lunes, julio 30, 2012

CERQUEDA 0 - S.D. SOFAN 4

Iniciou os partidos preparatorios de pretempada a Sd en Buño, enfrontandose a un dos cadros potentes de 3ª autonómica, o Cerqueda. O equipo de Pablo Mallon dou unha boa medida do que pode ser este curso e mostrouse superior ó conxunto local.

S.D. SOFAN - Bugy, Cantudo - Roberto Souto 46´-, Lista, Gustavo, Marcos Pensado, Michel, Eloy Boedo - Alberto Pensado 46´-, Abel - Ivan Rey 46´-, Edu - Maroño 46´-, David Pensado - Santi 46´- e Berti - Jacobo 46´-

GOLES:
0-1 7´ Gran xogada individual de David Pensado que tras varios recortes dispara raso e axustado ó pao e bate ó meta local.

0-2 18´ Edu de gran disparo dende a frontal.

0-3 35´ Eloy ve adiantado ó porteiro e marcalle unha falta dende case o medio do campo.

0-4 41´ Marcos Pensado de falta directa pola escadra.

A presencia de Michel no centro do campo dou moito empaque a Sd, que levou o control do balón case que en todo momento. Bugy apenas tivo que intervir excepto en un par de saques a balon parado no segundo tempo. Os sofanistas traballaron ben a presión, destacando Edu e David Pensado no primeiro tempo. No segundo acto, e cos dous equipos bastante cansados, o ritmo baixou un pouco, pero ainda así a Sd puido anotar mais tantos, pero tanto SAnti como Ivan non estiveron atinados en sendos mans a man.

sábado, julio 28, 2012

A S.D. SOFAN 2012/2013

Presentouse na tarde noite de onte a Sd Sofan no campo do Carral, con moitas novidades nas suas filas, e sen cerrar de todo o plantel, á falta da incorporacion de un ou dous atacantes.

O plantel liderado polo mister Pablo Mallon será o seguinte:

PORTEIROS:

David Martinez Loureiro, BUGY. 19 anos. 1ª tempada no clube. Procede do Bergantiños xuvenil.

RICHARD Cotelo Vilanova. 29 anos. 2ª tempada no clube.

DANI. 27 anos. 6ª tempada no clube. Volve procedente do Deportivo Razo.


DEFENSAS:

ROBERTO SOUTO Garcia. 30 anos. 4ª tempada no clube.

Marco Lopez Rodriguez, CANTUDO. 33 anos. 1ª tempada no clube. Procede do Larin

DIEGO Fernandez Santos. 28 anos. 5ª tempada no clube

MARCOS PENSADO Torres. 30 anos. 1ª tempada no clube. Procede do Coristanco.

OSCAR PARDO Rey. 34 anos. 4 tempada no clube. Regresa procedente do Buño

GUSTAVO Eiris Becerra. 30 anos. 15ª tempada no clube.

CARLOS LISTA Puente. 30 anos. 1ª tempada no clube. Procede do Carral.

JUANJO Rey Arijon. 35 anos. 15ª tempada no clube.


CENTROCAMPISTAS:

ALBERTO PENSADO Eiroa. 35 anos. 4ª tempada no clube.

M.Angel Sande Martinez, MICHEL. 35 anos. 1ª tempada no clube. Procede do Carral.

ELOY BOEDO Novo. 20 anos. 2ª tempada no clube.

IVAN REY Calviño. 21 anos. 2ª tempada no clube.

EDU MIRANDA Torrecilla. 20 anos. 2ª tempada no clube.

IVAN MAROÑO. 22 anos. 1ª tempada no clube. Procede do At. Arteixo B.


DELANTEROS:

SANTI. 27 anos. 1ª tempada no clube. Procede do San Lorenzo de Verdillo.

ABEL Souto Cores. 23 anos. 4ª tempada no clube.

DAVID PENSADO Tasende. 27 anos. 3ª tempada no clube.

SUSO DOCAMPO Blanco. 33 anos. 13ª tempada no clube.

