SOFAN 2 - FISTERRA 1

Partido de alta tension o de onte no campo do Carral. Viuse a un gran Sofan facendolle frente a un dos mellores equipos da categoría, que a pesar das moitas baixas coas que acudia foi un rival de alta categoría. Bo fútbol, polémica e goles aderezaron a tarde no coliseo sofanista.

S.D. SOFÁN: Luis De la Peña, Adrián, Miniño, Rabuñal, Juanjo, Pensado, Eloy Boedo, Iván Rey - Edu 81´-, Víctor Docampo -Jacobo 60´-, Diego -Gustavo 72´- e Suso Docampo -Gurita 85´-.

FISTERRA: Joselu, Piti (Munitis, min.80), Pana (Insua, min.60), Manuel, Santi, Eddy, Roa, Marco Docabo, Guardiola, Rivas (Bruno, min.50), Mané.

Goles:
0-1, min.20: Marco Docabo tras unha falta botada por Guardiola;
1-1, min.25: Adrián tras unha xogada de Iván e Víctor por banda;
2-1, min.35: Iván tras un rexeite de Joselu a tiro de Adrian.

Expulsión: os fisterráns Guardiola e Mané ao comezos da segunda metade.

Dende o primeiro momento se viu que ia ser un encontro disputadisimo. A Sd saiu moi intensa, pero tras dous disparos de Eloy e Ivan Rey, chegou o gol fisterrán. A Sd, lonxe de virse abaixo, xogou os seus mellores minutos, e as internadas pola banda dereita de Adrian e Victor foron un pesadelo para os verdes. Chegou o empate, e pouco despois Suso marrou unha clarisima ocasion das que non soe fallar. Pero foi Ivan o que puxo en ventaxa os locais. Así se chegou o descanso.

No segundo tempo o Fisterra buscou o empate, e a Sd xogaba á contra, enlazandose bonitas xogadas, pero as defensas estiveron moi ben neste tramo. duas faltas lanzadas polos irmans Boedo, Eloy e Jacobo, non acabaron nas mallas de milagro. Chegaron as polemicas expulsions de Guardiola e Mane, e ainda así o Fisterra tivo unha boa ocasión pero Luis desviou o disparo de Roa, e no corner posterior, Rabuñal sacou o remate de Santi. A contra a Sd puido sentenciar, con clarisimas ocasións para Edu e Eloy, pero Joselu respondeu con grandes intervencions.

Partido para disfrutar, e a Sd que por fin dou a medida das suas posibilidades.