martes, febrero 26, 2008

NOTICIA DE INTERES PARA O SD SOFAN - FISTERRA DO DOMINGO

Aparecido hoxe na La Voz de Galicia:

"Los futbolistas fisterráns Antonio Canosa López, Guardiola , y Luis Manuel Lado Insua, Mané , realizarán hoy su primer entrenamiento con el Dumbría y formalizarán su fichaje.
La presencia del centrocampista Guardiola y del delantero Mané el domingo en el encuentro en el que el conjunto de Floreal derrotó al Silleda (2-1) hacía presagiar sus inminentes incorporaciones.
La directiva del Fisterra, que preside Quico Benlloch, no aceptó de muy buen grado las contratación de ambos futbolistas. El mandatario fisterrán comentó sobre el tema: «Non estou de acordo coa forma de actuar do Dumbría. O lóxico e falar de clube a clube» y aclaró: «É moi fácil poñerlle o bombón na boca aos xogadores. O que si teño moi claro é que ningún xogador estará contra súa vontade no Fisterra»."

domingo, febrero 24, 2008

U.C.CEE 4 S.D. SOFAN 0


Derrota excesivamente amplia da SD no novo As Raices, nun partido moi condicionado pola expulsionde Baneira no min. 34 e o penalti marrado por Suso Docampo un pouco antes. Dia soleado, con pouco publico nas bancadas e terreo e xogo en perfecto estado.

UC CEE: Mingos, Fiuza, Julito, Nico, Freire, Toni, Carlos Leis (Fernando m.72), Bibi (Jacobo m.80), Pioto (David m.60), Yanqui e Leo (Fermin m.77)
SD SOFAN: Costa, Victor Docampo, Oscar (Jose m.60), Juanjo, Gende (Varela m.66), Pizo, Adrian, Baneira, Cristian (Berti m.64), Suso Docampo e Eloy (Pombo m.52)

ARBITRO: Amor Vazquez, que amonestou a Mingos, Leis e Yanqui por parte do Cee. Expulsou a David Baneira no min. 34 por doble amonestacion, e a Jose no min. 88 con vermella directa.

GOLES: 1-0 m.4 Leo revolvese no borde da area e engancha un gran lanzamento que entra axustado ó pao dereito de Costa 2-0 m.42 Xogada combinativa da dianteira do Cee que culmina Yanqui tras pase de Toni 3-0 m.82 Toni arranca en presumible fora de xogo e cede o gol xentilmente a Fermin que anota a porta vacia 4-0 m.87 Nova xogada de Toni por banda esquerda que remata con un centro introducido por Yanqui na porta da SD

Saiu mandón o Cee, e xa antes do gol rematara un par de veces a porta. Co 1-0 a SD comenzou a tomarlle o pulso ó partido, e aproveitando a defensa adiantada do Cee creouselle perigo ós locais. Adrian entraba moi ben por banda dereita e Suso marrou un par de claras ocasions diante de Mingos, que estivo moi ben toda a tarde. No min. 27 veu a xogada clave do partido, pois un penalti sinalado por derribo de Mingos a Suso non foi transformado polo capitan da SD. Pouco despois veu a expulsion de Baneira, e si é dificil ganarlle ó Cee con 11, moito mais é con 10 xogadores. Yanqui, que xogou un bo partido anotou o 2-0 e con el fomos ó descanso.

No segundo tempo intentouno a SD, pero non era sinxelo chegar á meta contraria. Tivo Pombo unha boa ocasion, pero pouco despois este xogador lesionouse cos cambios xa realizados, e o Sofan viuse obrigado a xogar con 9 homes. Os ocos na defensa multiplicaronse e a pesar de que os rojillos puxeron voluntad e ganas non poideron evitar os dous goles postreiros. Coa expulsion de Jose a Sd acabou con 8 xogadores sobre o campo sen poder facer mais que manter a pelota no seu poder ata que rematase o partido.

viernes, febrero 22, 2008

BAIXAS PARA O U.C. CEE - S.D. SOFAN



Duas baixas, unha por cada bando, son as que haberá o domingo no campo Novo As Raices de Cee no apaixoante Cee-Sofan. Por parte local o zurdo Josiño cumple ciclo de amonestacions, e por parte da SD o atacante Bertin foi expulsado o domingo pasado, polo que non poderá expotar a sua velocidade no amplio terreo de xogo ceense.

