viernes, diciembre 28, 2007

SORPRENDENTE TRASPASO DE XOGADORES ENTRE A S.D. E O SAN LORENZO ¡¡¡

O longo do dia de hoxe rubricarase o traspaso do ano no futbol carballes, tras durisimas e tensas negociacions que non chegaron ás mans de milagro. Os xogadores da SD Bertin e Eloy pasarán a formar parte das filas do San Lorenzo de Verdillo, mentres que os medios Pedro Gomez e Manin corretearan o que queda de tempada pola pradeira do Carral.

Ambas directivas mostraron o seu consentimento a unhas negociacions que veñen de lonxe, e así os de Verdillo reforzan a zona do ataque con dous bos goleadores, e a SD incorpora xente consistente para o medio do campo, onde tiña bastantes carencias ata o momento.

En canto a cantidades economicas, Eloy e Bertin percibiran 2.500 € cada un polo que resta de tempada, e un piso en alquiler para compartir, condicion que exigiu Eloy, pois ó saber a nova botarono da casa.

As primeiras declaracions ó respecto fixoas Bertin, que expresou a sua alegria: "Sempre quixen xogar no Verdillo, o Sofan quedabaseme pequeno. No campo do Carral cando collo velocidade sempre acabo chocando co muro do fondo, e ademais a aficion anima tanto que xa teño os timpanos jodidos" Eloy, pola sua parte, ve neste traspaso un adianto na sua prometedora carreira, pois "non é o mesmo ter a Ricardo Serrano de delegado tocandoche os h... todo o dia que a xente seria que ten o San Lorenzo" Ademais, declarou que "tanto churrasco estaba a subirme o colesterol" O que si é fijo é que as mozas dos susodichos seguiran vindo ó Carral, e non se descarta unha ruptura matrimonial, pois é ben sabido que as duas son seguidoras "a muerte" da SD.

Por outra banda, Manin e Pedro non daban credito a esta operacion relampago, xestada na sombra. "Pensei que me ia retirar no Verdillo. Sintome como Albelda" declarou Manin. Pedro, pola sua parte, exigiu á directiva do Sofan o acondicionamiento dunha sala de pesas para manterse en forma, pois ultimamente estabase deixando moito.
Desexamoslle sorte ós catro na sua nova andaina e esperamos que non pase nada raro con estas negociacions NO DIA DE HOXE.

domingo, diciembre 23, 2007

S.D. SOFAN 4 MALPICA SCD 0

Ganou con suficiencia a Sd Sofan ó Malpica na tarde de hoxe no campo do Carral. Con este resultado rompese a mala racha de resultados que tiña a SD cos da vila mariñeira, e ó mesmo tempo reafirmase o bo momento polo que atravesa o equipo de Chema Eiris.

SD SOFAN - José Ramon, Baneira (Gende m. 68), Victor Docampo, Juanjo, Gustavo, Pizo, Adrian (Berti m. 74), Marcial (Cristian m. 63), Bertin (Varela m.74), Suso Docampo (José m. 74) e Eloy.
MALPICA SCD - Toni (Illote m.4), Avelino, Dieguito, Victor, Fariña (Xaba m. 66), Marco (Kike m.38), Charro, Andres, Rodri Sassano, Lema e Elias.

ARBITRO - Baldomar Obelleiro. Amonestou a Cristian por parte local, e a Dieguito e Lema por parte visitante.

GOLES - 1.0 m. 12 Eloy engancha un trallazo dende 20 metros que entra pola escuadra. 2.0 m.27 Centro de Bertín que remata de volea Adrian ó fondo das mallas 3.0 m. 59 Roubo de balon no medio do campo, Bertin arranca coa pelota controlada, supera en velocidade á defensa do Malpica e bate con maestria a Illote. 4.0 m. 72 Eloy controla un balon no borde da area e saca o seu mortifero disparo para cerrar a conta goleadora dos locais.

Partido mais facil do previsto para a SD, contra a sua bestia negra, o Malpica, que na tarde de hoxe non demostrou o porque da sua clasificacion ligueira e viuse claramente superado. Foi un factor clave a tempraneira lesion do guardameta Toni, peza importantisima no equipo de Ramon Esmoris. O golazo de Eloy fixo que os de Sofan se dedicaran a nadar e gardar a roupa, deixandolle a iniciativa do balon ó Malpica, que xogaba con criterio pero sen apenas profundidade. O gol de Adrian clarificou moito o panorama para os locais, pois defensivamente apenas pasaron por apuros.

