domingo, septiembre 28, 2008

S.D. SOFAN 0 CORCUBION U.D. 0

Novo empate da SD, esta vez no seu feudo contra o Corcubión. Parece que se resite a primeira victoria da tempada. A Sd mereceu o triunfo pois dispuxo de clarísimas ocasións, e fóronlle anulados tres goles, pero nas últimas accións do partido o Corcubión sembrou o pánico en varias contras e puido ganar.

S.D. SOFAN - Jose R., Christian (Varela m.67), Diego (Gustavo m.67), Juanjo, Gende, Mario, Pizo, Santi (Eloy m.47), Abel (Berti m.55), Adrian (Alex m.77), Marquitos.
CORCUBION - Lourido, Carlitos, Nando (Lado m.74), Gustavo, José María (David m.67, Andujar, Luis, Penedo, Pablito (Cristobal m.76), Mario (Victor m.42) e Oscar (Insua m.46).

ARBITRO: Cousillas Collazos, que amonestou a Lourido, Lado e Insua por parte visitante. Expulsou ó xogador do Corcubion Luis

Tarde de moito calor no Carral, con 115 espectadores nas gradas. A SD tentou de levar o dominio do partido dende o inicio e o Corcubión mostrarse forte na parcela ancha e lanzar rápidas contras hacia Pablito e Mario. Foi anulado un gol a Mario tras recoller un rexeite dunha falta lanzada por Diego, e pouco despois outro a Abel por fora de xogo. Tivo Marquitos unha boa ocasion nun tiro dende fora da area e Abel non chegou por pouco noutra boa xogada do arteixán. O Corcubión mostrouse moi animoso e comenzou a entrar con perigo na area local, e unha gran xogada de Pablito non foi gol de milagro.

A lesión de Santi a pouco de comenzar propiciou a entrada de Eloy, que aportou profundidade ó xogo local. As ocasións foronse sucedendo. Mario entretivose cando encaraba a Lourido, Eloy mandou alto un pase da morte de Pizo, un centro de Adrian paseouse pola linea de gol, e na mais clara do partido, Berti mandou ó longueiro un pase de Eloy dentro da area pequena. Parecía que o gol non quería entrar, e foi anulado un novo tanto a Eloy por fora de xogo posicional de Pizo. Co equipo totalmente volcado o Corcubión aproveitou os espacios deixados en defensa pola SD e Victor tivo a ocasión mais clara para os visitantes cando enviou ó pao un contragolpe levado con moita rapidez. Case ó final Alex marrou a última pos locais nunha tarde aciaga de cara a gol.

jueves, septiembre 25, 2008

A S.D. SOFAN RECLAMA ALINEACION INDEBIDA Ó MUROS

A directiva da S.D. ven de presentar o pasado luns unha reclamación ante a Federación Galega de Fútbol por alineación indebida do Muros no partido disputado o sabado en Miraflores.

Os feitos en orde cronolóxico foron os seguintes:

- o viernes dia 19 a SD recibe ás 17:31 horas un fax da Federación no que se indica que "...tras ser comprobado el error del arbitro D.Borja Sanchez Lago en el acta del partido San Lorenzo - Muros se procede a realizar un anexo recogiendo la expulsión por roja directa del jugador del Muros Luis Lariño Gonzalez, quedando por tanto sancionado con un partido...". Este fax na súa cabeceira ven direccionado ó Muros S.D., entendendo a SD como é loxico que os muradans tamén o recibiron.

- ó acabar o partido vemos que na acta aparece como número 1 do Muros Luis Lariño González, para a nosa sorpresa, pois creiamos que este xogador estaba sancionado a todos os efectos.

- a directiva sofanista reunese e acorda poñer estos feitos en coñecemento da Federación, para que esta decida se foi correcta a alineación deste xogador ou non.

Polo tanto, a directiva da SD quere deixar claro que:

1. en ningún caso a S.D. vai en contra do Muros S.D. nin da súa xunta directiva, que en todo momento se comportaron con corrección co noso equipo, senón que o que se pretende é que a Federación aclare a situación e tome unha decisión ó respecto

2. a directiva da S.D. cree que está no seu dereito e ademais é o seu deber é realizar a reclamación, pois senón estaríamos consentindo que imperase a ley da selva na Liga da Costa, e eso sería perjudicial para todos.

3. a directiva da S.D. ten un deber moral cos seus mais de 500 socios, que son os primeiros que teñen que saber que esta directiva protexe os dereitos do clube en todo momento .

4. a SD Sofán aceptará a decisión da Federación Galega de Fútbol, sexa ou non favorable ós nosos intereses. Se a razón asiste ó Muros SD e así o considera o comité correspondente a SD Sofán estará conforme con esa decisión.