A SD desplazase a Cee coa intencion de que o clube local non cante o aliron esta semana, e asi de paso asegurarse a salvación, tan cara este ano. Recordar que en 1ª rexional os descensos directos esta tempada son 4, ademais dos posibles arrastres producidos por descensos de superiores categorias. Neste intre, tanto San lorenzo como Dumbria descenderían a 2ª rexional, co cal Esteirana e Malpica fariano a 3ª. O Malpica ten 28 puntos, e a SD 33, polo que non temos a salvacion asegurada nin moito menos, e haberá que seguir loitando por ela.

domingo, febrero 17, 2008

SD SOFAN 2 CD BAIO 0

Victoria balsamica da Sd ante o Baio na tarde de hoxe, nun partido parexo, condicionado polas numerosas baixas en ambos planteis, e no que o Sofan fixo alarde dunha gran pegada no segundo tempo.

SD SOFAN: Costa, Victor, Oscar, Juanjo, Gende, Bertin, Eloy, Marcial (Pombo m.89), Cristian (Jose m.78), Suso Docampo(Berti m.88) e Adrian (Pizo m.84).
CD BAIO: Poli, Fermin, Cristian, Diego Diaz (Santi m.66), Diego Costa, Sergio Pensado, David Costa, Adrian, Jacobo, Mario e Diego Suarez (Ivan m.77).

ARBITRO: Baldomar Obelleiro, que amonestou a Gende pola Sd e a David Costa, Jacobo e Mario polo Baio. Expulsou a Bertin no m.77 por doble amonestacion.

GOLES: 1-0 m.65 Balon en profundidade de Adrian a Bertin, e este define polo pao corto ante a saida de Poli. 2-0 m.71 gran combinacion do ataque sofanista, Suso cede a Adrian, este a Victor que o desdobla por banda, o menor dos Docampo saca un centro medido e Cristian remata de cabeza de maneira impecable ó fondo das mallas. Golazo.

Foi moi igualado o primeiro periodo, froito do respeto e coñecemento mutuo que se teñen ambos equipos. O centrocampismo foi a nota predominante e apenas se viron ocasions de gol. Reclamouse un posible penalti de Gende a David Costa ó pouco de comenzar, pero Baldomar non quixo saber nada desa xogada. A pouco do descanso un trallazo de Adrian dende a liña do trecuartista (que dirian os italianos) pasou rozando o longueiro da porteria de Costa. Co aburrimento xeral chegouse ó tempo de lecer.

Foi un pouco mais animado o segundo acto. Ós 10 minutos un balon colgado a Suso resolveo Poli cun claro empurron ó capitan da SD, que o colexiado interpreta de maneira sorprendente como falta do dianteiro. Pouco despois outro balon aereo colgado por Gende escapaselle a Poli, caendolle a Eloy, que en posicion clara para marcar, entretense un pouco e perde a ocasion. Os dous goles viñeron moi seguidos e marcaron o rumbo do partido. O Baio tentouno ó final pero nunca dou sensacion de verdadeiro perigo, pois o traballo defensivo dos locais foi moi bo. Sergio pensado no m.83 dispara dende lonxe, o balon bate nun defensa primeiro e no longueiro despois, e no 87 Costa saca unha boa man ante outro disparo de longa distancia. Antes do final José mandou alta a ultima boa ocasion dos locais, que para daquela xa xogaban con 10 e pensaban mais en amarrar o 2-0 que en marcar o 3º.

jueves, febrero 14, 2008

PARTE DE SANCIONS PARA O SD SOFAN - BAIO

Saiu á luz no dia de hoxe o parte de sancions correspondente á xornada a disputar este domingo, e nel observamos que ata 5 xogadores de perderán o apaixoante Sofan - Baio. David Baneira e Gustavo serán baixas na liña defensiva da SD, e Alberto, Carliños e Carro no Baio. O conxunto baies queda algo tocado no que respecta a xente de banda, sobre todo pola baixa de Carro, que de seguro viría moi motivado o Carral.

domingo, febrero 10, 2008

MUROS S.D. 3 S.D. SOFAN 2

Perdeu o Sofan en Louro unha boa oportunidade na tarde de hoxe de escalar postos na taboa clasificatoria. A pesar de adiantarse no marcador, non soubo defender con solvencia a sua porteria e acabou sendo derrotado. En tarde de moito calor alinearon os dou equipos a:

MUROS SD: Ruben, Adan, Pedro (Dosil m. 56), Mayu, Teo, Varito, Aaron, Fran (Alejandro m.87), Maxi (Abel m.71), Gelo e Gabi (Jaro m.64).
S.D. SOFAN: Costa, Victor, Gustavo, Juanjo, Varela, Pizo, Adrian (Suso Docampo m.62), Baneira, Berti, Bertin e Eloy (Cristian m.69).