No segundo tempo viuse mais do mesmo. Tivo Dieguito unha boa ocasion nun lanzamento de falta que dou na cruceta, pero Bertin demostrou estar casado co gol ultimamente, e anotou o terceiro con gran calidade. A sua presencia en ataque foi un quebradeiro de cabeza para Fariña e Victor. A volta de Eloy á alineacion titular tamen foi exitosa, pois anotou dous grandes goles. Co catro cero o Sofan puido anotar algun gol mais, e de feito foille anulado un gol a Varela por incomprensible fora de xogo.

Acaba o ano o Sofan nunha gran 4ª posicion na taboa, que terá que loitar moito no 2008 para manter.

domingo, diciembre 16, 2007

NANTON C.D. 3 S.D. SOFAN 3

Volviuse a mostrar caprichoso coa SD este maravilloso deporte chamado futbol, pero esta vez favorecendo os intereses sofanistas. Nada facia presaxiar o resultado final no minuto 65 cando Luis Giance convertia o penalti co que fora sancionado o Sofan, que supoñia a expulsion de Costa e o 3-0 no marcador. Pero nunha mostra de casta e caracter, a Sd, con Baneira de porteiro, remontou o partido nuns 15 minutos finales electricos, e incluso se puido levar a victoria no ultimo suspiro. Alinearon os equipos a:

NANTON CD - Ernesto (Rizos m.79), Pichel, Diego, Victor Pereira (Marcos m.75), Sito, Victor Amado (Jose m. 62), Javi Peon, Manolo do Cruceiro, Luis, Serra(Felix m. 89) e Carlos Vidal(Adrian m.70).
SD SOFAN - Costa, Baneira, Oscar (Gustavo m.61), Juanjo, Gende (Varela m.66), Pizo, Adrian (Eloy m.66), Bertin, Berti (Cristian m.66), Suso e Victor Docampo (Marcial m.61).

ARBITRO: Baldomar Obelleiro. Amonestou a Victor Pereira e Carlos Vidal por parte local e a Pizo por parte visitante. Expulsou a Costa no minuto 63, e ós xogadores do Nanton Diego (m.72) e Manolo (m.90), este con roja directa.

GOLES: 1.0 m. 23 Carlos Vidal fai un sombreiro a un defensa visitante e engancha unha volea tremenda que se cola pegada ó pao longueiro 2.0 m.39 gran combinacion entre Luis e Manolo e este bate a Costa na sua salida 3.0 m. 65 Luis de penalti 3.1 m.78 Internada de Bertin por banda e Suso remacha na area pequena 3.2 m. 83 Cristian resolve un barullo 3.3 m. 87 Bertin de penalti.

Tarde fria pero moi apropiada para a practica do futbol nas Fontiñas, con moito publico visitante, mais numeroso que o local. Dominou de principio a SD, pero sin crear perigo algun. Si que tivo o Nanton unha clara ocasion nas botas de Luis, que salvou cunha vaselina a Costa na sua salida pero Gende evitou o gol debaixo dos paos. Pouco despois Luis, un autentico pesadelo para a defensa do Sofan, disparou fora, e nestas chegou o primeiro tanto. Eran os mellores momentos locais, que basearon o seu futbo nunha rocosa defensa, con Sito e Victor moi seguros, e nos balons que enviaban a Luis en largo. As chegadas de Carlos, Manolo ou Serra na segunda liña daban moitos problemas á SD. O segundo gol facia xustiza no marcador ó descanso.

No segundo periodo saiu o Sofan con mais brios, e Baneira realizou un gran remate á saida dun corner, pero acto seguido Costa salvou os muebles nunha clarisima opcion de Luis. O penalti e a expulsion de Costa parecian sentenciar o partido, pero de repente viuse un encontro novo. A SD adiantou liñas, arriscou moito na liña defensiva e comenzou a entrar por bandas, con un Bertin pletorico, que serviu os goles, recibiu e marcou o penalti, e cedeulle outro balon a Suso que este estivo a piques de transformar no cuarto da tarde. Juanjo e Eloy na banda dereita fixeron estragos, e a loita e o acerto de Cristian no ataque fixeronse notar. O empate final é un mazazo para o Nanton, que foi merecedor da victoria, pero non tivo a sorte de cara no dia de hoxe.

miércoles, diciembre 12, 2007

RESUMEN DA 1ª VOLTA

Con motivo da chegada do ecuador da competicion vamos a facer un pequeno resumen estadistico dos numeros da SD.