5. Ainda que non esté decidido si a infracción a cometeu o Muros ou é un erro federativo, en ningún caso é a SD Sofán a que comete o erro, e a nosa actuación está sempre dentro dos márgenes e posibilidades legales.

martes, septiembre 23, 2008

O MISTER DAVID BAÑA, EN WWW.ANOSACOSTA.ES

A web de actualidade da zona costeira http://www.anosacosta.es/ ven de publicar unha pequena conversa co mister David Baña.

Conversamos con David Baña, adestrador do Sofán que se mostra ilusionado co papel que poidan facer este ano na Liga da Costa. Tamén pensa que o Ponteceso acabará no seu sitio.Ou sexa, marcando pauta.
David Baña lóxicamente non quere presións nin facer cábalas, pero asegura que é un adestrador ambicioso e cree que o Sofán ten un bó equipo e pode facer grandes cousas esta tempada "Soy muy ambicioso, tenemos un equipo bastante majo para hacer cosas importantes pero no me marco ningún objetivo. A ver dónde acabamos al final". Baña tamén se referiu o Ponteceso, "La gente se cree que desde el primer dia tiene que estar arrasando pero hay más equipos que pueden estar arriba. Esto es un maratón y el Ponteceso acabará marcando su sitio". O míster tamén comentounos que o Muros lle causara unha grata impresión.

sábado, septiembre 20, 2008

MUROS S.D. 2 S.D. SOFAN 1



Inxusta derrota a da SD na tarde de hoxe, nun encontro no que foi superior durante a maior parte do tempo ó equipo local, pero que acabou perdendo por unha incomprensible decisión arbitral a pouco de acabar o partido. Gran entrada de público en Miraflores, partido clásico da liga da Costa xogado de poder a poder no que os dous equipos demostraron calidade suficiente para estar nos postos altos da clasificación.

MUROS S.D. - Lupi, Manu Dosil (Ivan m.57), Gabi (Adan m.72), Teo, Mayuyo, Aaron (Alvaro m.63), Maxi, Gelo (Kiko m.53), Jaro (Piti m.53), Bibi e Brais
S.D. SOFAN - Jose R., Victor Docampo, Diego, Juanjo, Gende (Berti m.82), Mario, Pizo, Santi (Varela m.77), Abel, Adrian e Marquitos( Alex m.89).

ARBITRO: Vazquez Exposito, que amonestou a Maxi, Adan e Ivan por parte local, e a Victor, Mario, Abel e Varela por parte visitante. Expulsou ó adestrador visitante David Baña a raiz da accion do penalti a favor do Muros.

GOLES: 0-1 m.60 Gran pase de Santi en profundidade a Adrian que bate de preciosa vaselina a Lupi 1-1 m.69 Tremendo trallazo de Piti dende a frontal que entra por toda a escuadra 2-1 m. 85 Brais de penalti.

Gran partido o visto na tarde de hoxe. Dous equipos que batallaron ata a extenuacion e que non merecían que o resultado se decidise por un clamoroso erro arbitral nunha acción entre Varela e Piti que se sancionou cun inexistente penalti. Para maior escarnio, non foi sinalado outro clarisimo na area local de Mayuyo a Berti. En honor á verdade, hai dubidas sobre outra xogada no primeiro tempo que reclamaron os de Muros por mans de Gende. Toda unha historia, a verdade.

Saiu o Muros a por todas, tentando de amedrentar ós visitantes, que se mostraron replegados nos primeiros intres. As xogadas a balon parado eran as de mais perigo por parte local, e nunha delas Mayuyo rematou a bocajarro pero Jose sacou unha man prodixiosa. Disparou Bibi a porta pouco despois volvendo a deter Jose. A SD buscaba as contras baseadas na velocidade dos seus homes punta, sobre todo Abel, que estivo a piques de marcar nunha xogada na que superou ó porteiro local pero un defensor sacou baixo paos. Pouco despois unha gran accion conxunta da SD acabou cun remate de Abel alto, e Santi a pouco do descanso estrellou un balón no largueiro ó lanzamento dunha falta directa.

No segundo tempo os minutos iniciais foron da Sd. Mario á saida dun corner estivo a piques de marcar, e pouco despois chegou o gol de Adrian. Co marcador en contra o Muros mostrouse nervioso e desorientado, e as puntas sofanistas crearon perigo durante uns minutos nos que parecia que o partido se ia sentenciar a prol dos visitantes. Pero o Muros ten un recurso de luxo no veterano Piti, que desequilibrou o partido en duas accions, primeiro inventando un golazo dunha situacion de pouco perigo, e logo forzando un penalti a todas luces inexistente. Co 2-1 a SD queimou todas as naves e nas ultimas accions houbo mais polemica que futbol.

