lunes, mayo 25, 2009

XALLAS C.F. 2 - S.D. SOFAN 1

Caeu eliminada a SD no campo de Fontenla, nun partido no que mereceu mais pero a falta de pericia de cara a porta rival acabou por ser a tumba dos sofanistas. Moi boa entrada no campo xalleiro. Uns 100 afeccionados se acercaron dende Sofan para animar o equipo de Baña. Dia pasado por auga e terreo de xogo en perfectas condicions. Podese ver un resumo do partido en www.copadacosta.com

XALLAS: Gómez (David, min.89), Rubén, Sergio Pose (Sergio, min.67), Carteiro, Ricar, Ricardo Toni, José Ángel (David Pose, min.85), Jaime, Jesús e Ovidio.

S.D.SOFÁN: José Ramón, Cristian (Abel, min.46), Víctor Docampo, Juanjo, Gus, Gende, Pizo, Mario, Suso Docampo, Eloy e Bertín.



Goles:

1-0, min.1: Ovidio, tras gran xogada individual, engancha un trallazo coa esquerda dende fóra da área que se cola a rentes do pao;

1-1, min.79: Bertín aproveita un tiro frouxo dende a frontal de Victor Docampo e empuxa o balon a gol no borde da área pequena;

2-1, min.85: Toni saca unha falta dende o medio campo e o bote rápido xógalle unha mala pasada a Jose Ramón.


Arbitro: Gallego Hernandez. Amonestou aos visitantes Mario (min.37); Abel (min.60), José Ramón (min.57) e o local Sergio (min.70). Bertín foi expulsado por doble cartón no 85 e no 90.


SAiu a SD decidida a queimar as naves en Fontenla, pero atopouse co gol de Ovidio na primeira xogada de partido. Como no encontro de ida, tocaba remar contracorrente. De todas maneiras seguian necesitandose 2 tantos e foise a por eles con decision. As ocasions foron caendo. Remataron Suso e Mario sendos corner por enriba do longueiro. Victor realizou unha gran xogada por banda dereita e o seu lanzamento saiu un pouco alto. Pouco despois o mesmo xogador estrelou un balon no pao. O encontro era de ida e volta. Toni comenzou a mostrar a sua calidade e rematou alto por pouco unha gran xogada con Ovidio. Jose Angel lanzou unha falta directa ben detida por J.R. A loita era nas areas e o partido estaba moi bonito. Ambos equipos mostraron o seu potencial ofensivo. Jesus, ben marcado por Gustavo toda a tarde, buscou acomodo no mediocampo, deixando para Toni as labores mais ofensivas. A SD foise inxustamente sin marcar o descanso.


No segundo acto apareceu a auga que condicionou o partido. A saida de Abel dou mordente no ataque visitante, e o propio xogador tivo un par de boas ocasions sobre todo nun remate na area pequena. O Xallas especulou mais neste periodo, sabedor da ventaxa que tiñan no marcador. Ricardo era dono do mediocampo e Ricard e Carteiro contiñan ben os dianteiros sofanistas. A ocasion mais clara tivoa Suso, pero Gomez sacou o balon in extremis. Un gran disparo de Pizo detivoo o porteiro, que onte tivo unha acertada actuacion. O gol de Bertin dou emocion a eliminatoria, pero pronto Toni acabou coas ilusions visitantes. A entrega dos xogadores da Sd esta fora de toda dubida, pois deixouse todo no campo e fixeronse ocasion suficientes para pasar a eliminatoria, pero o Xallas e un gran equipo e xusto gañador da eliminatoria.




@Fotos de Oscar Santos e Diego Fernandez

lunes, mayo 18, 2009

S.D. SOFAN 1 - XALLAS C.F. 2

Derrota da SD na ida de octavos de final da Copa da Costa, nun encontro moi competido entre dous equipos igualados, que se decidiu por pequenos detalles. O Xallas mostrouse como un gran equipo e demostrou que en campos de reducidas dimensions e un equipo moi dificil de bater. Un expulsado por cada bando, Diego e Alvaro. Baixo un sol esplendido uns 150 espectadores se acercaron o Carral. Terreo de xogo en perfectas condicions.

S.D. SOFAN - J.Ramon, Victor Docampo, Diego, Juanjo, Gustavo, Pizo, Mario, Abel (Berti 75´ (Christian 87´)), Eloy, Bertin e Suso Docampo.