MINUTOS XOGADOS

Juanjo - 1350
Baneira - 1217
Bertin - 1171
Pizo - 1138
Adrian - 1134
Suso Docampo - 1119
Victor Docampo - 1096
Gustavo - 995
Berti - 812
Gende - 787
Jose Ramon - 720
Costa - 630
Varela - 629
Eloy - 590
Cristian - 479
Pancho - 298
Pombo - 225
Oscar - 205
Marcial - 186
José - 35

GOLES

Suso Docampo - 7
Adrian - 6
Pizo, Eloy e Berti - 3
Cristian, Bertin, Baneira e Victor - 2

TARJETAS

Baneira - 7
Gende, Juanjo e Suso - 3
Pancho, Gustavo, Pombo e Adrian - 2
Marcial, Pizo, Victor, Varela, Oscar, Bertin, Cristian e Berti - 1

domingo, diciembre 09, 2007

CORME C.F. 2 S.D. SOFAN 2

Que pouco faltou para que a SD levase hoxe os tres puntos do campo do Cairo. Un gol de Rafa Valiña cando xa se facia de noite fastidiou a verbena ós visitantes, que xogaron un bo partido ainda que tivesen pouco premio. Alinearon os dous equipos a:

CORME CF - Susiño, Diego, Adolfo, Tupa, Lelo, Felipe (Abel m.46), Martin, Rafa Valiña, Iago, Brais (Gonzalo m.74) e Alejandro.
SD SOFAN - Costa, Baneira, Oscar (Marcial m.88), Juanjo, Gende, Pizo, Adrian, Bertin, Berti (Eloy m.83), Suso Docampo e Victor Docampo (Gustavo m.57)

ARBITRO: Daniel Rama Rama. Amonestou a Diego e Rafa Valiña polo Corme, e a Baneira, Gende, Adrian e Pizo polo Sofan

GOLES: 0-1 M.39 Falta ó borde da area que Berti coloca na mismisima escadra de un tremendo zurriagazo. 1-1 m. 70 Costa non acerta a blocar o balon, Iago cede a Rafa Valiña e este iguala o encontro cun tiro esquinado 1-2 m.84 Magnifica xogada entre Adrian e Baneira por banda dereita que acaba con un centro do lateral rematado por Suso de cabeza ás mallas. Un golazo. 2-2 m. 94 Rafa Valiña recibe escorado en banda esquerda e largase un trallazo inapelable que entra por todo o angulo. Outro golazo.

Dia de tormenta en Corme, que como diria o mismo Peman, alternou nubes e claros. Co xogo pasou algo parecido, pois a momentos de moita emocion e intensidade sucederon outros menos vistosos. De todas maneiras os dous conxuntos demostraron o porque da sua clasificacion e ofreceron un bo espectaculo.

A SD mostrouse moi compacta, sen pasar demasiados apuros no primeiro tramo de partido, e enlazando boas xogadas en ataque, con un Suso moi participativo. A primeira ocasion tivoa o mellor home local, Rafa Valiña, que enganchou un tiro dentro da area que saiu fora por pouco. O ex-sofanista foi un pesadelo para os do Carral. Bertin á saida dun corner rematou axustado pero Suso respondeu moi seguro. O gol de Berti mandou o partido en vantaxe para a Sd no medio tempo.

O Corme saiu a por todas no segundo acto. Felipe quedou no vestiario por lesion, pero os xovenes dianteiros cormelans moveronse moi ben e crearon algunha situacion de perigo. Ainda asi a defensa visitante mostrouse segura nos balons aereos e ata o gol do empate non pasara por grandes apuros. Foi a partir da igualada cando se viu a un Corme que si que parecia poder levarse o partido. Pero no tramo final o Sofan, en un par de arreons creou varias xogadas de perigo que remataron co gol de Suso. Eloy tivo pouco despois a sentencia, pero xa se sabe, o que perdoa paga, e o Sofan pagouno caro. O golazo de Valiña cando xa pasaban 5 minutos do tempo regulamentado levou o delirio ás gradas e a decepcion ós afeccionados visitantes.

jueves, diciembre 06, 2007

AQUEL EQUIPO DE XUVENÍS: Temporada 84/85

Iniciamos no dia de hoxe unha serie de articulos cos que tentaremos recuperar o pasado da nosa querida S.D. Xa fai uns anos ten editado a actual directiva uns libros nos que, coa colaboracion do periodista Gustavo Varela, se daba un repaso a temas de actualidade e se recordaban tamen vellas xestas e miticos persoeiros que pasaron polo Carral. Un deses artigos é o que traemos a colación, o referente ó historico equipo de xuvenís que ascendeu á liga Galega e paseou o nome da parroquia polos campos de Galicia adiante. Este texto foi escrito no ano 2003. Disfrutadeo.