Demostrou a SD estar en boa liña, pero non serviu para sumar puntos.

jueves, septiembre 18, 2008

ULTIMAS NOVAS

O partido MUROS - S.D. SOFAN ven de ser adiantado para a tarde do sabado dia 20. Dará comezo ás 18.00 horas no recinto de herba sintetica de Miraflores. É esta unha proba de fogo para os sofanistas, pois o Muros ven de golear ó San Lorenzo nas Eiroas por 1-4 e ocupa a cabeza da taboa tras duas xornadas. Recordemos que o ano pasado o Sofan caeu derrotado por 3-2 neste mesmo enfrontamento.

O Muros en teoría non poderá alinear ó seu porteiro Marcos, expulsado o domingo pasado. De todas maneiras, de maneira bastante extraña, esta expulsion non aparece reflexada no parte de sancións que emitiu a Federación Galega: esto que foi, lapsus da Federacion?, erro do arbitro?. Supoño que alguen aclarará este tema antes do partido do sabado. A SD ten as dubidas de Eloy, Gustavo e Victor Docampo por diferentes motivos, e as baixas casi seguras de Suso Docampo e Bertin, que continuan a recuperarse das suas lesions.
Por outra parte mandar saudos a dous futbolistas da zona por diferentes circunstancias. A nota negativa foi a de Victor Dominguez, xogador do San Lorenzo que rompeu o peroné no encontro do pasado domingo. A recuperarse pronto, Victor, que tes que chegar ó derbi. A positiva pona Jesus, larachés que xoga no Ordes, que proximamente pasará pola vicaria para contraer matrimonio supoño que coa sua moza de toda a vida. Xa era hora, machiño. Felicidades.

domingo, septiembre 14, 2008

S.D. SOFAN 1 S.D. PONTECESO 1

Parece abonada ó empate a un tanto a SD, pois por terceira semana consecutiva ese é o resultado do encontro. Tarde calurosa, co terreo de xogo impecable para a práctica do fútbol. Unhas 150 persoas acudiron ó Carral e presenciaron un partido disputado, emocionante e que se saldou con xusta igualada.

SD SOFAN: Jose R., Mario, Diego (Christian m.68), Juanjo, Gustavo, Pizo, Santi (Varela m.77), Adrian (Victor Docampo m.65), Eloy, Berti e Abel
SD PONTECESO: Pombo, Moscoso (J.Rañal m.46), Dani Pallas, Roberto Rios, M. Torrado, Tucho, Mendieta (Mato m.88), Nando (Salva m.78), Cano, Ruben (Carliños m.50) e Esteban (Neucha m.68)


ARBITRO: José Fdez. Liñares, que amonestou a Juanjo, Gustavo, Adrian e Abel por parte local, e a Dani Pallas, Cano, Salva e Carliños por parte visitante.


GOLES: 0-1 m.8 Cano de penalti 1-1 m.88 Eloy de falta directa que entra pola escuadra.

Foi xogado o partido a ritmo altisimo dende o primeiro minuto, sen posibilidade de respiro para ningún contendente. Rios mandou un remate de cabeza ó longueiro ó saque de unha falta, e pouco despois Gustavo cometeu un claro penalti que Cano transformou con seguridade. O Ponteceso era o dono do encontro, con un Esteban moi bullicioso. A SD estirouse pouco a pouco, e primeiro Abel ó rematar un corner e logo Berti nun barullo levaron perigo á meta de Pombo. Jose salvou un man a man a Ruben, e logo fixolle un paradón a Esteban. Pero a xogada clave foi o penalti errado por Berti , pois ademais de non ser convertido o porteiro Pombo non foi expulsado nunha rigurosa decisión de Fernandez Liñares. Con victoria minima dos da Ponte chegouse ó descanso.

Variou o mister Baña a disposicion dos seus homes no segundo acto, reforzando o mediocampo, e desplazando a Abel á banda esquerda, onde mantivo un bonito duelo con Cano. Unha gran internada do rapaz da Sd non acabou en gol de milagro. Coa saida de Victor o equipo ganou en dinamismo, ainda que non se xeneraron ocasións claras de gol. Un remate de Pizo saiu fora por pouco. O Ponteceso limitouse a nadar e gardar a roupa, lanzando contras moi perigosas que resolveu a defensa local con seguridade. O encontro endureceuse un pouco, algo normal nestes derbis. O golazo de Eloy ó limite do tempo foi digno colofón a un bo partido.

jueves, septiembre 11, 2008

NOVAS DA 2ª XORNADA


Miguel Martínez será baixa nos pontecesáns. No encontro Ponteceso-San Lorenzo o bravo xogador sufriu unha fisura nunha costilla que o terá apartado dos terreos de xogo durante un mes.


Por parte da SD son baixas case seguras Suso Docampo e Bertin, ainda recuperandose das suas lesións, e Marquitos, que está de viaxe. Preocupa o estado de Abel, que recibiu varios golpes no partido do Platas Reinoso.