JACOBO Boedo Novo. 27 anos. 4ª tempada no clube.

Alberto Lorenzo Suarez, BERTI. 27 anos. 6ª tempada no clube.

CRISTIAN MUÑOZ Belda. 19 anos. 1ª tempada no clube. Procede do Bergantiños xuvenil

jueves, julio 26, 2012

Tres novos homes no primeiro entreno da Sd: SANTI, CANTUDO E MARCOS PENSADO.

O martes adestrou a Sd por primeira vez baixo as ordes de Pablo Mallon. O campo das Eiroas de Carballo acolleu as primeiras carreiras veraniegas dos xogadores sofanistas. Neste adestramento participaron tres das novas incorporacións da Sd, Cantudo, Santi e Marcos Pensado, así como Ivan Maroño, ex-xogador do Arteixo B que posiblemente tamen se una ó equipo rojillo.

MARCOS PENSADO procede do Coristanco, equipo no que levaba 7 anos sendo titular indiscutible no lateral esquerdo. Anteriormente formara 3 anos no Castriz. Marcos é un lateral defensivamente solvente, de probada potencia física e que destaca polo seu golpeo de balón, o que lle permite marcar varios goles por temporada a balón parado.

Marco Lopez Rodriguez, conocido futbolísticamente como CANTUDO, procede do Larín. Lateral ou interior dereito, o veterano xogador pasou toda a súa vida futbolística no Larin, excepto por un paso fugaz polo Xallas no 2009.

SANTI é unha incorporación para a zona do ataque. O ex xogador do San Lorenzo pode actuar como extremo ou dianteiro. Destaca pola súa velocidade e entrega total. O xoven xogador saiu das categorias inferiores do Bergantiños e xogou no Dumbria, Buño e San Lorenzo antes de incorporarse este ano á Sd.

Queda practicamente cerrada a plantilla da Sd para esta tempada, á espera da posible incorporacion en vindeiras datas de 1 ou 2 atacantes.

miércoles, julio 18, 2012

Duas incorporacions de calidade para a Sd. MICHEL E LISTA.

Dous dos artifices directos do ascenso do Carral este ano a Preferente recalan na Sd Sofan para disputar a tempada que vai a comenzar. Carlos Lista e Michel, xogadores experimentados e de calidade contrastada, reforzarán a defensa e o centro do campo do clube carballés.

Carlos Lista Puente, de 30 anos, defensa polivalente, é unha vella aspiracion da entidade sofanista, que xa intentou incorporalo anos anteriores. O defensa, caracterizado pola sua polivalencia e calidade, será peza clave no entramado de Pablo Mallon.

Miguel Angel Sande Martinez, MICHEL, conta os seus 35 anos con dilatada experiencia nos campos de futbol. Coñecida de sobra é a sua traxectoria no futbol coruñes e das Mariñas. Este centrocampista mostrará a sua calidade e futbol facil no cespede do Carral.

Ambos teñen traxectorias paralelas. Sairon do Laracha, onde chegaron a terceira division e gañaron varias copas da Coruña naquel conxunto laraches historico, estiveron en Paiosaco onde foron pezas fundamentais, no caso de Michel logrando o ascenso a Preferente co modesto conxunto blanquiverde, e ascenderon o ano pasado ó Carral. Esperemos que en Sofan teñan a mesma sorte.

martes, julio 17, 2012

ROBERTO SOUTO REGRESA Á LIÑA DEFENSIVA DA SD

Tras un ano sabatico tomado por motivos laborales, o carismatico Roberto Souto regresa á Sd para formar parte do proxecto de Pablo Mallon de cara á tempada que está a piques de comenzar. Defensa polivalente, pois tanto pode actuar de central como de lateral dereito, a súa presencia tense que notar tanto no campo coma no vestiario, onde é un dos xogadores mais queridos dentro do clube. Reforza así a Sd a liña defensiva, algo debilitada tras a marcha de Adrian e Juan Rabuñal.