domingo, abril 27, 2008

SD SOFAN 2 CAMARIÑAS CF 1

Venceu a SD ó Camariñas no partido ida de dezaseisavos de final da Copa da Costa, ainda que o resultado mais xusto sería un empate, pois o encontro foi moi disputado, bastante trabado e con poucas ocasións de gol. En tarde gris uns 100 afeccionados acudiron ó Carral a ver o estreno dos homes de Chema na competición do KO. SD SOFAN - José Ramón, Victor, Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo, Baneira (Marcial m.88), Bertin (Berti m.32), Cristian, Eloy (Oscar m.87) e Suso Docampo. CAMARIÑAS - Marcos, Iago Carril, Pablo, Valeiro, Nando, Moriño, Dario, Robertito (Alex Camean m.78), Brais Triñanes, Pirucho e Brais Casal. ARBITRO: Cives Enjo, que amonestou a Baneira por parte local e a Iago e Pablo por parte visitante. Expulsou ó tecnico do Camariñas Tono. GOLES: 1-0 m.6 Eloy recibe ó borde da area, acomoda o balón á sua perna dereita e saca un trallazo que da no pao e entra. 1-1 m. 35 Saque de banda que remata Robertito de impresionante volea ante a que José R. non pode facer nada. 2-1 m.86 Balon á espalda da defensa camariñana, Berti realiza un bo control e dispara cruzado batendo a Marcos. Non pareceu un partido de copa o disputado hoxe no Carral, con dous equipos que se mostraron moi tensos e non foron capaces de desenrolar o futbol que levan dentro. O tempraneiro gol de Eloy paradoxicamente quizais perxudicara ós locais, pois foi o Camariñas o que se fixo co control do balon. Un trallazo de Suso que se foi alto por pouco precedeu a unha boa ocasion de Brais Casal que salvou Jose con unha gran parada. Á media hora lesionouse Bertin, o que trastocou un pouco os plans dos locais, que en ningun momento deste periodo encontraron o seu mellor futbol. Os visitantes xogarou un cuarto de hora moi bo que culminou no golazo de Robertito, pero logo mostraronse conformistas co empate, ainda que ó filo do descanso Gende salvou baixo paos un remate de Brais Triñanes. O segundo tempo parecia un tramite, pois o centrocampismo foi a nota predominante. Os dous equipos mostraronse moi igualados e as defensas impuxeronse ós ataques. Cristian disparou fora antes de que Jose tivese que intervir a un remate de cabeza de Brais Triñanes. A pouco do final Robertito, un dos mellores dos visitantes, lanzou unha falta alta por pouco, e pouco despois, na mellor xogada dos locais no partido, un centro de Victor rematouno Cristian de espuela parando Marcos con problemas. O gol de Berti faltando tres minutos desatou a locura na Sd, pois na seguinte xogada un centro de Suso foi cortado coa man por Pablo con claridade, e no tempo de desconto foille anulado un gol a Cristian por inexistente fora de xogo. Ainda así non se pode queixar o Sofan do resultado que leva para o partido de volta vistos os meritos de uns e outros no partido de hoxe.

viernes, abril 25, 2008

RESUMEN DA TEMPORADA: GOLEADORES

Seguindo co resumen do que foi o ano 2007/2008, publicamos a lista de goleadores.

Suso Docampo - 12
Adrian - 12
Bertin - 6
Cristian - 6
Berti - 6
Eloy - 5
Pizo - 3
Victor Docampo - 2
David Baneira - 2
José - 1



SUSO DOCAMPO Blanco - 28 anos - 9º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Bergantiños

O maximo goleador da historia do clube foi pichichi do equipo un ano mais. Logo de recuperarse da gravisima lesión de xeonllo que o apartou dos campos a temporada pasada Suso volveu ó seu nivel habitual, sendo o referente ofensivo dos de Chema Eiris. O que fora pichichi de terceira rexional fai dous anos demostrou que é un goleador implacable, e ainda que non alcanzou as cifras de outras temporadas, quizais fora debido esto a que a SD dispoñia de moitos xogadores capaces de anotar tantos e repartironse mais os goles.

