martes, agosto 29, 2006

POR FIN ACABOU A PRETEMPADA


Aleluya¡¡¡¡¡ Acabou esto que tan pouco nos gusta os futbolistas, a pretempada. Por fin vai a comenzar o bo. O domingo 3 visitanos o C.D. Baio, un historico da Costa que volta á segunda rexional tras moitos anos en categorías superiores. Vai a ser un partidazo, seguro.
Este fin de semana a S.D. Sofán disputou dous amistosos para terminar de rodar ó equipo. O Sábado empatouse no Carral co equipo xuvenil do Bergantiños a 4 tantos. Foi un encontro espectacular en canto a goles e ocasións, pero a falta de forzas e tensión pasou factura ó equipo local. Marcaron Eloy, Pabeto 2 e Suso Docampo.
O domingo fomos a Cabana, donde se venceu 2-3 con goles de Cristian, Suso de Pty., e You. Foi un partido durísismo, e voltamos para casa con Cristian e Pabeto lesionados. A ver como están para o domingo.

lunes, agosto 21, 2006

S.D. SOFAN 3 - CASTRIZ 1

Dous dias despois da desilusión do partido en Malpica, o Sofán resarciuse cunha xusta victoria fronte o subcampión da Copa da Costa. Nunha tarde calurosa no Carral, e con arbitraxe do cormelán Carpi, a S.D. alineou a Dani na meta, Victor Docampo, Gende, Varela e Gustavo na criticada linea defensiva; Eloy, Juanjo, Pizo e Suso Docampo na media, e Pabeto e Cristian na dianteira. Gustavo retirouse a media hora cunha aparatosa brecha nunha ceja, e saiu Pablo Vazquez no seu sitio. No segundo tempo tamen saiu You.
No primeiro tempo o Sofán non encontrou o seu sitio no campo, cometendo algúns erros que aproveitou o Castriz para adiantarse no marcador por medio de Carlos. As combinacions entre este xogador e o medio Jota creabanlle bastante perigo ós locais, que solo inquietou a Herrera en varios tiros lonxanos de Juanjo. Ainda así , faltando pouco para o descanso empatou Cristian, que está vendo porta con facilidade nesta pretempada. O segundo tempo foi outro cantar, con un Sofán moi superior. O enorme dianteiro Alvaro foi ben controlado, e Pizo e Pablo fixeronse co mando no medio campo. Suso tivo un par de ocasions antes de anotar o seu tanto de todos os dias, e Eloy marcou o tres a un con un magnifico lanzamento de falta directa. O xove xogador xa estaba merecendo anotar o seu primeiro gol coa camiseta roxa. De ter un pouco mais de acerto de cara a porta contraria o marcador podería ter sido mais abultado. Parece que pouco a pouco as pezas se van conxuntando, a pesar das importantes ausencias de homes coma Maqui, Carro ou Pombo.

sábado, agosto 19, 2006

MALPICA 5 - S.D. SOFAN 3

Na noite do venres presentouse a S.D a xogar un amistoso no sintetico de Pedra Queimada contra o xove equipo de Ramón Esmorís. O Sofan alinea a Dani, Mutio, Gende, Varela, Alfredo; Suso Docampo, Pizo, Pablo Vázquez, Juanjo; Eloy e You. Logo sairon Pabeto, Cristian, Gustavo e Victor Docampo. Gende adianta o Sofan á saida dun corner, no que debe ser o primeiro gol da sua vida na porta contraria. O Malpica logo reacciona e os errores defensivos condenan ós visitantes, que se van ó descanso co marcador 3-1 en contra. A pesar de ter o balón no seu poder moito tempo, a S.D. apenas crea perigo na portería de Toni. O Malpica defende ben encerrado no seu campo e monta perigosas contras aproveitando a velocidade de Dani, Alfredo e Medros. Na segunda parte, mais do mesmo. Os locais chegan a ir gañando 5-1, pero un gol de Pabeto de falta directa, e outro de Suso maquillan un pouco o marcador.
Unha proba mais para o Sofan, que non se adapta ben a xogar en campos grandes, e está demostrando ter problemas na zoa defensiva. Ainda así , todavía quedan duas semanas para comenzar a liga, a xente está traballando ben, calidade non falta, e haberá que ser optimistas de cara a ese partido co Baio no Carral, que abrirá o campeonato.

