lunes, febrero 26, 2007

SP. ZAS 0 S.D. SOFAN 1

Dou a campanada a SD en San Andres, e trouxo tres puntiños para o Carral cando ninguen o esperaba. Vistos os resultados da xornada é este un triunfo importantisimo. O equipo derrochou esforzo e actitude e logrou vencer a un gran conxunto que por algo é o lider da competicion.

ALINEACIONS:

SP. ZAS: Norberto, Chentoni, Pereiro (Pichin m.45), Julian, David, Jorge, Navarro, Josito (Dubosky m. 53) , Mario (David m.70), Braulio e Rubio.
SD SOFAN: Costa, Mutio, Gustavo, Gende, Varela, Pizo, Eloy (Pancho m88), Juanjo, Cristian (Cancela m.75), Pombo (Bertin m. 56) e Carro (You m.80)

ARBITRO: Ruben Baldomar Obelleiro, amonestou a Mario e ó Rubio polo Zas, e a Gende, Carro e Juanjo polo Sofan. Expulsou no m. 87 a Pichin.

GOL: 0-1 M.7, Eloy entra pola banda esquerda, recorda acomodando o balon á sua perna dereita e bate a Nor dun trallazo axustadisimo ó pao largo.

Que gran partido o visto onte en Zas, con dous equipos conscientes do que se xogaban e que desplegaron todas as suas armas para facerse coa victoria. Levouna o Sofan, pero perfectamente puido caer do lado local, pois ocasions houbo para ambos lados. E certo que o tempraneiro gol de Eloy favoreceu o futbol de contragolpe que tan ben practica a SD. O Zas, tras un comenzo dubitativo, puxose as pilas a partir do minuto 25 do primeiro tempo e encerrou ós visitantes na sua area ata o descanso. Foi esta a parte do partido na que mais sufriu a defensa da SD, pois o ataque era continuo, co Rubio e Braulio moi incisivos polas bandas, e Josito golpeando a porteria á menor ocasion. Sen embargo a mellor oportunidade do Zas veu nunha xogada moi rara na que o balon lle rebota a Mutio na rodilla e da no pao antes de perderse a corner. O Sofan defendeuse como gato panza arriba e logrou chegar ó descanso con ventaxa no marcador.

A saida de Pichin no segundo tempo parecia que ia dar mais mordente ó ataque local, pero o efecto foi o contrario, pois a pesar de ter moitos homes no ataque o balon non chegaba con claridade, pois Jorge e Josito xogaban moi retrasados. Neste momento do partido apareceron os primos calatraba, Pizo e Juanjo, que barreron todos os balons no medio do campo e tiraron do equipo para arriba. Pombo aportaba gotas de calidade e Cristian aguantaba todos os balons arriba e fajabase cos centrais. Eloy, que aparte do gol fixo un partidazo, e Carro, tentaban de profundizar por banda, e nunha desas xogadas Cristian non chegou a rematar a bocajarro de milagro. Os duelos nas bandas foron apasionantes, Mutio-Rubio e Gustavo-Braulio. Saltaban chispas en todas as xogadas e a tension palpabase no aire. No minuto 70 veu a xogada clave do partido. O colexiado sinala penalty a prol do Zas e Julian dispuxose a lanzalo. Pero cumpliuse o dito de que a SD prefiere un penalty a un corner en contra, e Costa detivo o lanzamento e o posterior rexeite. Xa son incontables os maximos castigos parados polos nosos porteiros. A partir de ahi, e coa expulsion de Pichin por agredir a Pizo, o Zas buscou colgar balons con David de dianteiro centro, pero non era onte o dia do lider, que acabou derrotado por primeira vez na tempada no seu feudo.

lunes, febrero 19, 2007

S.D. SOFAN 1 CORME C.F. 3


Debacle da SD no campo do Carral, que na tarde de onte foi inferior a un Corme que tivo un bo día e gañou o partido con claridade.

