lunes, agosto 31, 2009

UNION VIMIANZO 0 - S.D. SOFAN 1

Rematou a pretempada a SD en Vimianzo xogando contra o Union, que debutará este ano en 2ª Autonómica. Pouca xente presenciou o encontro en tarde calurosísima, que propiciou un ritmo de xogo moi baixo e escasez de ocasións de gol. Nótase xa que os xogadores están desexando que comence a competición, e para a SD farao o próximo domingo en Montelouro contra o cadro local. Alineou a SD a:

Jose R., Juanjo, Gende, Roberto Souto (Gustavo 45´), Diego (Oscar Pardo 45´), Pensado, Manolo Varela, Jacobo (Meniño 65´), Eloy, Abel (Alemán 45´) e Berti (Bertín 45´).

GOL:
0-1 62 minutos, Pensado transforma un penalti cometido sobre Alemán.

Levou o dominio da pelota a SD claramente no primeiro tempo, con Pensado ó mando das operacións, servindo bos balons para Eloy, Abel e Berti. A mellor ocasión foi para Abel, que mandou alto un balón cando se encontraba solo. Por parte local Javi Suarez era o xogador mais incisivo, creando moito perigo coas suas internadas por banda. O partido foi lento e pouco agresivo neste acto e dende logo baixou mais de ritmo no segundo tempo.

Os xogadores acusaron a forte calor reinante e nin os cambios realizados lle deron mais vivacidade ó xogo. O mister Fran Pioto tivo un par de boas oportunidades pero Jose R. estivo seguro coma sempre. A mais clara visitante foi de Eloy pouco despois de que Pensado anotara con frialdade o unico gol do encontro e o seu primeiro coma sofanista.

Foi o de onte un novo test a sumar ás pernas dos xogadores ante o inminente debut ligueiro. Agora chega a hora da verdade, onde non valen probaturas e os erros se pagarán caros.

miércoles, agosto 26, 2009

ROBERTO SOUTO: "O proxecto para esta tempada é moi ilusionante"

Roberto Souto Garcia, metro noventa e dous centimetros de persoa, xa é xogador da SD Sofán. Dende fai un mes está o de Boaña de Arriba (Castriz) baixo as ordes de David Baña. O central, de 27 anos, relátanos as primeiras impresións sobre esta nova etapa na súa vida deportiva.

¿por que tomaches a decision de unirte á familia sofanista?

A miña fichaxe polo Sofán é algo que se leva xestando dende fai 3 anos. As amistades que teño dentro do equipo e o bo facer da súa directiva, labor que ano a ano gaña máis recoñecimento entre o colectivo futbolístico da costa, foron os principales motivos para participar no seu proxecto para esta tempada; un proxecto moi ilusionante.

¿que esperas desta nova etapa?

Despois de moitos anos xogando na Liga da Costa e sempre na S.D. Castriz o desgaste é moi grande. Ver os entrenamentos e partidos máis como unha obligación que como unha afección fixo que perdera a ilusión polo fútbol. Recuperar esa ilusión é o meu principal obxectivo no ámbito persoal.
A nivel colectivo non teño dúvidas de que este equipo vai ser un dos que finalice arriba ó final de tempada e sen renunciar a nada.

¿que tal te encontras nos teus primeiros pasos coa sd?

A integración no grupo foi moi boa devido ó bo ambiente de traballo e ilusión coa que se afronta esta tempada. No terreo de xogo o tema físico é o que máis me está costando e respecto ó xogo pouco a pouco vou coñecendo os meus compañeiros e adaptándome ó sistema que o noso entrenador quere implantar.

¿que foi o que mais che sorprendeu nestes primeiros dias?

A forma de traballar por parte dos técnicos os entrenamentos, creo que esta planificación esta por encima do nivel da costa, e a calidade e bo facer das novas fichaxes do equipo xa que son xogadores de outras ligas e que realmente me sorprenderon.

¿como ves ó teu ex-equipo, o Castriz, para a liga que se aveciña?

Será un dos candidatos a gañar a liga. Son poucas as baixas que presenta este ano respecto ó anterior polo que conserva o bloque que o fixo tan competitivo estes últimos anos, ademáis de contar coas incorporacións procedentes do desparecido Santa Comba B que non teran problemas en adaptarse. A elección de Huelvis como novo entrenador foi un gran acerto, devido aos seu coñecimentos e experiencia estou seguro que será capaz de correxir os erros do equipo e introducir novos conceptos que o faran mellorar a nivel colectivo.

¿que equipos crees que pelearan polo titulo?

Pola clasificación da temporada pasada o Muros e o Castriz parecen os principales favoritos aínda que terán como rivales a equipos que se reforzaron moi ben este ano como o Carnota e o Sofán. A espera de que surxa algunha sorpresa como a do Porteño o ano pasado quen espero que estea arriba tamén é o Xallas aínda que de momento é unha incógnita.

domingo, agosto 23, 2009

S.D. SOFAN 4 - ORILLAMAR 5

Espectaculo de futbol ofensivo o visto onte no campo do Carral, en tarde soleada que tiraba mais para a praia que para o fútbol. Os dous equipos ofreceron un bonito encontro, marcado pola fraxilidade das liñas defensivas e a inspiracion dos atacantes, que ademais de marcar nove goles marraron un bo numero de ocasions, sobre todo o cadro local, que dende logo non mereceu sair derrotado.

