lunes, julio 25, 2011

PRESENTACIÓN DA S.D. SOFAN



Presentouse o viernes pasado a Sd Sofan 2011/2012 nun acto no campo do Carral. O plantel, que este ano ten a novedade no banquiño do tandem Vicente Garcia - Jesus Miniño, xa leva un par de sesións de adestramento con vistas a prepararse da mellor maneira posible para a tempada tan intensa que se aveciña.

Para iso confeccionouse un calendario exigente de pretemporada, que é o que segue:

30 de julio: San Martiño - S.d. Sofan

6 de agosto: S.d. Sofán - Club do Mar. TROFEO DAS FESTAS DE SOFÁN

9 de agosto: Laracha - S.d. Sofán partido sen confirmar

14 de agosto: Dena, de Sanxenxo - S.d. Sofán

21 de agosto: Torneo de Ponteceso - Ponteceso, Corme, Laxe e S.d. Sofán.

27 de agosto: Cabana - S.d. Sofán.


DATOS DO CLUBE:

ANO DE FUNDACION - 1979
PRESUPOSTO - 20.500 €
SOCIOS - 517
CAMPO DO CARRAL


O plantel que afrontará a categoría de 2ª autonómica este ano é o composto por:

PORTEIROS:

Jose R. Rodriguez Fariña. 23 anos.5ª tempada no clube.

Richard Cotelo Vilanova. 28 anos. 1º ano no clube. Procede do Paiosaco.

Carlos Tojeiro Doldan. 37 anos. 4 ª tempada no clube.

DEFENSAS:

Ivan Rey Calviño. 20 anos. 1ª tempada no clube. Procede do San Lorenzo.

David Velo Garcia. 30 anos. 1ª tempada no clube. Procede do Ponteceso.

Juan Jose Rabuñal Diaz. 36 anos. 2ª tempada no clube.

Roberto Souto Garcia. 29 anos. 3ª tempada no clube.

Juanjo Rey Arijon. 34 anos. 14ª tempada no clube.

Marcos Gende Periscal. 29 anos. 6ª tempada no clube.

Gustavo Eiris Becerra. 29 anos. 14ª tempada no clube.

Diego Fernandez Santos. 27 anos. 4º ano na sd.

CENTROCAMPISTAS:

Jose Antonio Gesto Regueiro, Aleman. 28 anos. 3º ano na sd.

Jose Alberto Pensado Eiroa. 34 anos. 3º ano na sd.

David Arijón Vigo, Pizo. 27 anos. 6º ano na sd.

Eloy Boedo Novo. 19 anos. 1º ano no clube. Procede do At. Arteixo.

Mario Casal
Rellan. 30 anos. 4º ano na sd.

Adrian Garcia Varela. 24 anos. 5º ano na sd.

Victor Docampo Blanco. 30 anos. 11º ano na sd. Volve o clube tras un ano sin xogar.

DIANTEIROS:

Suso Docampo Blanco. 32 anos. 12º ano na sd.

Edu Miranda Torrecilla. 19 anos. 1º ano na sd. Procede do Laracha.

David Pensado. 26 anos. 2º ano na sd.

Jacobo Boedo Novo. 26 anos. 3º ano na sd.

Abel Souto Cores. 22 anos. 3º ano na sd. Volve ó clube porcedente do At. Arteixo.

Albeto Lorenzo Suarez, Berti. 26 anos. 5º ano na sd. Volve ó clube procedente do Buño.

viernes, julio 22, 2011

BERTIN DESPIDESE DA AFECCIÓN TRAS FIRMAR NO CLUB DO MAR

Bertin Abelenda Cabeza deixou a Sd. Despois de 6 anos dandoo todo polas cores vermellas do clube presidido por Liso Docampo, o xogador sucumbiu a unha poderosa oferta económica presentada polo Club do mar, que apostou moi forte polo xogador, e conqueriu levalo para xogar ó lado de Repi, Vituco e cia este ano.

¿por que decidiches unirte ó proxecto do club do mar?

bueno decidinme a ir porque me presentaron un gran proxecto e ilusionante pa esta tempada,ademais do interes que mostrou repi en que fora unirme ali con eles.

¿que esperas desta tempada nun novo equipo tras 6 anos na sd sofan?

espero conseguir facer unha boa tempada e cumplir os objetivos que marquen desde a directiva,ademais de facer novas amistades que realmente e o bonito que ten o futbol.

¿que deixas atras ó marcharte da sd?

pois deixo moitas amistades,moitos momentos bos.

¿cales foron os mellores recordos destos 6 anos en sofan?

mellores momentos,bueno eu diria que todos os partidos que ganamos porque son realmente dos que te acordas mais

¿como ves a liga da costa este ano, quen son os favoritos para ti?

bueno, pois mais ou menos os equipos do ano pasado,camariñas,sofan,castriz,club do mar,muros.......

¿que lle queres decir a aficion, directiva e xogadores da sd, que van a sentir moito a tua marcha?

darlle as gracias a todos,tanto directiva e aficion por portarse tan ben,e os compañeiros, que son os mellores...

lunes, julio 18, 2011

Charla ós empresarios da parroquia.