ARBITRO: Daniel Rama, que amonestou a Adan, Gabi e Abel por parte local e a Juanjo, Pizo e Baneira por parte visitante. Expustou a Gustavo por doble amonestacion no minuto 89, e a Aaron con roja directa por agresion a Juanjo no minuto 90.

GOLES: 0-1 m. 23 Envio largo de Gustavo á espalda da defensa local que aproveita Bertin elevando o Balon ante a saida de Ruben 1-1 m. 37 Falta bombeada na area do Sofan, peina un defensa e Maxi aproveita para batir a Costa 2-1 m. 66 Dosil de penalti cometido a Jarondo. 3-1 m. 72 Aaron peina unha falta ante a indecision da defensa visitante. 3-2 m. 79 Suso aproveita unha boa xogada pola banda dereita para fusilar a Ruben

Iniciou ben o partido a SD, segura atras e montando perigosas contras con Bertin como estilete. Pronto chegou o primeiro tanto, e nese instante o Muros douse conta que facia mais dano á defensa do Sofan con un futbol directo que non practicara ata o momento, e comenzou a crear perigo en xogadas a balon parado. Tivo Maxi un man a man que salvou Costa un pouco antes do gol, e co empate chegouse ó descanso.

No segundo acto a Sd apretou de inicio, con un Eloy moi activo por banda. Unha boa xogada de Bertin culminouna o extremo esquerdo con un trallazo que rebotou nun defensa cando xa se cantaba o gol. Nun corner pasado Baneira non chegou en boca de gol por milimetros. E nesto apareciu a pajara habitual dos nosos homes, que encaixaron dous goles en pouco tempo e parecia que o partido estaba sentenciado. O gol de Suso dou emocion ós intres finais, e Cristian tivo o empate nun remate que mandou alto. Na contra o Muros desperdiciou un par de ocasions por medio de Jaro e Maxi, e a tangana e expulsions finais non fixeron mais que demorar o remate do partido.

lunes, febrero 04, 2008

SD SOFAN 2 CASTRIZ CF 1

Rompeu a sua mala racha de resultados a SD cunha traballada victoria ante o Castriz, equipo que en terreos pequenos se move como pez na auga. A tremenda tromba de auga caida durante o dia de hoxe fixo que o terreo de xogo estivera moi blando e condicionou un partido de loita e forza.

SD SOFAN: Jose Ramon, Victor, Gustavo(Pancho m.87), Juanjo, Varela, Baneira, Adrian (Jose m.80), Marcial, Cristian(Berti m.71), Bertin (Gende m.89) e Eloy (Suso m.56)
CASTRIZ CF: David, Martin(Luis m.60), Toniño, Roberto, Alex, Jota, Mauri (Bruno m.46), Koeman (Moro m.78), Ancho (Cesar m.70), David Brenlla (Alvaro m.73) e Sebas.

ARBITRO: Romero Lago, amonestou a Baneira e Gustavo pola SD, e a Alejandro e a Ancho por parte visitante

GOLES: 1-0 M.25 Xogada entre ELoy e Bertin por banda esquerda que acaba nun magnifico centro de este ultimo que remata adrian no segundo pao a rede 2-0 m. 66 Bertin rouba o balon á defensa do Castriz, cede a Suso que regatea ó porteiro e marca 2-1 m.80 pase profundo a Jota que engancha un trallazo que entra pola escuadra

Partido disputadisimo hoxe no carral. A Sd plantexou un encontro de brega e levouse o gato á auga. Os primeiros instantes foron de dominio local, ainda que sen apenas perigo. Adrian internouse un par de veces ben por banda, preludio do seu magnifico gol. O CAstriz co marcador en contra estirouse un pouco pero solo creou perigo a balon parado. Foille anulado xustamente un gol a Sebas, e Jota tivo un par de lanzamentos ó borde da area que sairon fora por pouco. Na outra area Bertin era un pesadelo para a defensa do Castriz e nunha das suas internadas a punto estivo de anotar. Pouco despois outra boa xogada de Bertin culminou cun extrano remate de Eloy que non foi gol de milagro. Con unha tremenda granizada chegouse ó descanso.

A saida de Suso coincidiu coa do sol, novedade na tarde do domingo, e o Sofan pareceu sentenciar co seu gol. A contra local facia estragos, ainda que a defensa do Castriz realizou un bo partido. Na outra area, Ancho errou unha clamorosa ocasion para o empate pouco antes do gol de Suso, nunha xogada na que quedou co balon diante da porteria e co porteiro local desplazado do marco, pero estrellou o balon inocentemente en Gustavo. Baneira rematou un balon o longueiro nun barullo na area visitante, e o gol de Jota puxo emocion ó tramo final pero a defensa local resistiu como puido as embertidas dos homes de Castriz.