ALINEACIONS:
SD SOFAN. Costa, Mutio (Carro m.61), José, Gende, Gustavo, Pizo, Juanjo, Pablo Vazquez, Cristian, Pombo(You m.70) e Eloy (Varela m.70)

CORME CF. Suso, Adolfo(Josiño m. 82), Diego Muxica, Tupa (Martin Mendez m.26), José, Felipe, Martin Torrado (Brais m9), Juan, Iago, Rafa Valiña e Alejandro.

ARBITRO, Roberto Amor Vazquez, sin problemas. Amonestou a Tupa, Muxica, e Martin Mendez do Corme, e expulsou a Jose do Sofan no minuto68

GOLES: 0-1 M. 44 o cadete Martin Mendez ó aproveitar un rexeite na area. 0-2 m 76 Alejandro senta a toda a defensa da SD e bate facilmente a Costa. 0-3 m. 83 Josiño dende o vertice da area grande metea por toda a escadra. 1-3 m. 88 Cristian revolvese ben dentro da area e marca de forte tiro raso.

Mal partido dos locais, que sairon con moitos brios, dominando o balon no medio do campo, pero o gas duroulle 15 minutos, os que tardaron os medios do Corme en poñerse a tocar o balon con criterio. Ainda que no primeiro tempo non chegaron con claridade á meta de Costa si que tiveron o control do partido, con Juan exercendo de jefe do medio campo, e Alejandro e Brais intentando meterlle balons a Iago, que estivo moi incisivo onte. Os locais tentarono en un par de contras, con un Eloy inspirado ainda que se foi apagando co paso dos minutos. Foi él quen realizou unha boa xogada por banda que Cristian rematou cerca do pao de Suso. O noso dianteiro voltou a rematar en posicion acrobatica pero Suso detivo o balon, moi seguro toda a tarde. Pizo lanzou unha falta ó longueiro na mellor ocasion do primeiro tempo.

O gol xusto antes do descanso desmoralizou ós locais, que ainda que sairon apretando no segundo tempo, e ca entrada de Carro poideron nivelar a contienda, a expulsion de Jose acabou de romper o match. A sd pasou a xogar practicamente con 2 defensas e nas contras o Corme sentenciou o partido. Incluso Felipe mandou un penal ó poste. O gol de Cristian non fixo mais que maquillar o resultado, e a ver se serve para que o 9 recupere a racha e volva a ver porta con frecuencia.

lunes, febrero 12, 2007

FISTERRA S.D. 1 S.D. SOFAN 2

(A aficion da SD celebra por todo o alto a victoria en Fisterra)



Onte no Ara Solis dou a SD o golpe encima da mesa que se lle viña reclamando a este equipo. Nun día dificil para a practica do futbol, con moitisimo aire e auga, ante un rival aguerrido que por momentos parecia mais un equipo de pressing catch que de futbol, e co marcador en contra, foi capaz o Sofan, axudado pola fortuna que faltou o resto da campaña, de remontar e levar tres puntos vitais de Fisterra.

ALINEACIONS -

FISTERRA SD . Tolo, Borja (Suso m.89), Ismael, Sergio Manin, Chula, Xacomé (Roberto m.79), Guardiola, Rodri, Manuel, Roco (Xusto m.79) e Mané

SD SOFAN . Costa, Pancho (Carro m. 77), José, Gende, Gustavo, Mutio, Cancela (You m.75), Juanjo, Cristian, Pizo e Eloy

ARBITRO: Humberto Montare Escourido, que expulsou a Mane no m. 75. Amonestou polo Fisterra a Guardiola e Manuel, e pola SD a José, Cancela e Cristian.

GOLES . 1-0 m. 8 Guardiola de tiro axustado dende fora da area 1-1 m. 57 José empalma unha volea que entra pola escadra 1-2 m. 64 Combinan Juanjo e Eloy, este ultimo habilita a Cancela que solo diante do porteiro define con maestria.