Adrian Garcia Varela - 21 anos - 1º ano no clube - Equipos anteriores: Bergantiños

Foi Adrian quizás a gran revelación da temporada no Carral. Xogando de interior dereito logrou anotar unha cifra de goles excelente. A súa verticalidade e velocidade fixoo moi dificil de marcar para as defensas rivais, e a progresión que tivo este ano fai concebir esperanzas de que a SD terá un gran xogador para moitos anos.

domingo, abril 20, 2008

VETERANOS: SD SOFAN 1 SAN LORENZO 3


Disputouse na mañan de hoxe o derbi de veteranos no Carral, nun partido no que os de Verdillo se levaron o gato á auga, nunca mellor dito pois o campo estaba algo encharcado. Xogaron por parte do Sofan Cambon, Lito, Eiris, Duga, Suso, Liso, Agustin, Alberto, Queijo, Carlos e Fronteras. Tamen xogaron Pablo de Fernando Serrano. Nos de Verdillo saltaron ó campo Javi, Robles, Liso, Rogelio, Juan de visita, J.Cancela, Luis, Mato, Alberto, Tito e Pirri. Tamen sairon Hipolito, Torreira, Angel e J.Maria.Anotou o gol da Sd Agustin, e por parte do San Lorenzo marcaron Juan Cancela, Hipolito e Alberto.

miércoles, abril 16, 2008

RESUMEN DA TEMPORADA: minutos xogados

Como é tradicional co final de liga, vamos a acometer o resumo dos datos estadisticos da tempada que ven de finalizar, comenzando cos minutos que xogou cada integrante do plantel.

JUANJO - 2700
VICTOR - 2399
BERTIN - 2308
PIZO - 2300
SUSO - 2298
BANEIRA - 2189
ADRIAN - 2111
GUSTAVO - 1709
JOSE RAMON - 1620
BERTI - 1504
GENDE - 1471
ELOY - 1419
CRISTIAN - 1257
COSTA - 1053
VARELA - 987
MARCIAL - 762
OSCAR - 650
PANCHO - 378
POMBO - 264
JOSE - 182

É de reseñar o dato de que JUANJO disputou todos os minutos posibles, constituindo este un prodixio de regularidade que mostra as cualidades do infatigable xogador da SD. Juan José Rey Arijon, ós seus 31 anos, disputou esta a sua novena tempada defendendo os colores do Sofan, ó que chegou procedente do Golmar. Estamos a falar, por tanto, de un dos santo e seña do Carral, campo no que todos os domingos deixa a pel polos colores do seu clube. É un xogador que destaca pola sua polivalencia, pois pódese decir literalmente que xogou de todo, ata de porteiro, posto no que non o fai nada mal. Valga como anecdota que Juanjo comenzou a xogar ó futbol neste posto no cadete do Bergantiños, e chegou a ser preseleccionado para o equipo da seleccion coruñesa. De ser promesa na porteria, pasou a patear o Carral en todas as suas dimensions. Dende a chegada de Chema Eiris adaptouse ó posto de central, no que destaca pola sua rapidez no corte que o fai practicamente insuperable no un contra un. Este ano formou parella con Gende, Baneira, Gustavo ou Varela, pero a sua presencia sempre foi incuestionable. Parece imposible que se lesione, pois é unha autentica forza da naturaleza, e un dos xogadores mais estimados polo publico sofanista, que se ven reflexados na sua entrega e tesón.

domingo, abril 06, 2008

SD SOFAN 2 CORME C.F. 2

Tarde de sufrimento no Carral para cerrar a temporada. En tarde soleada e sobre o perfecto tapete o Corme puxo o futbol e a SD a garra para repartirse os puntos en xogo. Cos resultados que se produciron na xornada parece que a SD evitará o cuarto puesto pola cola que todavía ten risco de descenso.

