lunes, febrero 27, 2012

MALPICA 4 - S.D. SOFAN 2

Gran tarde de futbol na Pedra Queimada a de onte, nun partido de alta tensión, con moitos afeccionados nos graderíos, goles, emoción e por momentos detalles de calidade entre dous equipos que se coñecen á perfección. O Malpica segue coa súa gran racha, pero onte despediu a un dos seus mellores xogadores, Alberto Cheo, que se perderá o que resta de tempada por compromisos laborais.


SCD MALPICA: Suso; Avelino, Víctor, Andrés, Marco, Rancaño, Neucha, (M. Pardo, 77), Cheo, (Iago, 83), Pablo, (Marcos Amado, 62), Tato, Charro, (Daniel, 71).

SD SOFÁN: Richard; (Luis de la Peña, 46); Adrián, Diego, (Juanjo, 62), Miniño, Juan Rabuñal, Alberto Pensado, Gurita, (Jacobo, 46), Suso Docampo, Berti, (Víctor Docampo, 60), Iván Rey, Abel, (Edu, 46).

Goles:
1-0, m. 18: Centrochut de CHEO que entra pola escadra
2-0, m. 26: Rexeite que chega a Neucha que bate a Richard de forte volea.
3-0, m. 56: golazo de falta de Neucha
3-1, m. 61: Centro de suso que remata Victor na area pequena ás mallas.
4-1, m. 62: centro de Cheo que mete Adrian en propia porta.
4-2, m. 67: Suso aproveita un erro na defensa local para bater o porteiro malpican.

Saiu o Malpica moi presionante arriba, xogando só con 3 defensas e arriscando de mediocampo para arriba. Tiveron as primeiras ocasións por medio de Tato e Cheo, e o tempraneiro gol de Cheo facia xustiza á apatia dos xogadores da Sd. Pablo moviase ben en ataque, e Tato cos seus perigosos pases creaba moito perigo. Tras o gol de neucha enviou o brasileiro un balon o longueiro nunha falta directa. A Sd so inquietou nun disparo lonxano de Diego e en varias xogadas a balon parado.

No segundo acto, cos cambios, o Sofán xogou mellor, levou o peso do partido ante un cadro local que soubo administrar a ventaxa. O gol de Neucha parecia que sentenciaba o partido, pero os de Vicente nunca baixaron os brazos. A pesar da diferencia no marcador, o partido endureceuse, foi moi intenso nesta parte, e as ocasións caeron para ambos lados. Os irmans Docampo marcaron cada un o seu gol, e a entrada de Victor dou moita profundidade por banda dereita, pero non foi suficiente para facer inquietar os locais.

lunes, febrero 20, 2012

S.D. SOFAN 1 - CLUB DO MAR 2



Mais de 150 espectadores viron onte no Carral un intensisimo encontro, decidido nos ultimos intres a favor dos visitantes. A Sd pelexou con gallardia e entrega pero doblegouse á superior calidade dos de Repi.




S.D. SOFÁN: Richard, Adrián, Diego, Pensado, Miniño, Alemán, Suso Docampo, Iván Rey, Edu -Jacobo 46´-, Gurita -Berti 68´- e Abel.


CLUB DO MAR: Gonzalo, Alex, Repi, Luís Lareo, Rubén, Jacobo (Chori, min.80), Jonhie (Pincho, min.75), Chapu (Brais, min.70), Vituco, Bertín, Fran Borrazás.


Goles:

0-1, min.35: Jonhie de falta;

1-1, min.60: Suso Docampo remata de cabeza un corner no primeiro pao;

1-2, min.75: Bertín de cabeza a centro de Jonhie.




O Club do mar, sabedor das dificultades de xogar nun terreo de reducidas dimensions como o sofanista, apelou á seguridade defensiva, o seu potencial no xogo aereo e a contundencia como armas para evitar as ofensivas locais. A pelexa no centro do campo foi a nota predominante dos primeiros intres. Tivo Vituco a primeira dos visitantes pero rematou alto cando se atopaba so na area. Unha boa xogada de Ivan Rey foi a resposta da Sd, pero o seu tiro detivoo ben Gonzalo. Un disparo lonxano de Abel precediu o gol de Johnny, tras unha rigurosa falta a Vituco. Chegou o descanso coa sensación de igualdade e de un equipo visitante moi serio que sabia o que queria en todo momento.



Co cambio de Jacobo revitalizouse a ofensiva local, e unha boa xogada entre el e Ivan non a rematou Gurita por pouco cando se atopaba so diante do porteiro visitante. O partido endureceurse e a pelexa fixose mais intensa co paso dos minutos. Tivo Vituco un par de boas ocasións antes do gol do empate local. Foron enton os mellores minutos dos de Vicente, e tivo Berti o partido na sua cabeza, pero o seu remate a centro de Diego saiu lamento o pao. E o que é o futbol, na seguinte xogada, Bertin non perdoou, anotando o tanto da victoria visitante. O acoso final da Sd serviu de pouco, e foi o Club do Mar o que tivo as ocasión mais claras á contra, sobre todo un remate de Johnny o longueiro.

lunes, febrero 13, 2012

CORME 0 - S.D. SOFAN 2

Gran victoria da Sd a de onte no campo do Cairo. En tarde fría e ante mais de 100 afeccionados, con nutrida presencia de seguidores visitantes, os de Vicente maniataron o tremendo potencial ofensivo cormelán, souberon esperar o seu momento, e nunha tarde especialmente inspirada do seu extremo esquerdo Edu, superar a un dos conxuntos mais en forma da liga.