SD SOFAN - Carlos Tojeiro, Juanjo, Oscar Pardo (Diego m.55), Roberto Souto, Gustavo (Gende m.55), Manolo Varela (Palermo m.73), Jacobo, Bertin, Eloy, Abel e Berti (Mario m.64).

ORILLAMAR - Maxi, Benito, Alex, Adrian, Alberto, Juan, Gelo, Pablo, Manu Piquer, Nano e Josito.

GOLES:

0-1 m.5 Manu Piquer aproveita unha indecision no corte da defensa local
0-2 m.8 Gran combinacion da dianteira visitante que transforma Nano de disparo axustado
1-2 m 31 Abel resolve con calidade diante de Maxi
2-2 m 40 Pilleria no saque dunha falta e Jacobo marca de disparo axustado
2-3 m.43 Manu Piquer marca tras un novo erro da zaga local
3-3 m. 59 Maxistral pase de Eloy a Abel que define en posible fora de xogo.
3-4 m.79 Josito de disparo cruzado
3-5 m.83 Josito de penalti
4-5 m.88 Abel.


Saiu o cadro local a un nivel moi baixo de intensidade e tiña dous goles nas suas redes ós 10 minutos. O Orillamar movia con criterio a pelota, buscando a asociacion dos seus mellores homes, e sobre todo Manu Piquer creaba moito perigo á zaga local. Reaccionou David Baña e cambiou a defensa de 5 homes, e a partir de ahi o dominio foi claro para o equipo local, que logrou remontar antes do descanso. O 3º gol do Orillamar foi un xerro de auga fria antes de irse ós vestiarios.

No segundo tempo xogou mellor a Sd, realizando combinacions de auténtico mérito, aproveitando o baixon físico dos visitantes. Abel tiña a tarde inspirada e creou constante perigo. Jacobo e Bertin fixéronse co medio campo e fluiu o bo futbol no Carral. As ocasions foron numerosas pero o gardameta suplente o Orillamar estivo prodixioso, sobre todo en duas incribles mans que lle sacou a Bertin cando xa se cantaba o gol. No treito final de encontro a relaxacion do cadro local propicion dous novos goles visitantes, e o postreiro tanto de Abel no fixo mais que maquillar un extraño e abultado resultado.

Xa solo quedan 15 dias para o inicio de liga, e o proximo domingo xogarase o último amistoso da pretempada, Union Vimianzo - SD Sofan. A ver si as baixas por lesion remiten, e xente como Mario, Pizo, Adrian ou o propio Aleman se incorporan para este último test preparatorio.

jueves, agosto 20, 2009

MARIO CASAL OPERADO CON EXITO







Na mañan de onte foi operado do tabique nasal Mario Casal. O bravo xogador sofanista sufrira unha fisura no encontro que nos enfrontou co Ponteceso fai semana e media, e esa pequena averia foi subsanada con éxito. Agora Mario deberá permanecer 10 dias coa incómoda escayola e posteriormente poderá incorporarse ós adestramentos. Parece dubidosa a sua presencia para o primeiro encontro de liga a disputar en Montelouro, ainda que do maior dos Casal pódese esperar calquera cousa.

lunes, agosto 17, 2009

BERGANTIÑOS XUVENIL 1 - S.D. SOFAN 3

Venceu na tarde de onte a SD ó equipo xuvenil do Bergantiños no campo das Eiroas por 1 tanto a 3. Boa proba esta ante os rapaces de Molk, que este ano competirán en Liga Nacional de xuveniles. As múltiples baixas da Sd condicionaron a alineación, sobre todo na zona central do terreo, onde parece que temos gafe, pois cada semana que pasa hai un novo xogador lesionado. Alineou a SD a:

Jose Ramón, Juanjo, Gustavo, Gende, Manolo Varela, Roberto Souto, Aleman, Bertin, Oscar Pardo, Eloy e Berti. Tamen xogaron Abel, Jacobo e Miniño.

GOLES:

0-1 m.34 Bertin rouba un balón cerca da area visitante, encara ó porteiro e bateo tras regatealo

0-2 m.58 Roubo de Eloy que da o pase da morte a Abel que non perdoa

1-2 m.65 Nando de penalti

1-3 m.70 Eloy recibe á espalda da defensa local e bate de gran disparo a Fedello.

Dominou o esférico o equipo xuvenil no primeiro tempo, basados no bo trato de balón dos seus centrocampistas Alex e Miguel. A defensa da SD contiña como podia o acoso dos rapaces, pero non era capaz de hilvanar xogadas en ataque. Únicamente en algunha contra chegou con perigo o Sofán, sobre todo por medio de Eloy e Bertin. O gol de este último dou paso a un rato de acoso do equipo local, pero J.Ramón estivo moi seguro e realizou algunha parada de mérito.