XALLAS C.F. - Gomez, Ruben, Sergio Pose, Carteiro, Alvaro, Ricardo (Sergio M. 86´), Toni, Jaime (D.Pose 78´), Ovidio (J.Angel 68´), Jesus e Ricard.

ARBITRO: Rodriguez Viñas, que amonestou a Mario, Abel e Bertin por parte local, e a Sergio Pose, Carteiro e Ricardo polo lado visitante. Expulsou a Alvaro no min. 52 na xogada do penalti, a Diego no 82 e o mister David Baña no 89. Retirouse lesionado Berti con un golpe na espalda.

GOLES:

0-1 6´ Balon colgado a area que peina Jesus e Ovidio marca de extraordinaria volea

1-1 54´ Bertin de penalti feito a Suso Docampo

1-2 85´ Falta que lanza J.Angel, rexeita J.R. como pode e Jesus moi atento remacha na area pequena.


Saiu o Xallas moi metido no partido, con contundencia na liña defensiva e xogando un futbol directo moi efectivo. Sorprendiu a colocacion de Ovidio como extremo dereito, con Ricard e Jesus en punta ganando todos os balons aereos. O primeiro gol foi un mazazo para o cadro local, que tardou en reaccionar. Tivo Abel unha gran ocasion pero o seu disparo foi sacado in extremis na liña de gol por Carteiro. As aproximacions dos locais eran contadas pois a batalla dispuxose principalmente no medio do campo. Toni dominou o xogo en ambos periodos, surtindo de balons os dianteiros. O Xallas traballou moi ben defensivamente, e os locais non encontraron o camiño da porta de Gomez en ningun momento. Reclamouse penalti a Suso nunha entrada de Sergio Pose. Jesus tivo unha boa ocasion pero o seu lanzamento saiu un pouco cruzado.

A SD pareceu outra no inicio do segundo tempo, con Eloy moi incisivo e Pizo movendo ben o equipo. A xogada do penalti e posterior expulsion de Alvaro parecia que podia ser a da reactivacion local, que tivo os seus mellores minutos. Diego internouse un par de veces pola banda esquerda pero os seus centros non encontraron rematador. Tivo Toni a mais clara ocasion deste periodo nunha contra na que se plantou solo diante de J.R. pero este sacou milagrosamente co pe. A expulsion de Diego e o posterior gol de Jesus foron un xerro de auga fria para a parroquia local.

Gran equipo este Xallas, xa gustara moito en liga, pois aparte das suas figuras Toni e Jesus ten outra xente que da un rendemento optimo. Claro exemplo e o veterano Ricard, que incluso xogou os ultimos minutos do partido de central ante a ausencia de Alvaro. O proximo domingo en Fontenla a definitiva resolucion da eliminatoria. Teno costa arriba a Sd, pero confiamos que o equipo de unha boa medida das suas posibilidades e logre remontar o resultado de onte.

jueves, mayo 14, 2009

ABEL NO DxT CAMPEON

O periodista Ruben Garcia ven de facerlle unha entrevista o noso dianteiro Abel Souto que aqui reproducimos. En outro orden de cousas, resaltar que visto o parte de sancións desta semana, o subcomité acorda "...dejar sin efecto la tarjeta roja mostrada al jugador Carlos Tojeiro Doldan (Sd Sofan) al no ser considerada su acción merecedora de la misma...". No mesmo parte desestimase a reclamación do Zas por alineacion indebida do Dumbria, polo que a falta de un milagro, o Sp. Zas descenderá á liga da Costa arrastrando ó Malpica a 3ª Autonómica. Triste nova para os nosos veciños, que esperemos que retornen á categoría da que non deberon sair o ano que ven.

miércoles, mayo 13, 2009

DOMINGO AS 17:30, S.D. SOFAN - XALLAS C.F. NO CARRAL

Disputase este domingo o partido de ida de octavos de final da Copa da Costa, e visita o Carral o Xallas C.F. Os xalleiros eliminaron o Porteño por un tanteo global de 7 a 6. Espectacular foi o partido de volta, onde os verdes gañaron na Grixa por 5-4, remontando un 3-1 adverso co que chegaran o descanso.