CORME - Suso, Adolfo, Jesus, Pandi, Diego - Dani 79´-, Alejandro, Juan Chans, Doldan, Lucas, Alejo e Martin - Abel 70´-

S.D. SOFAN - Luis de la Peña, Adrian Garcia, Diego, Juan Rabuñal, Miniño, Pensado, Suso Docampo, Abel, Edu, Berti -Jacobo 63´- e Gurita.

ARBITRO. Pardiñas Garcia, que amonestou a Alex, Diego, Doldan e Alejo polo Corme, e a Diego, Miniño, Suso, Abel e Jacobo por parte da Sd.

GOLES-
0-1 44´Roubo de balón na medular sofanista de Pensado, que lle cede o balón a Edu na frontal da area, este desfaise de tres rivais e define con tranquilidade ante Suso.

0-2 78´Falta lateral botada por Adrian, producese un barullo na area local que aproveita Edu para enganchar unha gran volea que entra pola escadra da meta do Corme.

Xogou un partido moi serio a Sd dende o principio, sabendo onde tiña que maniatar as virtudes cormelanas. Os de Vicente marcaron un ritmo pausado e de control do encontro dende o inicio, buscanto parar a velocidade dos puntas azuis. Tivo Gurita a primeira clara ocasion, pero Suso respondeu o seu remate cunha gran parada. Á contra o local Alejo plantouse so diante de Luis, pero Meni chegou a tempo para rexeitar o perigoso disparo do punta. Noutra contra os locais reclamaron falta a Juan Chans cando se dispoñia a encarar a Luis. Foi este rapaz, ainda xuvenil, un dos mais perigosos elementos cormelans neste primeiro tempo. Cando o descanso estaba proximo unha gran xogada de Edu acabou no primeiro gol da tarde. Tivo tempo Luis de demostrar a sua calidade baixo paos detendo un man a man a Alejo.

Saiu o corme enrabietado tras o descanso, e primeiro unha gran xogada de Lucas que remata con un centro que non atopa quen o introduza nas mallas, e logo un tremendo disparo de Alejo o que respondeu Luis cunha gran parada. A partir de ahi a Sd puxo o candado á sua porta e apenas sufriu ocasións por parte do Corme. De feito as contras visitantes xeneraron mais perigo, pois os rapidos dianteiros da Sd chegaron un par de veces ás inmediacions da area cormelán pero non souberon definir. Foi Edu, en racha onte, quen sentenciou o partido. Tivo ainda Alejo unha clara ocasión pero a sua vaselina saiu fora por pouco.

Tres puntos de ouro para a Sd en visperas da visita do colider Club do Mar.

lunes, febrero 06, 2012

BUÑO 0 - S.D. SOFAN 1

Venceu en Xaviña a Sd na tarde do sábado ó conxunto local con gol do capitán Suso Docampo, que poucas horas despois foi pai dun neno. Podese decir que Iker veu cun pan, ou mellor dito, con tres puntos debaixo do brazo. Pouca afluencia de público, maioritariamente visitante en tarde moi fría no recinto oleiro.


BUÑO: Toni, Ángel (Brais, min.70), Diegón, Alfredo, Óscar (Rouco, min.60), Jorge Calvete, Ismael, Dourado, Miguel, Juan e Víctor.

S.D. SOFAN: Luis de la Peña, Adrián, Diego (Gustavo, min.90), Eloy, Miniño, Pensado, Edu (Berti, min.65), Suso Docampo, Alemán (Juanjo, min.55), David Pensado (Gurita, min.85) e Abel.

GOL:

0-1 m. 63. Falta botada por Adrian dende a banda dereita e Suso remata de cabeza anticipandose á defensa do Buño.




Saiu a Sd dominadora do balón, combinando con bastante acerto, ante un Buño moi encerrado e que non era capaz de fiar bo fútbol nos compases iniciais, buscando balóns longos a un solitario Victor. Nun par de internadas por banda dereita creou perigo a Sd, nunha que acabou con remate de Edu que petou nas mans dun xogador local sin que o colexiado indicase nada, e noutra con remate de Abel alto. A mais clara ocasión foi para Adrian cando se plantou so ante Toni pero en vez de rematar tentou dar o pase da morte, despexando a defensa oleira. Nos ultimos intres do primeiro acto estirouse o Buño, e tivo un par de boas ocasións en botas de Antelo e sobre todo Dourado, que diante de Luis non soubo superar ó meta coruñés.




O segundo tempo foi de peor calidade futbolistica. A Sd marcou pronto e dedicouse a defender con solvencia os ataques dos de Esmorís, feitos mais co corazón que coa cabeza. Imperou o balón longo pero a defensa da Sd mostrouse moi segura en todo momento. As mais claras ocasións tivoas Victor, pero Diego en duas ocasións rouboulle a carteira con acerto ó perigoso dianteiro. A pesar das continuas xogadas a balón parado das que dispuxo o cadro local, non foi quen de aproveitar ningunha e os de Vicente levaronse o gato á auga.



Fotos de Washington Calvo.