Que gran victoria a de onte da SD, nun encontro que se puxo costa arriba moi pronto co gol de Guardiola. Os fisterrans co aire en contra combinaron ben, Mane moviuse con criterio na dianteira e Ismael e Roco realizaban boas xogadas na banda esquerda. A Sd abusou do desplazamento largo e nunca dou sensacion de perigo nestes primeiros minutos. Juanjo tivo que sacar baixo paos un remate de cabeza que se colaba na porteria visitante. Tivo Eloy unha boa ocasion pero o seu duro disparo foi rexeitado polo porteiro local, e sendos disparos de Mutio e Pizo non puxeron en problemas ó guardameta.

Na reanudacion mais do mesmo. O Fisterra levaba o peso do encontro. Colocou a Manuel de dianteiro centro para ganar os balons aereos, e a este xogador anulouselle un gol por fora de xogo claro. En duas xogadas aisladas a SD adiantouse no marcador, e nos ultimos 25 minutos o Fisterra atacou con insistencia, volvendo a sacar Juanjo outro balon baixo paos, na mais clara ocasion dos locais. Costa estivo moi seguro e fixo un par de intervencions boisimas. Todo o equipo se aplicou con esmero en tarefas defensivas e aguantou as brusquedades dos locais ás que xa nos teñen acostumados e que non merecen mais comentario. José tivo outra ocasion clarisima para facerlle o que sería o seu terceiro gol ó Fisterra esta campaña. Ó final moita alegria no vestiario visitante, no que se era consciente da importancia da victoria na tarde de onte.
(Jose e You celebran con dous radicales ultras o gol de Bronson)

lunes, febrero 05, 2007

S.D. SOFAN 1 CASTRIZ 1


ALINEACIONS:
SD SOFAN - Costa, Mutio (Pancho m.82), José, Gende, Gustavo, Pablo Vazquez, Juanjo, Pizo, Cristian, Pombo (You m.82) e Eloy
CASTRIZ - Herrera, Coqui, Torreira, Roberto, Toniño, Jota, Bruno(Alvaro m.71), Cesar (Paxariño m.62), Mauri, Suso, Toni.
ARBITRO: Montes Montes, que amonestou a Mutio, José, Cristian e Pombo por parte do Sofan, e a Roberto e Bruno por parte do Castriz. Expulsou ó visitante Paxariño no m.74 por agresion a Juanjo. Os visitantes xogaron con petos por coincidencia cos colores do equipo local.
GOLES: 0-1, m. 37 Suso resolve un barullo dentro da area 1-1 m. 58 Eloy engancha un espectacular trallazo dende 30 m. que entra por toda a escadra.
Partido moi disputado onte no Carral. O Castriz é un equipo que se adapta perfectamente ós terreos de dimensions reducidas, e no primeiro tempo levou o encontro ó seu estilo duro e peleon, e controlaron o partido perfectamente. Jota mandou no medio campo, e a defensa visitante estivo moi expeditiva. Os locais non hilvanaron bo futbol en ningun momento, e os visitantes estiveron rondando a porta de Costa nesa media parte, ata que Suso aproveitou un fallo defensivo para poñer por diante ós de Garcia.
Presentabase moi mal o partido para a SD, pois non creaba ocasion ningunha, nin se vian atisbos de mellora, ata que Eloy se sacou da chistera un trallazo que deixou a Herrera coa boca aberta. A partir de ahi os locais pasaron a dominar o encontro claramente, e chegaron as ocasions, ainda que sen moita claridade. Eloy creou moito perigo pola banda esquerda, e Pombo comenzou a entrar en xogo, dando claridade na zona de arriba. Unha boa xogada do veterano e Juanjo case a remata Cristian no segundo pao, e case ó final do partido o propio Cristian cedeu a Eloy , que centrou de rosca e Pizo non chegou ó remate por milimetros na mais clara ocasion do partido. Empate xusto nun partido emocionante pero moi trabado.