E o Xallas un equipo de extraordinario potencial ofensivo, onde destacan por encima dos demais dous homes, o mediocampista Toni e o dianteiro Jesus. Este ultimo ven de anotar catro tantos no partido de volta da eliminatoria que os enfrontou o Porteño. No partido de volta na Grixa Jesus foi o home clave. Xa deixara o atacante moi boa impresion no partido de liga disputado no Carral que acabara con victoria sofanista por 3-2. O partido de volta tamen foi espectacular, cun tanteo final de 5-5. Como os dous equipos repitan esta incontinencia ofensiva presentase unha eliminatoria apaixoante. O fisterran Toni, pola sua parte, tentara vengar a eliminacion do equipo da sua terra, no que xoga o seu irman Roco. Curiosamente en ningun dos partidos ligueiros contra o Sofan puido xogar o bo centrocampista. Estan rodeados estes dous homes de xente experimentada e de probada valia como Ricardo, Ovidio, Jose Angel, Ricard, Ruben ou Carteiro, que a bo seguro poñeran as cousas moi dificiles a SD.

David Baña, consciente da dificultade que entraña a eliminatoria, prepara o partido con mimo. Preocupa a baixa de Mario, lesionado no partido de ida contra o Fisterra, e e seria duda para o choque. Tamen Abel esta entre algodons, e ata ultima hora non sabremos si podera participar. Hai gran expectacion na parroquia carballesa e esperase unha gran afluencia de publico o domingo para ver a evolucion dos sofanistas no perfecto tapete do Carral.

domingo, mayo 10, 2009

FISTERRA S.D. 1 - S.D. SOFAN 2

Sufriu a SD pero foi capaz de eliminar ó histórico Fisterra no seu propio campo, remontando o gol inicial de Manuel Cartamil, e sobrepoñéndose ó penalti marrado por Diego. Un centenar de espectadores presenciaron un emocionante encontro, marcado polo mal estado do terreo de xogo.

FISTERRA S.D. - Joselu, Borja Munitis, Isma (Cristian 70´), Chula, Xusto, Manin, Jose de Anchoa (Dani 50´), Piti (Roberto 64´), Manuel Cartamil, Roco e Luisito.

S.D. SOFAN - J.Ramon, Victor Docampo, Diego (Berti 58´), Juanjo, Gustavo, Gende (M.Varela 46´), Pizo, Eloy, Bertin (Christian 82´), Suso Docampo e Abel (Mario 88´).


ARBITRO: Ferreño Presedo, que amonestou a Jose, Manuel e Roco por parte local, e a Gustavo e Abel por parte visitante. Expulsou ó porteiro visitante Carlos por entrar no campo con intencion de intermediar nunha disputa entre dous xogadores.


GOLES:

1-0 40´Manuel Cartamil recibe un pase en largo á espalda da defensa sofanista e bate a J.R. con comodidade.

1-1 77´Centro dende a esquerda que remata Abel de gran volea

1-2 85´Internada de Abel pola esquerda que cede a Berti e este marca a porta vacia


Saiu a SD moi arroupada na sua liña defensiva, con cinco homes de contencion e catro na medular. A lesion de Mario condicionou a alineacion, e foi Eloy o que se puxo o mono de traballo para conter a Roco e Piti. Bertin tivo a primeira gran ocasion ó rematar un saque de corner de Suso ó longueiro. O primeiro tempo foi moi disputado, con escasas chegadas á area. Luisito lanzou unha falta de maneira maxistral pero saiu un pouquiño alta, e pouco despois J.Ramon fixo unha gran intervencion a un remate do perigoso Manuel Cartamil nun barullo dentro da area. O mesmo xogador puxo a eliminatoria en franquia para o equipo local. O campo permitiu pouco futbol conbinativo e a pelexa constante era a nota predominante.

A SD arriscou no segundo tempo, volvendo ó clasico 4-4-2. Tiña que marcar e pronto comezou a acosar a porta ben defendida polo xoven Joselu. Nunha boa xogada de Suso Eloy rematou alto cando tiña todo a favor. A ocasion mais clara foi de Bertin, que a porta vacia mandou o balon fora. O Fisterra agazapouse atras e buscou a contra con claridade, ainda que a defensa visitante estivo moi ben e non cometeu erros neste periodo. Mediado o segundo tempo sinalouse penalti por derribo a Suso, pero Joselu fixo unha gran parada e detivo o remate de diego. Non se amilanou a SD, que seguiu acosando e o premio chegou. Abel pescou unha gran volea e a SD era a que estaba na seguinte ronda. O Fisterra queimou as suas naves pero o gol postreiro de Berti sentenciou o partido.


