domingo, diciembre 31, 2006

RESUMEN DA PRIMEIRA VOLTA. PARTE 1: porteiros e defensas

Para dar a coñecer ós nonos xogadores un pouquiño mais e ver como o fixeron na primeira volta do campionato ahí vai o resumen dos primeiros 15 partidos. Empezaremos cos porteiros e a defensa.

Daniel Felipe Riveiro , DANI
Porteiro
Data de nacemento: 13/9/84
Traxectoria: Bergantiños juvenil
Anos na SD Sofan: 5
2006-2007 : Partidos titular 7 Minutos 639 Goles encaixados 5 Cartons 1




Alejandro COSTA Barreiro
Porteiro
Data de nacemento: 01/9/84
Traxectoria: Laracha juvenil
Anos na SD Sofan: 4
Temporada 2006-2007: Partidos titular 8 Minutos 711 Goles encaixados 9


Marcos GENDE Periscal
Defensa central
Data de nacemento: 25/4/82
Traxectoria: 3 anos no Ponteceso (Campeon de 3ª na 04-05)
Anos na SD Sofan: é o seu 1º ano
Temporada 2006-2007: Partidos titular 15 Minutos 1350 Cartons 5




GUSTAVO Eiris Becerra

Lateral esquerdo ou central

Data de nacemento: 5/4/82

Traxectoria: sempre na SD

Anos na SD Sofan: 9

2006-2007: Partidos titular 10 Minutos 865 Cartons amarelos 3 Cartons vermellos 2



Roberto Sanchez Rial, MUTIO

Lateral ou medio dereito

Data de nacemento: 01/02/80

Traxectoria: Bergantiños xuvenil,Bergantiños, Baio, San Lorenzo, Malpica, San Lorenzo de novo.

Anos na SD Sofan: é o seu 1º ano

2006-2007: Partidos titular 8 Minutos 716 Cartons 4


JOSE Marta

Lateral dereito ou esquerdo

Data de nacemento:

Traxectoria: Peña Galicia

Anos na SD Sofan: 6

2006-2007: 9 partidos titular 804 minutos 1 gol 5 cartons amarelos 1 carton vermello


Manuel VARELA Añon

Defensa central

Data de nacemento: 17/3/77

Traxectoria: Bergantiños xuvenil (campeon de liga galega), Bergantiños (ascenso a preferente), Imperator OAR, San lorenzo, Malpica, San lorenzo de novo

Anos na SD Sofan: 2

2006-2007: 14 partidos titular 1229 minutos 3 cartons amarelos 1 carton vermello


Francisco J. Rodriguez Areosa, PANCHO

Defensa lateral

Data de nacemento: 7/12/83

Traxectoria: Deportivo Razo

Anos na SD Sofan: 4

2006-2007: 6 partidos titular 593 minutos 1 carton amarelo


JUANJO Rey Arijon

Central ou centrocampista

Data de nacemento: 16/11/76

Traxectoria: Bergantiños en categorias inferiores, Golmar

Anos na SD Sofan: 8

2006-2007: 9 partidos titular 767 minutos 1 gol

jueves, diciembre 28, 2006

A SD FICHA A OSCAR "TERMINATOR" SUAREZ

De maneira sorprendente a SD Sofan anunciou na noite de onte a fichaxe de Oscar Suarez, dianteiro do San Lorenzo, para o que resta de tempada. Por cuestions laborales Oscar non estaba entrenando moito co equipo de Verdillo, e a inminente fichaxe dun dianteiro de superior categoria por parte dos de Agustin Elduayen, facilitou a saida do goleador hacia o campo do Carral.

Oscar, que conta con 32 anos na actualidade, xogou toda a vida no San Lorenzo, excepto tres tempadas, nas que formou co Bergantiños, Baio e Cabana, dando en todos estos equipos mostras da sua facilidade realizadora.

