jueves, julio 26, 2007

PRESENTACION DA SD SOFAN


Presentou onte pola noite a SD o plantel que logrou reunir para o curso futbolistico 2007/2008. Contouse coa presencia do Concejal de Deportes, Marcos Trigo, que alabou o estado do cespede do Carral, replantado este verán e que vai a ser a envidia de todos os clubes da Costa. Nunha época onde o cespede sintetico causa furor, a SD manten contra vento e marea e con grandes esforzos un campo de herba natural, detalle que os seus xogadores agradecen bastante.


Con respecto ó ano pasado son baixa no equipo Carro (Baio), Pablo Vazquez (Corcoesto), Mutio, Cancela, Pabeto, Dani e You. Pola contra, contase coas novedades de Jose Ramon, David Baneira e Berti, e esperase a presencia de dous medios e un dianteiro xa apalabrados e que comenzaran a entrenar o proximo martes. Ademais este ano si que poderemos contar dende o principio de liga con xogadores importantes como os irmans Docampo e Bertin, que o ano pasado sufriron lesions que lles fixeron perderse gran parte la tempada. A espera de que algun xogador mais se poida incorporar a ultima hora, pois hai algunha negociacion que todavia non dou froitos, o equipo presentase moi compensado e con ganas de mellorar o conseguido o ano pasado.


DATOS DO CLUBE:


ANO DE FUNDACION - 1979
PRESUPUESTO - 23.00 €
SOCIOS - 420



CAMPO DO CARRAL

CALENDARIO DE AMISTOSOS

Dia 4 de Agosto : Bergantiños juvenil - SD SOFAN nas Eiroas
Dia 7 de Agosto : SD SOFAN - Bergantiños, Trofeo das festas no Carral
Dia 12 de Agosto: San Lorenzo - SD SOFAN, Trofeo das festas nas Pedreiras
Dia 19 de Agosto: SD SOFAN - Cabana, no Carral
Dia 26 de Agosto: Castriz - SD SOFAN, en Castriz


PLANTEL PARA A TEMPADA 2007/2008


PORTEIROS


JOSE RAMON Rodriguez Fariña - Porteiro - 19 anos - FICHAXE PROCEDENTE DO BERGANTIÑOS JUVENIL.

Alejandro COSTA Barreiro - Porteiro - 22 anos - 5º tempada na SD Sofan - Equipos anteriores : Laracha juvenil
Tempada 2006-2007: Partidos titular 16 Goles encaixados 22


DEFENSAS


David Ramos BANEIRA - Lateral dereito - 29 anos - FICHAXE PROCEDENTE DO PAIOSACO - Equipos anteriores: Laracha juv., Golmar, Larín e Paiosaco.


Marcos GENDE Periscal - Central - 25 anos - 2ª tempada na SD Sofan - Equipos anteriores: Ponteceso
Tempada 2006-2007: 27 Partidos titular 5 Cartons amarelos


GUSTAVO Eiris Becerra - Lateral esquerdo - 25 anos - 10ª tempada na SD Sofan
Tempada 2006-2007: 23 partidos titular 4 Cartons amarelos 3 Cartons vermellos


JOSE Marta - Lateral dereito ou esquerdo - 7º ano na SD
Tempada 2006-2007: 19 partidos titular 2 goles 10 cartons amarelos 2 cartons vermellos

Manuel VARELA Añon - Central - 30 anos - 3º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Bergantiños, Imperator OAR, San lorenzo, Malpica
Tempada 2006-2007: 25 partidos titular 9 cartons amarelos 1 carton vermello

Francisco J. Rodriguez Areosa, PANCHO - Defensa lateral - 23 anos - 5º ano na SD Sofan

Tempada 2006-2007: 11 partidos titular 2 cartons amarelos


CENTROCAMPISTAS


JUANJO Rey Arijon - Central ou centrocampista - 30 anos - 9º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Bergantiños juv. e Golmar - Tempada 2006-2007: 23 partidos titular 2 goles 3 cartons amarelos


