domingo, noviembre 25, 2007

ESTEIRANA 1 S.D. SOFAN 3

Gran victoria do Sofan na tarde de hoxe nun campo complicado, que reafirma o bo momento do noso equipo neste final de primeira volta.

ESTEIRANA: Luqui, Chispi, Mingos Pablo, Pepe, Uro, Cajulo, Martin, Aitor (Sergio Varela m.46), Damian (Abel m.64), Kike.
SD SOFAN: Jose Ramon, Baneira (Pancho m.76), Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo, Victor, Marcial (Bertin m.72), Cristian (Berti m.64), Suso e Adrian (Oscar m.76).

ARBITRO: Zas Vazquez, que amonestou a Pepe e Kike pola Esteirana, e a Marcial pola SD

GOLES: 0-1 m 9 Internada por banda de Victor que cede o balon a seu irman e este case sin angulo cruza ante a salida do gardameta 0-2 m. 69 Centro a area, producense uns rexeites e Adrian remata a gol 0-3 m. 80 Suso recibe na frontal da area, recorta e engancha un dereitazo que bica as mallas 1-3 m.87 Falta botada moi cerrada e ante a pasividade da defensa Sergio Varela remata de cabeza e marca

Intentouse adaptar a SD dende un principio ás condicions do terreo de xogo facendo un futbol practico explotando o seu forte, a velocidade en banda e buscando con rapidez a pelea de Cristian e Suso en punta. O tempraneiro gol dou confianza ó equipo, que so pasaba apuros en balons longos á espalda da defensa visitante, buscando sobre todo a Kike, o seu mellor home. Este xogador marrou unha clara ocasion á media hora nun claro remato que saiu alto. O Sofan montou un par de contras con perigo pero faltou definicion ou sobro xenerosidade de cara ó marco rival.

Tentou de correxir a Sd as deficiencias do primero tempo tras o descanso, e a Esteirana solo asomaba en xogadas a balon parado. A defensa estivo contundente e a media moi traballadora, e coa chegada dos goles de Adrian e Suso o partido quedou sentenciado. Jose Ramon sacou un par de mans como en el é habitual, e a SD levouse un importantisimo triunfo nun dificil campo que da moral de cara a vindeiros compromisos

domingo, noviembre 18, 2007

SD SOFAN 1 CAMARIÑAS CF 1

Chegou o inverno a Galicia e con el a auga ó Carral, que aguantou esta tarde unha choiva incesante durante os 90 minutos dun disputado partido que rematou con igualada. Emplearonse a fondo os seguintes homes:

SD SOFAN: Jose Ramon, David Baneira, Gustavo (Oscar m.72), Juanjo, Gende, Pizo, Adrian, Bertin (Marcial m. 89), Cristian, Suso Docampo e Victor Docampo (Berti m. 78).
CAMARIÑAS CF: Marcos, David, Pablo, Valeiro, Nando, Seso, Brais Triñanes, Dario, Pedro, Alex Camean e Tedin

ARBITRO: Manuel Ferreño Presedo, amonestou a Cristian por parte local e a Dario, Pedro e Alex por parte visitante.

GOLES: 0-1 m 26 Gende ó intentar despexar o balon introduceo en propia porta 1-1 m. 88 Suso define con un forte tiro raso un centro dende a esquerda.

Partido de brega nunha tarde incomoda para xogar ó futbol, ainda que todos os xogadores se emplearon con gallardia e brindaron un emocionante encontro os numerosos afeccionados que se xuntaron hoxe en Sofan. Os primeiros minutos foron de tanteo, ainda que os locales sempre levaron a iniciativa, con un Victor Docampo moi incisivo pola banda esquerda. Un par de centros del foron rematados fora, e o propio Victor tivo unha boa ocasion ós 18 minutos. Pouco antes Jose Ramon rechazara un trallazo de Alex Camean. A ocasion mais clara deste primeiro tramo foi para Bertin, que enganchou un dereitazo ó que respondeu ben en dous tempos Marcos. A raiz do desafortunado gol do Camariñas o Sofan tivo uns minutos de titubeo, e Brais primeiro, e sobre todo Pedro, poideron batir a Jose, pero este estivo moi ben toda a tarde..

No segundo tempo a SD foi a por todas e con un futbol moi vertical multiplicou as chegadas á area co Camariñas, ainda que a primeira ocasion clara foi de Brais, salvada por Gende na linea de gol. As chegadas á area eran continuas por parte local, pero os centros paseabanse sen encontrar rematador, e os tiros saian altos ou encontraban a resporta de un seguro Marcos. Nestas chegou a mais clara do Camariñas, con unha gran xogada de Alex á que respondeu Jose Ramon con unha maxistral parada. A partir de aqui o acoso foi total por parte local. Nunha estratexia bertin rematou alto. Unha parede de Suso e Adrian acabou con un trallazo de Baneira que non entrou de milagro nunha das mellores xogadas da tarde. Adrian entraba por banda coma un puñal, e a linea defensiva cortaba todas as contras visitantes con solvencia. Pizo repartia xogo a ambas bandas pero o gol non chegaba. No minuto 73 unha nova estratexia culminou con un tiro de Cristian a rentes do pao. Parecia que o balon non queria entrar na meta visitante, pero non se veu abaixo a SD. Suso tivo unha boa antes do gol do empate, pero o erro inicial compensouno co acerto no gol que fixo xustiza ós meritos dos rojillos e alivio a tarde de sufrimento no graderio.

domingo, noviembre 11, 2007

FISTERRA SD 1 SD SOFAN 1

Xusta igualada a que se produciu hoxe no Ara Solis, entre dous equipos que demostraron o por que do seu equilibrio na taboa clasificatoria, e que se entregaron en dura pugna durante os 90 minutos de xogo. Boa entrada no campo do Fisterra en tarde soleada, os dous equipos alinearon a:

FISTERRA SD: Jose, Rafa, Dani (Jesus m.46), Chula, Manin, Isma, Borja Santos(Borja m.79), Bebeto, Manuel, Roa (Eduardo m.70) e Rodri (Tata, m.46).