P.D. (para leelo con mais claridade basta con pinchar sobre a imaxe e esta xa se amplia sola)

domingo, diciembre 02, 2007

S.D. SOFAN 3 MONTELOURO U.D. 0

Partido completisimo da SD, que desarbolou ó Louro nun excepcional primeiro tempo e se dedicou a administrar a renta no segundo. Moito publico no Carral en tarde fria.

S.D. SOFAN - Costa, Baneira (Pancho m.80), Gustavo (Oscar m.78), Juanjo, Gende, Pizo (Marcial m.80), Adrian, Bertin, Berti, Suso Docampo(Cristian m.73) e Victor Docampo.
MONTELOURO U.D. - Juan Carlos, Cesar, Eloy (Antonio m.46), Gael, Tono, Pulpo (Luis m.46), José Maria, Rico, Piti, Cexo e Edu.

ARBITRO. Borja Sanchez Garcia. Amonestou a Gende e Victor por parte local, e a Cexo, Rico e Antonio por parte visitante. Expulsou a Pancho no minuto 89.

GOLES: 1-0 m.11 Adrian recibe pegado á banda esquerda, recorta e coa dereita engancha un trallazo que entra pola escadra da meta visitante. 2-0 m.40 Combinacion de Suso e Adrian, que cede o balon a Victor e este de magnifica volea bate a Juan Carlos. 3-0 m.76 Adrian pasa o balon en profundidade a David Baneira, este centra e Cristian engancha un dereitazo que se cola pola escadra.

Que magnifico primeiro tempo xogou a SD, impoñendose en todo momento ó Montelouro, creando numerosas ocasions cun futbol moi vertical e mostrandose segurisimo en defensa a pesar de xogar por momentos asumindo bastantes riscos que posibilitaron algunha contra dos visitantes. Sen embargo, foi o Louro quen dou o primeiro susto, nunha falta que golpeou Cexo, rebotou nun home na area e o balon petou no longueiro. Na seguinte xogada foi Adrian o que se presentou solo diante de Juan Carlos e por duas veces non foi capaz de batilo nunha clarisima ocasion. Pero si que acertou a continuacion, anotando o seu habitual gol no Carral, onde ten acostumada á afeccion a tantos de bonita factura. Neste tramo de partido Adrian foi un puñal pola sua banda, apoiandose moi ben en Berti, que completou un grandisimo partido, aguantando o balon con clase e dando fluidez ó xogo ofensivo. Os irmans Docampo combinaron un par de veces con perigo, demostrando gran entendemento entre eles. No minuto 29 anulouselle un gol a Victor de maneira incomprensible por fora de xogo, e pouco despois Juan Carlos respondeu con un paradon a tiro de Suso. A unica ocasion visitante neste tramo de xogo foi unha contra á que respondeu Costa saido presto a cortar a internada de Cexo. O segundo tanto facia xustiza e co 2-0 foronse os equipos ós vestiarios.

O segundo tempo foi de tramite, pois o Louro nunca puido penetrar na telaraña defensiva da SD, e polo contrario os contragolpes locais pecaron de falta de definicion. Costa realizou unha gran parada a tiro de Rico primeiro e a centro de Cexo pouco despois. Berti xogou bordeando o fora de xogo e o colexiado estivo algo riguroso sinalando un par deles. Pizo cansouse de roubar balons no medio do campo e de asistir á zona de ataque. Tivo un gran tiro Berti que saiu fora por pouco, e primeiro Victor e logo Suso non aproveitaron duas boas xogadas do dianteiro. O 3-0 é un resultado xusto, pois hoxe viuse un equipo con fame de victoria dende o primeiro minuto, que non cometeu erros defensivos e que buscou a porteria con ahinco.

domingo, noviembre 25, 2007

ESTEIRANA 1 S.D. SOFAN 3

Gran victoria do Sofan na tarde de hoxe nun campo complicado, que reafirma o bo momento do noso equipo neste final de primeira volta.

