lunes, enero 29, 2007

CAMARIÑAS C.F. 1 S.D. SOFAN 1

ALINEACIONS:

CAMARIÑAS CF - Marcos, Carlos, Pablo, Yago Carril, Tono, Moriño, Ismael, Dario, Pedro, Sergio (Oscar m.58) e Brais Triñanes
S.D. SOFAN - Costa, José (Mutio m. 45), Gustavo, Gende, Varela (Marcos Cancela m. 79), Pizo, Juanjo, Pablo Vazquez, Cristian, Bertin (Pombo m.45) e Eloy.
ARBITRO: Diego Castelo Perez, que amonestou a Tono e a Moriño polo Camariñas e a Pizo por parte da SD
GOLES: 1-0 m.1 Pablo remata de volea impecable un rexeite da defensa do Sofan á saida dun corner. 1-1 m.67 Pombo cabecea á rede un corner sacado por Eloy.
Partido de poder a poder o disputado na tarde de onte no Hermanas Patiño de Camariñas, con dous equipos sobre o campo que se xogaban moito no envite.
O gol na primeira xogada do partido do Camariñas condicionou moito o choque, pois o conxunto local replegou liñas de maneira descarada e foi a SD a que tivo que levar o peso do partido. No primeiro tempo os visitantes non tiveron claridade de ideas para chegar á area do Camariñas, e foi o equipo local o que creou ocasions de gol á contra. Brais na banda dereita estivo moi incisivo e realizou un par de xogadas de merito que lle crearon problemas a Costa. A balon parado a defensa da SD non estivo moi fina e o Camariñas rematou varias veces con perigo, sobre todo unha que Gustavo sacou baixo paos.
No segundo tempo cambiou radicalmente o panorama, pois a SD pasou a xogar con tres defensas, tivo a posesion do balon en todo momento e asediou a area do Camariñas, que se defendeu como gato panza arriba. Foi Pombo o que marcou, pero puido ser antes Varela nun remate de cabeza á cruceta, ou Juanjo nun par de internadas pola sua banda. Co empate o Camariñas intentou arrimarse mais á porteria de Costa, e Tono rematou alto un novo saque de esquina, que parecia a xogada propicia para crear perigo no partido de onte. Cristian tivo un par de tiros chegando ó final do partido, e Pedro tivo outra clara ocasion que desbaratou Gustavo de milagro.
Xusto reparto de puntos entre dous equipos bastante necesitados deles, que onte xogaron un partido bastante entretenido e disputado.

domingo, enero 21, 2007

S.D. SOFAN 0 S.D. PONTECESO 0




ALINEACIONS:

SD SOFAN - Dani, Mutio, José, Gende, Gustavo, Pizo, Bertin, Juanjo, Cristian, Eloy e Marcos Cancela(Pombo m. 63).

SD PONTECESO - Pombo, Isaac, Ivan, Mato, Felipe, Santi, David (Diego Eiroa m. 57), Toñito, Nando (Tucho m.89), Miguel Torrado, Pablo Rama (Miguel m. 66).

ARBITRO: Carlos Freire Lorenzo, que amonestou a José por parte local, e a Pombo, Isaac, e Felipe por parte visitante.

Dia de moito frio no carral, que se trasladou ó campo, onde os dous contendentes libraron un partido moi disputado pero huerfano de ocasions claras de gol. O Ponteceso comenzou apretando os primeiros minutos, pero arriba non contaban con excesiva polvora, pois Torrado xogou de libero e Tucho quentou banquiño. Co paso dos minutos a SD foi entrando no encontro, pero os homes de arriba recibiron poucos balons claros, e as unicas xogadas con aparente perigo eran a balon parado, como unha falta que sacou ben Pizo, ou outra de Mutio. Case chegando ó descanso Cancela, moi peleon toda a tarde , driblou a Pombo pero Miguel Torrado sacou o balon baixo paos.

O segundo tempo foi mais do mesmo, cun terreo de xogo moi brando que non facilitaba o futbol combinativ0. O Ponteceso tivo un par de contras, pero a saida de Pombo doulle un novo aire ó Sofan, que mostrou moita seguridade atras, onde todos os homes estiveron moi ben. Pombo creou un par de situacions de perigo que se perderon no limbo, e duas faltas lanzadas por Eloy e Pizo non acabaron nas mallas de milagro.

Reparto de puntos xusto no Carral, que deixou contentos a ambos contendentes, sobre todo ós visitantes.

lunes, enero 15, 2007

BUÑO 0 S.D. SOFAN 3


ALINEACIONS:

BUÑO - Añon, Ramiro (Richard m.45), Diego, Caamaño, David, Carlos, Neucha, Ruben, Victor, Mario, Emilio

SD SOFAN - Dani, José, Gende, Varela, Gustavo, Pizo, Bertin (Pancho m.77), Pablo Vazquez, Cristian (Pabeto m.70)(You m.82), Eloy (Cancela m.67) e Juanjo

GOLES: 0-1 m. 32 Pizo de corner directo 0-2 m. 45 Bertin de pty. 0-3 m 64 Bertin o rematar unha falta sacada por Pizo (foto)

ARBITRO: Sergio Rodriguez Tajes, que amonestou a Caamaño, David, Añon, Carlos, Neucha, Ruben, e Mario polo Buño, e a Pablo Vazquez, Juanjo e Cancela polo Sofan.