Espera o Xallas o domingo no Carral, partido xa de octavos de final.












viernes, mayo 08, 2009

PARTIDO DE VOLTA: Domingo ás 17.00 horas FISTERRA S.D. - S.D. SOFAN

Este domingo no recinto de Ara Solis disputase o partido de volta da primeira ronda da Copa da Costa. Na ida celebrada no Carral venceu a SD Sofan por 2-1. Pouca ventaxa a que levan os sofanistas, que nin moito menos poden viaxar tranquilos ó recinto fisterrán. Preocupa na expedición carballesa o estado do terreo de xogo, moi irregular durante todo o ano e que non permite un fútbol excesivamente combinativo.

Ten David Baña as dúbidas de Mario, Gustavo e Gende, con diversas molestias, pero se non ocurre nada raro no entreno desta tarde moi posiblemente serán da partida. Os xogadores van mentalizados para disputar un partido duro e competido, pois están ilusionados co papel que se pode facer nesta edición da Copa, e tentarán superar a decepción que supuxo quedar eliminados o ano pasado na primeira ronda contra o Camariñas nunha agónica tanda de penaltis.

lunes, mayo 04, 2009

S.D. SOFAN 2 - FISTERRA S.D. 1

Partido típico copeiro no Carral, ante un centenar de afeccionados, que disfrutaron dun día soleado e un competido encontro sobre o impecable tapete sofanista. A SD colleu ventaxe de dous goles, viu como lle era anulado un tanto e recibiu o gol fisterrán no segundo tempo, tanto que lle da emoción ó partido de volta no histórico Ara Solis. Alinearon ambos equipos a:


SD SOFAN: J.Ramón, Christian, Gustavo, Juanjo, Diego, Mario (M.Varela 61´), Pizo, Eloy, Abel, Suso Docampo (Berti 70´) e Bertín.


FISTERRA S.D.: Joselu, Borja Munitis, Isma (Disiclin 68´), Chula, Xusto, Sergio Manin, Roberto (Ruben 46´)(Cristian 81´), Piti (Tati 78´), Jose de Anchoa, Roco, Luisito


ARBITRO: Edgar Soto Eiroa, que amonestou a Mario, Pizo e Abel por parte local, e a Isma, Chula, Xusto, Manin e Cristian por parte visitante


GOLES:

1-0 6´ Xogada de Abel pola banda esquerda que termina con un pase atras rematado por Diego en carreira, colandose o balon polo pao corto da meta de Joselu

2-0 12´Penalti por mans de Roco dentro da area que transforma Diego

2-1 72´Perdida de balon no mediocampo local, gran pase en profundidade a Disiclin que bate a J.R. na sua saida


Saiu a SD mais metida no partido, dominando o medio do campo con un Mario espectacular, e as ocasións pronto chegaron. Unha gran xogada de Abel serviu para que Diego abrira o marcador. Bertin mostrabase moi movil na punta do ataque, e os balons lanzados en profundidade creabanlle perigo á zaga visitante. O 2-0 chegou pronto, e o partido estaba de cara para os locais, que incomprensiblemente se relaxaron con un marcador tan favorable. Os fisterrans, con Roco ó mando e Isma e Luisito creando perigo pola banda esquerda, comezaron a estirarse, pero o seu perigo chegaba unicamente a balon parado. Lanzou Eloy unha falta moi alta, e Abel tivo unha boa ocasión nun remate de cabeza. Reclamouse un penalti a Diego na area visitante. Chegouse así ó descanso.

No segundo tempo o ritmo de xogo baixou, pois o calor apretaba. Nunha contra ben levada polo conxunto local foille anulado un gol a Abel por un dubidoso fora de xogo, e o mesmo xogador tivo unha clara ocasion tras recorrer medio campo co balon controlado, pero non estivo fino na definicion. O Fisterra encontrouse co gol e a partir de ahi aproveitou o despiste local para levar o peso do partido, tendo Luisito unha boa ocasión de empatar. Tivo Diego a última nunha falta ó borde da area que saiu elevada.

Resultado axustado para o partido de volta, que asegura un taquicardico encontro no recinto fisterrán.