ESTEIRANA: Luqui, Chispi, Mingos Pablo, Pepe, Uro, Cajulo, Martin, Aitor (Sergio Varela m.46), Damian (Abel m.64), Kike.
SD SOFAN: Jose Ramon, Baneira (Pancho m.76), Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo, Victor, Marcial (Bertin m.72), Cristian (Berti m.64), Suso e Adrian (Oscar m.76).

ARBITRO: Zas Vazquez, que amonestou a Pepe e Kike pola Esteirana, e a Marcial pola SD

GOLES: 0-1 m 9 Internada por banda de Victor que cede o balon a seu irman e este case sin angulo cruza ante a salida do gardameta 0-2 m. 69 Centro a area, producense uns rexeites e Adrian remata a gol 0-3 m. 80 Suso recibe na frontal da area, recorta e engancha un dereitazo que bica as mallas 1-3 m.87 Falta botada moi cerrada e ante a pasividade da defensa Sergio Varela remata de cabeza e marca

Intentouse adaptar a SD dende un principio ás condicions do terreo de xogo facendo un futbol practico explotando o seu forte, a velocidade en banda e buscando con rapidez a pelea de Cristian e Suso en punta. O tempraneiro gol dou confianza ó equipo, que so pasaba apuros en balons longos á espalda da defensa visitante, buscando sobre todo a Kike, o seu mellor home. Este xogador marrou unha clara ocasion á media hora nun claro remato que saiu alto. O Sofan montou un par de contras con perigo pero faltou definicion ou sobro xenerosidade de cara ó marco rival.

Tentou de correxir a Sd as deficiencias do primero tempo tras o descanso, e a Esteirana solo asomaba en xogadas a balon parado. A defensa estivo contundente e a media moi traballadora, e coa chegada dos goles de Adrian e Suso o partido quedou sentenciado. Jose Ramon sacou un par de mans como en el é habitual, e a SD levouse un importantisimo triunfo nun dificil campo que da moral de cara a vindeiros compromisos

domingo, noviembre 18, 2007

SD SOFAN 1 CAMARIÑAS CF 1

Chegou o inverno a Galicia e con el a auga ó Carral, que aguantou esta tarde unha choiva incesante durante os 90 minutos dun disputado partido que rematou con igualada. Emplearonse a fondo os seguintes homes:

SD SOFAN: Jose Ramon, David Baneira, Gustavo (Oscar m.72), Juanjo, Gende, Pizo, Adrian, Bertin (Marcial m. 89), Cristian, Suso Docampo e Victor Docampo (Berti m. 78).
CAMARIÑAS CF: Marcos, David, Pablo, Valeiro, Nando, Seso, Brais Triñanes, Dario, Pedro, Alex Camean e Tedin

ARBITRO: Manuel Ferreño Presedo, amonestou a Cristian por parte local e a Dario, Pedro e Alex por parte visitante.

GOLES: 0-1 m 26 Gende ó intentar despexar o balon introduceo en propia porta 1-1 m. 88 Suso define con un forte tiro raso un centro dende a esquerda.

Partido de brega nunha tarde incomoda para xogar ó futbol, ainda que todos os xogadores se emplearon con gallardia e brindaron un emocionante encontro os numerosos afeccionados que se xuntaron hoxe en Sofan. Os primeiros minutos foron de tanteo, ainda que os locales sempre levaron a iniciativa, con un Victor Docampo moi incisivo pola banda esquerda. Un par de centros del foron rematados fora, e o propio Victor tivo unha boa ocasion ós 18 minutos. Pouco antes Jose Ramon rechazara un trallazo de Alex Camean. A ocasion mais clara deste primeiro tramo foi para Bertin, que enganchou un dereitazo ó que respondeu ben en dous tempos Marcos. A raiz do desafortunado gol do Camariñas o Sofan tivo uns minutos de titubeo, e Brais primeiro, e sobre todo Pedro, poideron batir a Jose, pero este estivo moi ben toda a tarde..