Adiantanse ó sabado os seguintes partidos:


Corme-Castriz (17.30, no Cairo)

Xallas-Baio (17.00, en Fontenla)

domingo, septiembre 07, 2008

C.D. BAIO 1 - S.D. SOFAN 1

Igualada no arranque ligueiro no Platas Reinoso, nun partido marcado pola forte calor, que foi xogado a un ritmo lento propio destas alturas de tempada. Formaron por ambos equipos:

CD BAIO - Trucho, Jose A., Lopez, Diego Diaz (Fredy m.60), Ramon, Mario, Sergio Suarez, Dani, Carliños (Felipe m.76), Alberto e Martin Fuentes.

SD SOFAN - Jose R., Christian, Diego, Juanjo, Gustavo (Gende m.78), Pizo, Adrian, Santi, Berti (Mario m.60), Eloy e Abel.

ARBITRO: Baldomar Obelleiro, que amonestou a Diego Diaz, Ramon, Sergio e Fredy por parte local, e a Diego, Juanjo, Gustavo e Pizo por parte visitante

GOLES: 1-0 m. 27 Gran xogada de Alberto pola banda esqueda, da o pase da morte e Martin Fuentes marca de disparo á escadra 1-1 m. 66 Santi de falta directa.

Iniciouse o partido cos dous equipos moi á expectativa, temerosos e pouco seguros das suas forzas. O primeiro remate a gol foi de Juanjo á saida dun corner pero o disparo do central sofanista foise alto. Acto seguido veu o gol de Alberto, que lle dou confianza o Baio, pasando estes a xogar os seus mellores minutos do partido. Tivo Carliños duas claras ocasions antes do descanso, pero precipitouse no remate. Eloy ensaiou o disparo dende fora da area pero o marcador non se moveu ata o descanso.

O segundo tempo foi moi trabado e algo mais duro. Tivo Sergio unha clarisima ocasion nun man a man con Jose, que este salvou moi ben. Ata o gol de Santi o partido estaba algo dormido, pero co empate a SD foi dominadora da situacion sen pasar apuros atras, pero sen crear excesivo perigo arriba. Fredy rematou un corner alto cando se encontraba solo. Pizo lanzou unha falta con moita intención pero Trucho mostrouse moi seguro toda a tarde. A SD tentou de montar rapidos contragolpes para aproveitar a velocidade de Abel, pero o de Pastoriza non anotou nesta tarde.

Empate que se pode catalogar de xusto entre dous equipos ós que lles falta un pouco mais de rodaxe para dar a verdadeira medida das suas posibilidades.

lunes, septiembre 01, 2008

PAIOSACO 1 S.D. SOFAN 1


Rematou a pretempada e xa empeza o serio. A liga da costa 2008/2009 da o pistoletazo de saida o proximo domingo cun apaixoante Baio - SD Sofan. Como punto e final do veran xogou a SD un bo encontro onte na Porta Santa, contra o Paiosaco do noso ex David Baneira, equipo moi reforzado de cara á sua volta á segunda rexional. Alinearon ambos equipos a:

PAIOSACO: Juan, Lista, Jose Luis, Cabezas, Vicente, Baneira, Omar, Michel, Esteban, Josiño e Manu. Tamen xogaron Lareo, Piñeiro, Leilan, Iglesias, Maikel e Hippy.
SD SOFAN: Jose R., Mario, Diego, Juanjo (Varela m.60), Gustavo (Gende m.60), Pizo, Santi (Cristian m.55), Adrian (Alex m.70), Eloy, Berti (Marcos m.55), Abel (Cristian P. m.70)

GOLES: 0-1 m. 30 contragolpe levado por Adrian e Santi, que acaba con un centro deste a Abel, que tras revolverse na area bate a Juan. 1-1 m.44 balon en profundidade a Manu que marca con bastante sangre fria.

Bonito partido o visto onte. A SD dou unha boa medida das suas posibilidades, sobre todo no primeiro tempo, onde se mostrou como un equipo compacto e sen fisuras, e sacando rapidos contragolpes que levaron a inquietude á porta local. O Paiosaco non foi capaz de levar nunca o ritmo do partido, ainda que estrellou dou balons no largueiro, nas mais claras ocasions do partido. Eloy estivo moi fino neste tempo, e Abel peleou o indecible na punta de ataque. A liña defensiva estivo moi segura e o equipo dou unha gran imagen.

No segundo tempo, cos cambios, baixou un pouco o ritmo do partido. O Paiosaco pasou a levar a iniciativa, con un Esteban moi bullicioso, pero non conseguiron crear ocasions excesivamente claras. A SD en algunha contra puido levarse o partido pero a igualada podese considerar xusta. Agora toca esperar con impaciencia o dia 7 de setembro, a ver si o Sofan logra arrancar a liga cunha victoria en Baio.