
Foi o cierre a outra gran tempada e o último partido no Carral do mister Baña, que se despediu emocionado. Posiblemente foi tamen a retirada como xogador do gran Miniño, que tras unha traxectoria impecable e brilante como futbolista pasará ó duro banco a partir da tempada que ben. Hai que seguir traballando e aprendendo dos erros. Sorte ó Xallas no que resta de copa, pois foi un rival cun comportamento exemplar e sin dubida teñen un autentico equipazo, dos mellores dos ultimos anos na costa.
S.D. SOFAN - Alex, Roberto Souto, Diego, Miniño, Juanjo, Aleman - Edu 85´-, Mario Casal, Pizo - Adrian 65´-, Luisito, Suso Docampo e Bertin.
XALLAS C.F. - Cheli, Ismael, Alvaro, Ivan forjan, Pereiro, Ricardo, Jesus, Toni - J.Angel 39´-, Ruben Forjan, roberto - Brais 89´-, Adrian Prol e Leo.
ARBITRO: Lago Barros. Expulsou a Jesus no min 75.

GOLES:
1-0 5´Gran pase de Pizo polo medio da defensa xalleira a Mario, que se planta ante Cheli e o bate tras regatealo.
1-1 51´Centro á area que prolonga Roberto, e Jesus no segundo pao engancha unha volea que entra no pao longo.
Saiu a Sd envenenada a polo gol que necesitaba para pasar. O Publico apretou dende o principio. Luisito tivo a primeira ocasión e o seu remate saiu alto por pouco. Na seguinte xogada chegou o gol de Mario Casal ante o delirio da entregada afición. Ainda estaba entrando xente no campo que non viu como a Sd poñía a eliminatoria en franquía.
O Xallas pasou a dominar o encontro, pero a Sd estivo a un gran nivel defensivo neste primeiro tempo. Unha entrada de Mario lesionou o fisterran Toni, que tivo que retirarse, entrando o ductil zurdo Jose Angel

Antes de chegar o descanso tivo a mellor ocasión o Xall

A xogada chave veu a pouco do inicio do segundo acto. Jesus, sen dubida o mellor xogador na eliminatoria, cazou unha volea imparable para Alex. Era a igualada e un mazazo tremendo para a Sd. Houbo uns minutos de desconcerto con outro disparo de Jesus alto, ó que respondeu Luisito con un remate que se foi fora por pouco. A Sd puxo moito corazón pero pouca cabeza, para superar a veterana defensa visitante, que estivo fantastica, comandada polo seu excelente gardameta Cheli, moi seguro en todas as suas accións.
Tivo Leo a sentencia nas suas botas pero Alex respondeu

Tristeza na parroquia local pero ó mesmo tempo unha sensación de orgullo. Esta eliminatoria tardará en ser olvidada pola parroquia sofanista, que xa pensa na proxima tempada.