No segundo tempo a SD foi a por todas e con un futbol moi vertical multiplicou as chegadas á area co Camariñas, ainda que a primeira ocasion clara foi de Brais, salvada por Gende na linea de gol. As chegadas á area eran continuas por parte local, pero os centros paseabanse sen encontrar rematador, e os tiros saian altos ou encontraban a resporta de un seguro Marcos. Nestas chegou a mais clara do Camariñas, con unha gran xogada de Alex á que respondeu Jose Ramon con unha maxistral parada. A partir de aqui o acoso foi total por parte local. Nunha estratexia bertin rematou alto. Unha parede de Suso e Adrian acabou con un trallazo de Baneira que non entrou de milagro nunha das mellores xogadas da tarde. Adrian entraba por banda coma un puñal, e a linea defensiva cortaba todas as contras visitantes con solvencia. Pizo repartia xogo a ambas bandas pero o gol non chegaba. No minuto 73 unha nova estratexia culminou con un tiro de Cristian a rentes do pao. Parecia que o balon non queria entrar na meta visitante, pero non se veu abaixo a SD. Suso tivo unha boa antes do gol do empate, pero o erro inicial compensouno co acerto no gol que fixo xustiza ós meritos dos rojillos e alivio a tarde de sufrimento no graderio.

domingo, noviembre 11, 2007

FISTERRA SD 1 SD SOFAN 1

Xusta igualada a que se produciu hoxe no Ara Solis, entre dous equipos que demostraron o por que do seu equilibrio na taboa clasificatoria, e que se entregaron en dura pugna durante os 90 minutos de xogo. Boa entrada no campo do Fisterra en tarde soleada, os dous equipos alinearon a:

FISTERRA SD: Jose, Rafa, Dani (Jesus m.46), Chula, Manin, Isma, Borja Santos(Borja m.79), Bebeto, Manuel, Roa (Eduardo m.70) e Rodri (Tata, m.46).

SD SOFAN: Jose Ramon, Baneira, Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo, Adrian, Bertin, Cristian (Berti m. 67), Suso e Victor Docampo.

ARBITRO: Daniel Perez Montouto. Amonestou a Rafa, Manin e Manuel por parte local, e a Gende, Suso e Berti pola SD

GOLES: 0-1 m. 39 saque de porta que peira Pizo, toca Suso en profundidade e Cristian bate a Jose na sua salida. 1-1 m. 78 Tata recibe á espalda da defensa visitante en posible fora de xogo e empata a contienda

Mostraronse respeto os dous equipos no inicio e primaron os acertos de ambas defensas. O Fisterra creou perigo en varias xogadas a balon parado buscando a altura de Bebeto, e a Sd montou un par de contras que a piques estiveron de levar un susto á grada. Un corner sacado ó borde da area acabou con un remate de Bertin que se foi alto por pouco. A loita centrabase no medio do campo e as forzas estaban moi igualadas cando chegou o gol de Cristian co que se chegou ó descanso.

O primeiro cuarto de hora da reanudacion seguiu polos mismos derroteros, co Sofan controlando a situacion con solvencia. Pero o Fisterra apretou os dentes e empezou a encerrar ós visitantes na sua area a base de forza. Chegaron as ocasion pouco a pouco, sobre todo un remate clarisimo de cabeza que dou no pao e se paseou pola linea de gol. Pudo matar o partido Berti nun remate a boca de xerro que sacou Jose de milagro, ou nun remate en plancha que se foi fora por pouco, pero acto seguido empataron os verdes, que ainda tiveron algunha ocasion hacia o final.

domingo, noviembre 04, 2007

SD SOFAN 3 CEE 1

Gran victoria a do Sofan na tarde de hoxe ante numeroso publico que se acercou ó Carral a ver como o Cee perdeu momentaneamente o liderato.
SD SOFAN: Jose Ramon, Baneira, Gustavo, Juanjo, Varela (Gende m. 27), Pizo,Victor Docampo, Pombo (Marcial m. 75), Bertin, Suso Docampo (Berti m. 79) e Adrian (Pancho m.87).


UC CEE: Mingos, Ruben Fiuza (Angel Otero m. 75), Julito, Jacobo, Dani Freire, Toni, Fermin, Bibi (Yanki m.46), David, Pioto e Leo.

ARBITRO: Diego Castelo Perez. Amonestou a Pombo e Pancho pola SD, e a Ruben Fiuza, Toni, e Fermin por parte do Cee

GOLES: 0-1 m. 36 Fran Pioto controla un balon largo e saca un disparo axustadisimo ante o que Jose Ramon non pode facer nada. Un golazo. 1-1 m. 41 Pase largo a Bertin que supera a Dani Freire en carreira e bate a Mingos na sua salida. 2-1 m. 72 Adrian recibe un pase largo por encima da adelantada defensa visitante, encara a Mingos e fusilao sin piedade 3-1 m.83 Pase largo de Pizo a Berti, este aguanta ben o balon no borde do area, cede a Victor que entraba en velocidade e o menor dos Docampo sentencia o partido.