O pasado viernes reuníronse no Centro Social de Sofán os directivos da Sd cos empresarios da parroquia de Sofán. Unhas 40 persoas asistiron á charla impartida por Marcos Gende e Manuel Varela na que se lles explicou ás empresas que apoian de maneira incondicional ó clube os logros conqueridos estes últimos anos e o camiño que se pretende seguir na tempada que se iniciará en breve. O Concello de Carballo estivo tamen representado polo concelleiro de deportes Marcos Trigo.




O centro e punto mais importante da charla foron os proxectos inmediatos que ten que afrontar a Sd, como son seguir traballando na mellora da instalación deportiva do Carral, e a creación de equipos de categorías inferiores. A directiva sofanista solicitou un esforzo ós empresarios nesta época de tan dificiles circunstancias económicas.






O mesmo tempo informouse coa total aprobación da xente alí presente sobre a continuidade da politica de amateurismo deportivo, pois non se invertirá un euro no pago a xogadores para que se incorporen ó clube, senon que o pouco ou moito que se conquira estará destinado á mellora dos servicios e infraestructura do clube, como se ven facendo os ultimos 14 anos.




Os asistentes departiron agradablemente por ultimo diante de un viño e uns pinchos que ofreceu o clube. Agradecer dende estas liñas o apoio dos nosos patrocinadores, pois sin eles e sin a nosa masa social non poderíamos seguir adiante con esta bonita aventura.

lunes, julio 11, 2011

Dous homes para a banda dereita: David Velo e Ivan Rey



Presentáronse o pasado viernes no campo do Carral duas novas incorporacións da Sd para a tempada 2011/2012. Tratase de David Velo e Ivan Rey, dous polivalentes xogadores que veñen a reforzar a banda dereita do equipo de Vicente Garcia.



Ivan Rey, oriundo de Sofán, é unha vella obsesión do equipo presidido por Liso Docampo. De familia moi ligada ó clube, o rapaz de 20 anos chega ó clube da súa parroquia despois de formar toda a súa vida deportiva nas categorias inferiores do Bergantiños, onde se mostrou como un dos xogadores mais prometedores das últimas remesas de futbolistas de Carballo. A última tempada formou cedido no clube veciño o San Lorenzo de Verdillo, mostrando a súa calidade polos campos da costa. Ivan xoga tanto de lateral como de interior dereito, explotando as suas grandes virtudes, a calidade e a velocidade. O corpo técnico ten grandes esperanzas depositadas na súa explosión como xogador verdadeiramente importante na liga.



Cerra así a Sd a buscada renovación en idade do plantel, coa contratación de tres xovenes valores, Edu - que xa disputou os ultimos partidos da campaña pasada- , Eloy Boedo e Ivan Rey. Entre os tres non suman mais que 58 anos de idade e supoñen o futuro do clube, no que esperamos que disputen moitos partidos a partires de agora.



David Velo, de 29 anos, ven a reforzar o posto de lateral dereito, algo coxo de efectivos a tempada pasada. O xogador, con amplia traxectoria na liga da Costa, distinguese polas suas cualidades defensivas e a polivalencia, pois pode actuar incluso no centro da defensa ou no centro do campo. Ven de celebrar o título de campion da Liga da Costa co Ponteceso. O xogador iniciouse naquel gran Cabana de Jose Antonio Cambon, subcampion de liga e copa, para pasar o Cerqueda, despuntou pronto para ir o onteceso e despois disputar unha liga en 1ª autonómica co San Lorenzo. O San Cristobal coruñés foi o seu outro clube antes de recalar no Carral.

miércoles, julio 06, 2011

INAUGURACIÓN DO BAR XUVENTUDE, LOCAL TEMÁTICO DA S.D. SOFAN



Este viernes pola noite é a reapertura do BAR XUVENTUDE, local carismático na parroquia de Sofán. O seu dono, Juan, pretende darlle un xiro diferente ó local, e situará unha zona dedicada á S.D. SOFAN, con fotos, recortes de prensa e recordos varios de todas as épocas da historia do clube. Convertirase o local a bo seguro en punto de reunión dos afeccionados e xogadores sofanistas, no que compartir unhas bebidas espirituosas mentras se fala de fútbol e outros temas diversos. Todos os que simpaticen coa SD quedan invitados á inauguración.

viernes, julio 01, 2011

ELOY BOEDO convirtese na 2ª fichaxe da Sd para a proxima campaña



Ven de firmar o seu compromiso coa Sd Sofán o xogador arteixán Eloy Boedo. O rapaz, nacido o 6/11/91, conta por tanto con 19 anos. Desenrolou toda a súa carreira deportiva no At. Arteixo, clube polo que pasou por todos os equipos de categorías inferiores, ata chegar ó primeiro equipo, no que estivo o ano pasado, ainda que disputou a maioría da tempada no conxunto B arteixán.



Eloy ven a reforzar o centro do campo sofanista. É un xogador poderoso fisicamente, de gran recorrido e cunha nada despreciable calidade técnica. Forma parte a súa adquisición do proceso de renovación no que está inmerso a Sd, tentando de introducir talentosos futbolístas xovenes con amplio marxen de progresión, para complementar ó compacto grupo xa formado de anos atras.



A directiva dalle a benvida ó xogador e desexalle todos os éxitos posibles no seu novo clube.