SD SOFAN: Jose Ramon, Baneira, Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo, Adrian, Bertin, Cristian (Berti m. 67), Suso e Victor Docampo.

ARBITRO: Daniel Perez Montouto. Amonestou a Rafa, Manin e Manuel por parte local, e a Gende, Suso e Berti pola SD

GOLES: 0-1 m. 39 saque de porta que peira Pizo, toca Suso en profundidade e Cristian bate a Jose na sua salida. 1-1 m. 78 Tata recibe á espalda da defensa visitante en posible fora de xogo e empata a contienda

Mostraronse respeto os dous equipos no inicio e primaron os acertos de ambas defensas. O Fisterra creou perigo en varias xogadas a balon parado buscando a altura de Bebeto, e a Sd montou un par de contras que a piques estiveron de levar un susto á grada. Un corner sacado ó borde da area acabou con un remate de Bertin que se foi alto por pouco. A loita centrabase no medio do campo e as forzas estaban moi igualadas cando chegou o gol de Cristian co que se chegou ó descanso.

O primeiro cuarto de hora da reanudacion seguiu polos mismos derroteros, co Sofan controlando a situacion con solvencia. Pero o Fisterra apretou os dentes e empezou a encerrar ós visitantes na sua area a base de forza. Chegaron as ocasion pouco a pouco, sobre todo un remate clarisimo de cabeza que dou no pao e se paseou pola linea de gol. Pudo matar o partido Berti nun remate a boca de xerro que sacou Jose de milagro, ou nun remate en plancha que se foi fora por pouco, pero acto seguido empataron os verdes, que ainda tiveron algunha ocasion hacia o final.

domingo, noviembre 04, 2007

SD SOFAN 3 CEE 1

Gran victoria a do Sofan na tarde de hoxe ante numeroso publico que se acercou ó Carral a ver como o Cee perdeu momentaneamente o liderato.
SD SOFAN: Jose Ramon, Baneira, Gustavo, Juanjo, Varela (Gende m. 27), Pizo,Victor Docampo, Pombo (Marcial m. 75), Bertin, Suso Docampo (Berti m. 79) e Adrian (Pancho m.87).


UC CEE: Mingos, Ruben Fiuza (Angel Otero m. 75), Julito, Jacobo, Dani Freire, Toni, Fermin, Bibi (Yanki m.46), David, Pioto e Leo.

ARBITRO: Diego Castelo Perez. Amonestou a Pombo e Pancho pola SD, e a Ruben Fiuza, Toni, e Fermin por parte do Cee

GOLES: 0-1 m. 36 Fran Pioto controla un balon largo e saca un disparo axustadisimo ante o que Jose Ramon non pode facer nada. Un golazo. 1-1 m. 41 Pase largo a Bertin que supera a Dani Freire en carreira e bate a Mingos na sua salida. 2-1 m. 72 Adrian recibe un pase largo por encima da adelantada defensa visitante, encara a Mingos e fusilao sin piedade 3-1 m.83 Pase largo de Pizo a Berti, este aguanta ben o balon no borde do area, cede a Victor que entraba en velocidade e o menor dos Docampo sentencia o partido.

Demostrou a SD raza e calidade a partes iguales para levarse o partido contra o lider. Cando peor pintaban as cousas para os locais, que viñan de unha pesima racha de tres derrotas seguidas, sairon á luz as virtudes de un equipo que debe de ir a mais no que resta de primeira volta. Aguantaron ó Cee cun plantexamento defensivo sobrio, e enlazaron perigosas contras que acabaron fulminando a arriscada defensa dos visitantes.

No inicio do partido o Cee parecia querer tomar o mando, pero comprobouse a falta de acoplamento ó reducido terreo de xogo. A defensa local mostrouse segura nos balons aereos e non pasaron por problemas. Pouco a pouco foi a Sd facendose co dominio, e mediado o primeiro tempo producense unhas mans clarisimans dentro da area do Cee que o arbitro non sanciona. O ambiente encrespouse e o xogo fixose algo trabado. Manolin foi expulsado e o espectaculo estaba mais fora do campo que no terreo de xogo. O gol de Pioto animou a cousa, e Bertin soubo responder con prontitude. O empate era xusto no medio tempo.

No segundo periodo o Cee arriscou para lograr a victoria, sacando a Yanki, pero a xogada saiulle mal, pois os locais souberon aproveitarse da adiantada defensa que plantexaron os lideres e continuamente martillearon as espaldas dos centrais. Victor Docampo tivo unha ocasion clarisima nun man a man con Mingos que soubo resolver o bo gardameta, pero no seguinte que tivo con Adrian non puido facer nada. Co marcador a favor os locais mostraronse seguros en defensa, con un Jose Ramon que sacou un par de mans providenciais. Un remate de cabeza de Yanki foi a ocasion mais clara do Cee, e Pizo levou a incertidume á grada con un trallazo dende 30 metros que petou na misma escadra. O gol de Victor foi definitivo e a pesar dos arreons visitantes no tramo final non se moveu o marcador.