Demostrou a SD raza e calidade a partes iguales para levarse o partido contra o lider. Cando peor pintaban as cousas para os locais, que viñan de unha pesima racha de tres derrotas seguidas, sairon á luz as virtudes de un equipo que debe de ir a mais no que resta de primeira volta. Aguantaron ó Cee cun plantexamento defensivo sobrio, e enlazaron perigosas contras que acabaron fulminando a arriscada defensa dos visitantes.

No inicio do partido o Cee parecia querer tomar o mando, pero comprobouse a falta de acoplamento ó reducido terreo de xogo. A defensa local mostrouse segura nos balons aereos e non pasaron por problemas. Pouco a pouco foi a Sd facendose co dominio, e mediado o primeiro tempo producense unhas mans clarisimans dentro da area do Cee que o arbitro non sanciona. O ambiente encrespouse e o xogo fixose algo trabado. Manolin foi expulsado e o espectaculo estaba mais fora do campo que no terreo de xogo. O gol de Pioto animou a cousa, e Bertin soubo responder con prontitude. O empate era xusto no medio tempo.

No segundo periodo o Cee arriscou para lograr a victoria, sacando a Yanki, pero a xogada saiulle mal, pois os locais souberon aproveitarse da adiantada defensa que plantexaron os lideres e continuamente martillearon as espaldas dos centrais. Victor Docampo tivo unha ocasion clarisima nun man a man con Mingos que soubo resolver o bo gardameta, pero no seguinte que tivo con Adrian non puido facer nada. Co marcador a favor os locais mostraronse seguros en defensa, con un Jose Ramon que sacou un par de mans providenciais. Un remate de cabeza de Yanki foi a ocasion mais clara do Cee, e Pizo levou a incertidume á grada con un trallazo dende 30 metros que petou na misma escadra. O gol de Victor foi definitivo e a pesar dos arreons visitantes no tramo final non se moveu o marcador.

domingo, octubre 28, 2007

BAIO 2 SD SOFAN 0

Caeu derrotado a Sd no Platas Reinoso, nun encontro no que o equipo careciu de profundidade, e o Baio cerrou o partido en duas xogadas a balon parado


BAIO - Trucho, Ramon, Santi Bomar, Diego Costa, Cristian, Dario (Diego), Martin (Fermin), Alberto (Adrian), Carliños (Carro), Gaspar (Victor S.) e David Costa




SD SOFAN - Jose Ramon, Victor, Baneira, Juanjo, Gustavo (Pancho m.69), Pizo, Pombo (Marcial m.66), Adrian, Suso, Bertin (Berti m. 75) e Cristian.

ARBITRO: Brea Sanchez, que amonestou a Alberto, Carliños e Adrian polo Baio, e a Baneira, Pombo e Bertin polo Sofan.


GOLES: 1-0 M.21 Corner a favor do Baio, producense unha serie de rexeites e Garpar acerta a meter a punteira para batir a Jose Ramon 2-0 m 39 Indecision da defensa do Sofan da que se aproveita Martin para marcar de volea


Tentou o Sofan levar o peso do partido de inicio mantendo a posesion do balon, pero varios roubos de balon serviron para que o brasileiro Gaspar creara un par de ocasions nos compases iniciales. A SD tocaba con criterio pero no lle creaba perigo a Trucho, e nestas chegou o gol inicial do ariete Gaspar, moi oportuno ó rematar un balon morto na area. O Sofan tivo un par de xogadas a balon parado, pero o porteiro Verdilles do Baio pasou no dia de hoxe unha tarde tranquila. Unhas posibles mans de Santi Bomar na area local provocaron as protestas dos visitantes, e a pouco do descanso Martin sentenciou a contienda.


O segundo tempo foi un tramite, pois nin os visitantes puideron crear ocasions, nin os locais quixeron forzar a maquina. O Sofan arriscou adiantando as suas liñas pero un Baio moi ordenado non pasou problemas defensivos, e lanzou algunha contra meritoria, pero hoxe non foi un dia de bo futbol en Baio, onde o equipo local se fixo cos tres puntos con un futbol moi practico.

domingo, octubre 21, 2007

SD SOFAN 2 MUROS 3

Segunda derrota consecutiva da SD, a primeira en casa no que vai de ano, nunha tarde moi afortunada do conxunto muradan, que sen expoñer practicamente nada levouse os tres puntos.