SD SOFAN - José Ramón, Victor Docampo, Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo (Berti m.76), Baneira, Bertin, Cristian, Suso Docampo, Eloy (Adrian m.67).
CORME CF - Suso, Adolfo (Rodrigo m.69), Diego, José (Abel m.73), Rafa Valiña, Felipe, Martin, Lentejo, Iago, Brais, Alejandro.

ARBITRO - Diego Castelo Perez, que amonestou a Pizo pola Sd, e a Rafa Valiña, Lentejo e Brais por parte do Corme.

GOLES - 0-1 m.18 Xogada pola esquerda do ataque cormelán, Iago cedelle o balón a Martin, e este dende a frontal da area bate a J.Ramón de tiro raso e axustado. 0-2 m.51 gran centro de Adolfo dende a dereita e Iago remata en semifallo ó fondo das mallas 1-2 m.57 Cristian recibe dentro da area, recorta ó seu par e coloca o balón na escuadra 2-2 m. 73 Parede entre Cristian e Berti, este da o pase da morte a Adrian que chegando en carreira remata cruzado a gol.

Non por sabido o conto é facil de neutralizar: eso é o que pasa co mediocampo do Corme, un dos mais creativos da categoría e que novamente xogou un gran partido en Sofan, sobre todo no primeiro tempo, onde Brais, Lentejo e Iago levaron o peso do encontro. Os locales nunca encontraron o seu futbol e as ocasións caeron maioritariamente do lado visitante. Antes do primeiro tanto tivo Iago unha clarisima pero elevou o balon sobre a saida de J.Ramón e enviouna fora. Co marcador en contra a SD tentou de reacionar e primeiro Baneira nun remate de cabeza e logo Cristian tras cesión de Eloy tiveron boas opcions, pero non encontraron porta. A piques de chegar ó descanso outro barullo na area visitante non o puido culminar Cristian, e na contra J.Ramon sacoulle un man a man a Martin Torrado.

No segundo acto o tempraneiro gol de Iago pareciu sentenciar o partido, pero sacou o Sofan a garra e un par de perigosas internadas de Bertin precederon o golazo de Cristian. Co 1-2 e os cambios efectuados por Chema, o equipo ganou en dinamismo e nos ultimos 20 minutos superou ó Corme, principalmente porque o calor fixo mella nos visitantes.Adrian, que saiu moi metido no partido,
empatou. Acto seguido Suso rematou a bocajarro pero o seu tocayo sacou o gol que xa se cantaba. Unha volea de Berti alta precediu á clarisima ocasión de Adrian no minuto 89, cando encarou a Suso e non foi capaz de definir, estando Cristian e posicion inmellorable para marcar.

jueves, abril 03, 2008

SORTEO DA COPA DA COSTA: SD SOFAN-CAMARIÑAS




Hoxe sobre as 20:35 horas saiu a papeleta da SD do bombo, e posteriormente a do Camariñas CF, emparexando ós dous equipos na ronda de dezaseisavos de final, encontros a disputar o 27 de abril no Carral e o 4 de maio no campo que designe o Camariñas. É este un emparexamento moi igualado, pois na temporada regular os dous partidos saldaronse con empate, 1-1 en Sofan e 0-0 en Vimianzo.

O resto de emparexamentos queda como segue:

- pola zona alta do cuadro

Vencedor do Cerqueda-Santa Comba B contra o vencedor do Lira-O Pindo
Cee - Corcoesto
Corcubion - Dumbria
Alcaian - Castriz
Mazaricos - Soneira
Buño - Montelouro
Esteirana - Coristanco
Corme - Bergantiños

- pola zona baixa do cuadro

Muros - Vimianzo
Nanton - San Lorenzo
Baio - Xallas
Carnota - Cabana
Porteño - Pereiriña
Sp. Zas - Muxia
Sd Sofan - Camariñas
Ponteceso - vencedor do Fisterra-Malpica