Este traspaso escociu moito no clube das Pedreiras, pois era o dianteiro un dos buques insignia do equipo, e nadie esperaba que fora reforzar ó eterno rival. A amizade entre él e o mister da SD Chema foi determinante na toma da decision, así como unhas cantidades economicas que se lle prometeron ó xogador por gol anotado e que faran mais rentable a sua presencia no Sofan. Desexamoslle sorte a Oscar nesta nova etapa, e a ver se non o acompañan pronto xogadores clasicos do San Lorenzo como Manin, Puñal ou Fabian, que nos consta que xa foron tanteados pola directiva da SD

lunes, diciembre 18, 2006

C.D. BAIO 4 - S.D. SOFAN 2

Vaia partido mais extraño o disputado na tarde de onte no Platas Reinoso. Cada equipo avasallou o outro en un periodo, pero foi o Baio o que estivo mais acertado de cara a porteria. Nun dia perfecto para a practica do futbol, e co terreo de xogo en moi bo estado, xogaron:

CD BAIO - Julio,Ramon(Ivan Canosa m. 56), Diego Costa, Santi Bomar, Playa, Juan Ramon, Mario(Pablo Canillas m.69), Fredy, Alberto(Rodri m. 56), Victor Dominguez e Victor Silvarredonda(Felipe m.60)(Chino , m.68).

SD SOFAN - Costa, Pancho(Gustavo m.45), Gende, Varela, José, Cancela(Cristian m.53), Pablo Vazquez, Pizo, Eloy, Bertin(Mutio m.72) e Pabeto(You m 82).


GOLES: 1-0 m. 25 Victor Dominguez 2-0 m.29 Alberto 3-0 m. 36 Victor Silvarredonda 3-1 m. 49 Pizo 3-2 m. 59 Eloy 4-2 m. 88 Victor Dominguez

ARBITRO: José M. Castaño Diaz. Expulsou a Pablo Vazquez por doble amonestacion no m.73, e a Gustavo por roja directa no m.89. Amonestou o Chino por parte local.

Vimos onte un Sofan descoñecido no primeiro tempo, con moitas lagunas no medio campo e na defensa, que permitiron o Baio xogar con comodidade. Victor Dominguez e Alberto crearon moitisimo perigo xogando entre liñas. A SD nunca foi capaz de manter o balón no seu poder, ainda que asustou de principio con un par de contras que non foron capaces de marcar. A partir do primeiro gol do Baio o equipo descompuxose e o Baio xogou a placer. Mario e Fredy roubaban moitos balons e surtian ós dous Victor na punta do ataque. A sua movilidade foi un dolor de cabeza para a defensa local. O 3-0 co que se chegou ó descanso foi producto da efectividade local e da apatia visitante.

No descanso a SD quitou o disfraz de cordero e puxo o de lobo. É xusto decir que se comiu ó Baio no segundo tempo, e dispuxo de sobradas ocasions para darlle a volta ó partido, pero a machada non se produciu. Nada mais comenzar Pizo marcou un golazo de falta directa. Coa entrada de Cristian os centrais do Baio mostraronse desconcertados, e o noso pichichi tivo un man a man con Julio, dos que non soe fallar, pero o porteiro local estivo moi acertado. Foi Eloy pouco despois o que si bateu o gardameta. A partir de ahi o dominio do Sofan foi apabullante, cun Eloy que desbordou unha e outra vez. O equipo atacou en tromba e as ocasions foronse sucedendo, pero unhas veces por mala sorte e outras porque o Baio tamen xoga con porteiro, o empate non chegou. Como era loxico ante o risco que asumiu a SD, o Baio montou algunha contra perigosa, e case acabando o partido Victor Dominguez, moi fino na tarde de onte, resolveu con maestria ante Costa para sentenciar o partido.

domingo, diciembre 10, 2006

UNION CLUB CEE 1 S.D. SOFAN 0
















ALINEACIONS:

UNION CLUB CEE - Barca, Ruben Fiuza, Fermin, Sergio Estevez, Dani Freire, Toni, Carlos Leis, David Toja, Mario Toja( Jorge m. 90), Pablo(Fernando m. 60), Leo(Nando m68).

S.D. SOFAN - Costa, Pancho, José, Gende, Varela, Pizo, Eloy, Pablo Vazquez, Pabeto, Bertin(Pombo m. 66), Marcos Cancela(Mutio m. 62)

ARBITRO: Juan Manuel Varela Villar, sin complicacions.