David Arijón Vigo, PIZO - Medio centro - 23 anos - 2º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Bergantiños - Tempada 2006-2007: 27 partidos titular, 4 goles, 4 cartons amarelos



Juan Manuel POMBO Castro - Mediapunta - 35 anos - 3º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Bergantiños, Laracha, San Lorenzo - Tempada 2006-2007: 11 partidos titular, 1 gol, 2 cartons amarelos,1 carton vermello

VICTOR DOCAMPO Blanco - Interior - 26 anos - 8º ano na SD Sofan - Tempada 2006-2007: 3 partidos titular

ELOY Cabeza Varela - Interior - 20 anos - 2º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Calasanz juv., Bergantiños juv. - Tempada 2006-2007: 27 partidos titular, 8 goles

DIANTEIROS

BERTIN Abelenda Cabeza - Extremo ou dianteiro - 22 anos - 2º ano na SD Sofan - Equipos anteriores:Bergantiños juvenil, Paiosaco - Tempada 2006-2007: 11 partidos titular, 4 goles

Alberto Lorenzo Suarez, BERTI - Dianteiro - 22 anos - FICHAXE PROCEDENTE DO CERQUEDA - Equipos anteriores: Malpica, San Lorenzo, Cerqueda

CRISTIAN A. Periscal Julien - Dianteiro - 30 anos - 6º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Orzán, Peñarredonda, Soneira - Tempada 2006-2007: 23 partidos titular, 12 goles, 7 cartons amarelos


SUSO DOCAMPO Blanco - Dianteiro - 28 anos - 9º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Bergantiños - Tempada 2006-2007: 1 partido titular, 2 goles

lunes, julio 23, 2007

PRESENTACION DA SD

Este viernes dia 27 de xullo presentase a SD de cara á tempada 2007/2008. O acto terá lugar no campo do Carral sobre as 9 da tarde, e a el están invitados todos os socios e simpatizantes, así como os medios de comunicacion que queiran observar os primeiros movementos da plantilla sofanista, novas incorporacions incluidas. A ultima hora todavia se está a traballar na incorporacion de xogadores, un par de defensas e dous ou tres xogadores para o medio do campo. Tamen esperamos contar con José Ramon, porteiro do Bergantiños, para realizar a foto oficial ese mesmo dia. Os chavales do equipo están desexando empezar os entrenamientos e os partidos de preparacion e afrontan coa maxima ilusion a tempada que se achega. Creemos que se pode montar un grupo humano moi competitivo e que os resultados non tardarán en chegar. Dende esta paxina daremos extensa informacion do acto e da churrascada posterior

miércoles, julio 18, 2007

DAVID BANEIRA, PRIMEIRA FICHAXE DA SD


Ven de firmar na tarde-noite do dia de onte o seu compromiso coa SD o lateral dereito desexado polo clube do Carral, DAVID BANEIRA, ex-xogador do Paiosaco que por vez primeira vai disputar a liga da Costa.

Foi a de David unha fichaxe largamente perseguida pola directiva do clube carballes, que levaba varios anos intentando facerse cos servicios deste xogador, e parece que por fin a tempada 2007/2008 vai ser a da sua presentacion en sociedade ante a animosa afeccion sofanista.



DAVID RAMOS BANEIRA, nacido o 29 de marzo do ano 1978, conta polo tanto con 29 anos. É un xogador de sobra coñecido no ambiente futbolistico da comarca, pois xa ten unha dilatada experiencia en clubes da zona e en diversas categorias. Iniciouse nas categorías inferiores do Laracha, clube do que pasou ó Golmar, onde coincidiu fai uns dez anos cun dos capitans da SD, Juanjo. De ahi a un fugaz paso polo Larin, clube que foi o trampolin para ingresar no Paiosaco, onde levaba xa 7 tempadas. Neste equipo fixose un nome como un lateral ou central duro, dificil de superar en defensa e con un correcto trato co balon. Chegou a disputar a Rexional Preferente co mencionado clube e os tres ultimos anos xogaba en primeira Rexional, sendo practicamente titular indiscutible. A estas caracteristicas deportivas hai que añadir unhas cualidades humanas resaltables por calquera compañeiro que estivera con el nun vestiario e que definitivamente declinaron a opinion da directiva da Sd, que insistiron ata o ultimo momento para a sua fichaxe.