A lesión de J.Ramon posibilitou que vísemos as cualidades de porteiro de Miniño, que recordou vellos tempos e so foi batido nun riguroso penalti. O segundo tempo foi para a SD, que coa saida de Jacobo e Abel, e os cambios no equipo local, dominou por completo o partido, realizando combinacións de mérito. Destacou novamente Eloy, que tivo unha boa tarde, e Alemán, que se fartou a recuperar balóns.

Xa van catro encontros e o equipo comeza a dar sintomas de acoplamiento, ainda sobrepoñendose ás baixas que estan asolando o vestiario sofanista. O próximo sabado no Carral recibiremos ó Orillamar, un dos históricos da 1ª Autonomica.

domingo, agosto 09, 2009

S.D. SOFAN 2 - PONTECESO S.D. 0

Quedou o Trofeo das Festas nas vitrinas do equipo local, que venceu onte a un gran rival, o Ponteceso de Chema Eiris, dando unha alegria o numeroso público que acudiu a ver o equipo de David Baña. En tarde soleada ambos equipos depararon un bonito partido para a altura de pretempada á que nos encontramos, con ocasións para ambos bandos e a nota negativa da lesión de Mario Casal, que sufriu unha fisura no tabique nasal que o terá apartado dos terreos de xogo un par de semanas. O visitante Ruben Rama tamén se retirou con unha probable lesión muscular. Alinearon ambos equipos a:


S.D. SOFAN - Jose R., Juanjo, Diego, Roberto Souto, Gustavo, Mario Casal, Alemán, Jacobo, Eloy, Abel e Bertin. Tamen xogaron Gende, Oscar Pardo, Berti, Manolo Varela e Christian.

PONTECESO S.D. - Barca, David, Bolon, Mato, Rios, Josito, Tucho, Toniño, Luis Miguel, Ruben Rama e Pablo. Tamen xogaron Mario, Charro, Pablo Vazquez.

GOLES:
1-0 m.75 pase en profundidade de Gende a Jacobo, Barca erra sa sua saida e o Arteixán marca a porta vacia
2-0 m.81 Berti de tiro cruzado
Saiu dominador o Ponteceso, que se aproveitou das imprecisions visitantes para ter o control do partido no primeiro tempo. O bo trato ó balón que lle dan homes como Josito ou Tucho facia que a posesión fora para o equipo visitante, ainda que a defensa local aguantou ben as embestidas dos de Chema. A ocasión mais clara tivoa Josito, que estrelou un tremendo trallazo no longueiro da meta de J.R. Respondeu a SD no treito final do primeiro tempo, e Bertin disparou con violencia rexeitando o tiro o pao dereito da meta de Barca. Abel rematou de cabeza e fixo lucir ó cancerbeiro visitante, e o propio Abel marrou a ocasión mais clara deste acto o botar alto un balón a porta valeira. O partido tiña un bo ritmo e era xogado de poder a poder.


No segundo tempo o Ponteceso baixou un pouco o ritmo da presión, do que se aproveitou a SD para comenzar a xenerar perigo por ambas bandas. Novamente Abel, tras gran xogada individual, botou fora o balón cando o mais facil era marcar. Eloy disparou un par de veces a rentes do pao de Barca. Os goles da SD chegaron case seguidos e o partido quedou visto para sentencia. Tivo outra boa opcion Bolon, cun tremendo tiro que volveu a dar no pao sofanista. No treito final Abel foi expulsado polo colexiado Jorge Esparís.


Moi positivo o amistoso de onte, onde se vai demostrando que as novas fichaxes están a ter un acoplamento moi rápido ó que pretende o mister local. Debutaron onte no Carral Alemán, Jacobo e Roberto Souto, e gustaron os tres xogadores á afeccion.

martes, agosto 04, 2009

BUÑO 1 - S.D. SOFAN 1

Igualou no seu segundo partido amistoso a SD en Xaviña contra o cadro local, nun encontro dominado de principio a fin polos de David Baña, pero a falta de pericia de cara á porteria contraria fixo que o resultado fora de empate a un tanto. Debutou o ex-xogador do Castriz Roberto Souto nas filas sofanistas. Na SD xogaron:

S.D. SOFAN - J.Ramon, Juanjo, Roberto Souto, Miniño, Diego, Pizo, Aleman, Martin, Eloy, Abel e Bertin. Tamen xogaron Gende, Gustavo, Alberto P., Oscar Pardo, Jacobo e Berti.

GOLES:
1-0 m.21 Diego de pty.
1-1 m.41 Bertin

O balón foi da SD todo o partido, cun mediocampo que dominou o xogo, pero o Buño encerrouse moi ben atras e case non permitiu as ocasions visitantes. As mais claras corresponderon a Eloy e Berti, que non definiron ben no man a man co porteiro. Moi positiva a participacion dos novos fichajes da SD, que pouco a pouco se van acoplando ó sistema de xogo que pretende implantar Baña. A nota negativa foi a lesion de Pizo, que tivo un esguince de tobillo que o terá apartado quince dias dos terreos de xogo.