GOL: 1-0 M.86, Centro bombeado que pilla a Costa fora da porteria e Mario remata de cabeza na mesma linea de gol.


Non mereceu perder hoxe a SD no campo dun dos gallitos da categoria, o Cee. No campo Novo As Raices viuse un equipo ben plantado, que no primeiro tempo lanzou contragolpes moi perigosos e gozou de algunha clara ocasion. O terreo de xogo estaba en algunhas zonas bastante blando e en mal estado. Notouse o partido do mercores co Deportivo da Coruña.

O Cee tivo o dominio do balon durante todo o partido, pero a SD aproveitou a defensa adelantada dos locais para montar algunha contra que mereceron acabar en gol. Pablo Vazquez rematou de volea de maneira magnifica e Barca realizou unha gran parada. Un defensa evitou o gol nunha falta que sacou Pizo moi cerrada. Pabeto retivo ben o balon na zona do ataque, e as incorporacions de homes de segunda linea resultaron moi perigosas. O Cee realizaba un futbol moi predecible, pero solo Mario con uns centros perigosisimos puxo en apretos á zaga visitante.

No segundo tempo o Cee, sabedor da derrota do Zas en Ponteceso, intensificou o seu dominio e encerrou os visitantes na sua area. Ainda así as ocasions non foron excesivamente claras. Costa, que realizou un gran partido, rexeitou un tiro de Toni, e Fernando fallou un man a man. Cando o cero a cero parecia un resultado xusto chegou o gol de Mario, que tirou por terra todo o traballo dos visitantes.

domingo, diciembre 03, 2006

SD SOFAN 0 CARNOTA 1



ALINEACIONS:

SD SOFAN - Dani, Pancho, Gustavo, Gende, Varela, Pizo, José, Pablo Vazquez, You, Eloy e Marcos Cancela

CARNOTA- Luis, Nico, Ivan, Pedro, Sebas, Eli, Marco(Demetrio m.73), Martin, David(Toni m.81), Juanjo(Javi m. 69) e Pablo Beiro

ARBITRO: Alejandro Del Rio Amor, que foi moi protestado. Amonestou a Gustavo, Pablo, e Marcos Cancela por parte local, e a Luis, Nico, Eli e Martin polo Carnota. Expulsou a Gustavo no minuto 89 e a Demetrio no 94

GOL: 1-0 M. 32, Pablo Beiro recibe dentro da area e bate sorprendentemente a Dani polo pao corto.


Nunha tarde desapacible para a practica do futbol caeu derrotado a SD no seu feudo. O campo do Carral estaba encharcadisimo, o que propiciou un partido moi bronco e con escaso futbol. O equipo que aproveitou a sua ocasion levouse o partido.

O primeiro tempo mostrou a un equipo local que nunca encontrou o camiño da porta de Luis, segurisimo toda a tarde. Unicamente nun tiro de falta de Pizo que detivo o porteiro visitante disparou o Sofan entre os tres paos. O Carnota planteou un partido de loita, basado na sua seguridade defensiva e esperando que David ou Juanjo pescaran algun balon en ataque. Pero foi o extremo esquerdo Beiro o que marcou o gol.

No segundo tempo a SD si que dou a talla, peleando cada balon e encerrando ó Carnota na sua area a base de corners e faltas, pero onte non era a tarde dos dianteiros locais. Pablo Vazquez fallou no remate a escasos metros do gol, Cancela estivo moi incisivo por banda e provocou varias situacions de perigo que non acabaron en gol de milagro, Eloy lanzou unha falta que desviou o porteiro visitante de maneira magistral, e Varela disparou alto dende fora da area. Á contra o Carnota forzou algunha xogada de perigo , sobre todo nun penal inventado polo arbitro que detivo Dani. O encontro foi moi bronco no segundo tempo, e cada equipo acabou con dez homes.Unha pena a derrota do Sofan, que levaba unha boa racha na casa. O domingo en Cee haberá que recuperar os puntos perdidos na tarde de hoxe.