Dende esta paxina damoslle a benvida ó clube desexando que o seu exito sexa o da SD

lunes, julio 02, 2007

O U.C. CEE CAMPEON DE COPA




Na tarde de onte proclamouse o Cee campeon da Copa da Costa ó ganar en Vimianzo ó Soneira por 2 tantos a 1. Inaugurouse a nova instalacion do campo municipal que acolliu unha das mellores entradas que se recordan nun partido ca costa, con mais de 2000 espectadores nas gradas, e un ambiente excepcional. En tarde gris os equipos formaron con:

SONEIRA: Lerma, Ferreiro, Victor Lema, Antelo, Victor Vecino, Fran de Urroa, Pastoriza, Michel, Fran Pioto, Vituco e Paco (Taibo m.55)

CEE: Barca, Ruben Fiuza, Miguel Fiuza, Nico, Dani Freire, toni, Carlos Leis, David Toja, Mario Tona, Luigi (Sergio m. 88) e Leo (Julito m.82)

ARBITRO : Blanco Rodriguez, impecable na sua labor, levando o partido con tranquilidade e personalidade. Amonestou a Paco, Vecino, Vituco, Pioto, Ferreiro, Nico, Ruben Fiuza e Carlos Leis, este en duas ocasions, polo que foi expulsado.

GOLES: 1-0 M. 36 Fran Pioto 1-1 m. 53 David Toja 1-2 m.74 Leo

Se un equipo buscou onte a gloria dende o primeiro minuto de partido ese foi o Union Club Cee. Ante un Soneira moi reservon, que fiou todo á inspiracion dos seus dous dianteiros, o Union arriscou dende o pitido inicial, buscou o gol con insistencia sabedor de que teria que marcar polo menos un para gañar a final, e obtivo o premio nunha segunda parte na que foi claro dominador do xogo.


No arranque do partido foron quen de impoñer a sua filosofia de xogo, cos dous fisterrans do equipo, Nico e Toni, levando o mando do partido. O primeiro estivo impecable no corte e magnifico na saida do balon dende atras, e o segundo, ó meu entender o mellor xogador do partido, foi o motor que necesitaba o Cee no medio do campo. O Soneira, quitando uns quince minutos nos que Pastoriza se puxo a xogar como el sabe ó futbol, foi totalmente dominado neste primeiro acto. Pero, cousas do futbol, bastoulle este arreon de 2 ou 3 dos seus homes para poñerse por diante no marcador. Foi Fran Pioto, resarcindose do erro que tivera no partido de ida, o que anotou diante de Barca. O Cee non se descompuxo e seguiu atacando, pero Lerma estivo segurisimo na parte final do primeiro tempo, evitando o empate dos visitantes en 3 grandes intervencions.
O segundo tempo foi totalmente do Cee, que no inicio xa forzou un claro penalti de Antelo a Luilli, pero Lerma sacou unha man milagrosa que mantivo o 1-0 no marcador. Ainda así, foi tanto o cantaro á fonte que David Toja, nun dos seus alardes de oportunismo igualou o partido , e pouco despois Leo si que atinou a transformar un novo maximo castigo co que foi sancionado o Soneira. A partir deste instante, e coa euforia desbordada na grada por parte do publico visitante, o Cee encerrouse atras, non pasou por problemas en defensa e lanzou perigosas contras, dando a sensacion de que o terceiro gol podia chegar en calquera momento. O final do encontro non fixo mais que confirmar a un xusto campeon de copa, o Cee, que derrotou de maneira clara onte a un Soneira que non dou a verdadeira medida das suas posibilidades.