SD SOFAN - Costa, Victor Docampo (Gende m.88), Gustavo, Juanjo, Varela, Bertin, Suso Docampo, Pizo, Berti (Cristian m.61), Eloy e Adrian (Pombo m.46)
MUROS SD - Naso, Fran (Dani m.74), Gabriel (Abel m.86), Mallu, Maikel, Aaron, Adan (Xurxo m.60), Gelo (Alex m.80), Jarondo(Maxi m.49), Varo, Brais

ARBITRO - Borja Sanchez Garcia, que amonestou a Juanjo por parte local e a Naso, Fran, Gabriel e Aaron por parte do Muros.

GOLES - 1-0 m.21 Adrian recibe un balon en profundidade de Suso e bate a Naso 1-1 m. 30 balon que sale claramente fora do campo, é rebañado por Jarondo e Brais chegando dende atras establece o empate 1-2 m. 38 Falta bombeada á area local que peina Varela e introduce o balon na sua porteria 2-2 m. 60 penalti cometido sobre Eloy que transforma él mesmo 2-3 m. 72 remate frouxo de Gelo que se lle escapa a Costa das mans e introducese mansamente na porteria local.

Tarde moi calurosa no Carral, con numeroso publico nas bancadas. No primeiro tempo o partido foi de claro dominio local, que tras un inicio algo dubitativo tomou as riendas do xogo, entrando moi ben por bandas e disparando numerosas veces sobre a porta de Naso, pero unhas veces a defensa e outras a falta de punteria local impediron o gol. Ainda asi co tanto de Adrian faciase xustiza. Pero un erro de apreciacion do colexiado doulle en bandexa o empate ó Muros, e a pouco do descanso o gol en propia meta puxo ós muradans por diante, resultado que lles dou alas para afrontar o segundo tempo moi encerrados na sua area.

O acoso local foi incesante, con un futbol de calidade que acabou no empate de Eloy. Parecia que os locales se ian a levar o partido pero un novo erro doulle o gol a Gelo. O posterior acoso a base de balons largos foi infructuoso, e a pesar de merodear a area do Muros, o gol do empate non chegou.

domingo, octubre 14, 2007

CASTRIZ CF 3 SD SOFAN 0

Clara derrota da SD no campo de San Pedro ante un Castriz moi forte no seu terreo de xogo que se levou o partido con xustiza. Bastantes seguidores visitantes na bancada. O Sofan vestiu de blanco por coincidencia de colores entre ambas camisetas.

CASTRIZ CF - David, Martin (Javier m.71), Toniño, Alex, Roberto, Jota, Sebas (David Brenlla m.51), Luis, Ancho (Bruno m.68), Cesar (Moro m.65) e Suso (Jesus m. 48)
SD SOFAN - Costa, Baneira, Gustavo, Juanjo, Gende (Pancho m.15), Varela, Adrian (Victor Docampo m.65), Bertin (Marcial m.72), Berti (Cristian m.51), Suso Docampo e Eloy

ARBITRO: Javier Serrano Castro, amonestou a Baneira polo Sofan, co que se perderá o seguinte partido contra o Muros no Carral.

GOLES: 1-0 m. 40 Luis engancha un zurdazo dende fora da area que entra pola escuadra 2-0 m.66 Perdida de balon no medio campo da SD, o balon chega ó segundo pao onde entre David Brenlla e Gustavo introducen o esferico 3-0 m. 76 Toniño á saida dun corner.

Non puido impoñer o seu futbol a SD en ningun momento e viuse superada pola contundencia e a claridade de ideas do equipo local. O primeiro cuarto de hora foi do Sofan, que lanzou un par de faltas ó borde da area, e Adrian tivo unha boa ocasion diante de David, pero non chegou por pouco. Os 15 minutos tivo que ser retirado Gende con un corte na ceja e a partir de ahi o Castriz adueñouse do mediocampo, e comenzaron a servirlle balons a Ancho, moi perigoso toda a tarde. Costa salvou un par de man a man, e un remate do dianteiro saiu lamendo o pao. Jota puido facer o seu futbol, e en defensa os locales mostrabanse inexpugnables. O gol de Luis facia xustiza.
No segundo acto a SD nunca foi capaz de rasear a pelota con criterio. O futbol foi moi directo e nese terreno o Castriz movese como peixe na auga. O segundo gol matou o partido, e a partir de ahi foi un deixar pasar os minutos ata a conclusion do choque. En ningun momento os dianteiros visitantes recibiron balons en condicions e así é moi dificil marcar un gol. O domingo visitaranos o Muros e teremos a oportunidade de resarcirnos.

sábado, octubre 13, 2007