lunes, agosto 14, 2006

S.D. SOFAN 2 - XALLAS 1

O DOMINGO 13 DE AGOSTO VISITOU O HISTORICO CLUBE XALLEIRO O CAMPO DO CARRAL PARA DISPUTAR UN PARTIDO AMIGABLE CON VISTAS Á TEMPADA QUE VAI A COMENZAR EN TRES SEMANAS. DIA MOI CALUROSO, E POUCA ASISTENCIA DE PUBLICO. A S.D. ALINEA DE INICIO A DANI NA PORTERIA, JUANJO, VARELA, GENDE E GUSTAVO EN LINEA DEFENSIVA, VICTOR DOCAMPO, MUTIO, PIZO E CARRO NA MEDIA, E CRISTIAN E SUSO DOCAMPO NA DIANTEIRA. O PRIMEIRO TEMPO E DE CLARO DOMINIO VISITANTE, QUE LEVA O PESO NO MEDIO CAMPO E NON PASA APUROS NA SUA DEFENSA. A S.D. MOSTRASE DESCENTRADA E NON ENCONTRA O SEU HABITUAL FUTBOL DE VELOCIDADE POR BANDAS. FROITO DO SEU BO XOGO E TRAS UN PAR DE CLARAS OCASIONS , ROLI ADIANTA O XALLAS CON UN GOLAZO CANDO ENGANCHA UN GRAN DISPARO DENDE FORA DA AREA. CHEGASE O DESCANSO CON ESTE MARCADOR.
NO SEGUNDO TEMPO, COA ENTRADA DE PABLO VAZQUEZ NA MEDIA LOCAL, CAMBIAN AS COUSAS CONSIDERABLEMENTE. O DOMINIO PASA A SER DO SOFAN, QUE EMPATA MOI PRONTO O PARTIDO. VICTOR DESBORDA POR BANDA A VELOCIDADE DE VERTIGO E É DERRIBADO DENTRO DA AREA. O PENAL TRANSFORMAO CONTUNDENTEMENTE O SEU IRMAN.
A PARTIR DESTE GOL APRECIASE UN BAIXON FISICO NO XALLAS, E O SOFAN APROVEITA PARA SEGUIR CREANDO OCASIONS. JUANJO, QUE AGORA XOGA DE EXTREMO DEREITO, CREA BASTANTE PERIGO POLA SUA BANDA. FALTANDO POUCO PARA O FINAL É YOU, NUN MAN A MAN CO PORTEIRO, O QUE MARCA O SEGUNDO GOL.
PARTIDO CLASICO DE PRETEMPADA, NO QUE OS DOUS EQUIPOS ANDAN AFINANDO AS SUAS FORMACIONS DE CARA O INICIO DE LIGA, E NO QUE SE VIRON ALGUNHAS COUSAS INTERESANTES.

jueves, agosto 10, 2006

A SOCIEDAD DEPORTIVA SOFAN ESTRENA BLOG

AS NOVAS TECNOLOXIAS AVANZAN QUE É UN PRIMOR. E O NOSO QUERIDO CLUBE NON SE PODÍA QUEDAR ATRAS. ABRIMOS ESTE BLOG PARA QUE TODOS OS SEGUIDORES DO SOFAN, E OS CURIOSOS QUE AQUI SE QUEIRAN ACERCAR ESTEAN INFORMADOS DE TODO O QUE PASA NO CAMPO DO CARRAL E COÑEZAN UN POUCO MAIS Á XENTE INVOLUCRADA NESTE PROXECTO. LARGA VIDA Ó BLOG DA S.D. SOFAN¡¡¡