Devolveulle a S.D. a moneda ó Buño, que ganara claramente no Carral na primeira volta, pero que onte sufriu un duro correctivo de man dos rojillos. Tarde agradable para a practica do futbol e moita espectacion no graderio para ver este derbi.

Saliu o Buño mais metido no partido, con un Sofan moi reservon, encerrado atras e incapaz de sair á contra con claridade. Victor tivo unha boa ocasion nun remate de cabeza que saiu cerca da escadra, pero foi a SD quen se adiantou no marcador, nun corner sacado por Pizo que se colou incomprensiblemente de forma directa. Co marcador a favor o Sofan situouse ben no terreo de xogo e non pasou apenas apuros, excepto nun trallazo de Diego que repeliu o largueiro. Na outra area Bertin e Eloy creaban constante perigo, e Cristian facia un traballo encomiable pelexando él solo coa dura defensa blaquiazul. Bertin foi obxeto dun clarisimo penalti que o arbitro pasou por alto, pero pitou outro a Cristian ó borde do descanso. O propio Bertin anotou o 2-0 co que se chegou ó intermedio.

O Buño saiu apretando no segundo tempo, con Victor na banda dereita e Richard no centro do ataque. A SD sufriu no primeiro cuarto de hora pero co terceiro gol o partido acabouse. Victor e Gustavo protagonizaron un gran duelo do que saiu vencedor o noso lateral, e José anulou a Neucha. O Sofan mostrouse seguro en defensa e perigoso nas contras, que tiveron que ser frenadas con continuas faltas pola zaga local. Ante o bo facer nas labores defensivas dos visitantes o Buño limitabase a disparar de larga distancia, pero nunca dou sensacion de perigo para a meta de Dani.

Parece que pilla a onda boa o Sofan, que con duas victorias escapa un pouco dos postos perigosos da clasificacion. Ainda así non conven confiarse pois este ano o descenso está moi caro , e os equipos de abaixo estan apretando mais que nunca.

lunes, enero 08, 2007

S.D. SOFAN 4 LIRA 2


ALINEACIONS:


SD SOFAN - Dani, Mutio, José, Gende, Varela, Pizo, Pabeto (You m. 87), Juanjo, Cristian, Eloy e Bertín(Pancho m.75)


LIRA - Pensado, Toni (Samuel m.60), Suso, Herminio, Marco Antonio, Javi, Pulpo (Humberto m.45), Gelo (Ancho m.45), Alonso, Miguel e Fran.


GOLES - 1-0 m. 21 Cristian 2-0 m. 35 Bertín 2-1 m. 53 Alonso 3-1 m. 65 Pizo 3-2 m. 69 Miguel 4-2 m. 80 Eloy


ARBITRO: Borja Sanchez Garcia, correcto. Amonestou a Dani, Mutio, José e Pizo por parte local, e a Suso, Humberto e Ancho polo Lira



Gran partido na tarde de onte no Carral, sobre todo do equipo local, que realizou un futbol vistoso e acabou coa sua racha de malos resultados a costa de un Lira que parecia que non se xogaba nada no encontro. Moita xente no graderío en tarde fria. O terreo de xogo estaba algo blando pero apto para a practica do futbol. O equipo visitante vestiu a segunda equipacion do Sofan por coincidencia nos colores das primeiras equipacions de ambos equipos.

Sorprendeu de inicio a non presencia de Ancho no once visitante, que chegou ó campo no descanso. Eso foi un alivio para o Sofan, que non viu inquietada a sua meta en todo o primeiro tempo. O mediocampo local levou o peso do partido en todo momento. Tanto Pizo como Juanjo estiveron ben no corte e acertados na entrega. A dupla Pabeto-Cristian sembrou o panico na zaga visitante, con combinacions de merito. Pero o home clave nesta parte do encontro foi Bertin, que vai pillando a forma pouco a pouco e antoxase como un home importante para o futuro. Primeiro forzou o penal que fallou Eloy pero transformou no rechace Cristian, facendo o 1-0, e despois marcou un soberbio gol tras unha xogada de libro entre Pabeto e Cristian. Os locais estaban moi comodos no campo, e o Lira solo inquietou nun tiro de Miguel que Dani tocou coa punta dos dedos e o balon acabou batendo no longueiro.


No segundo tempo cambiou o panorama, principalmente pola entrada de Ancho, que infundiu respeto á zaga local nas primeiras xogadas. O efecto que ten este xogador tanto en rivais como en compañeiros é grande: o Lira parecia mellor equipo, e co partido perdido lanzouse ó ataque. Acortaron pronto diferencias nunha indecision da zaga local. Pouco despois marcou Pizo o que parecia o gol da sentencia, pero un corner directo lanzado por Miguel poñia o 3-2. En plena voraxine atacante o Sofan marrou un par de ocasions, o Lira lanzou unha falta ó pao e o arbitro sinalou un penal na area local. Parecia un novo desenlace da comedia-traxedia que persegue á SD esta tempada, pero apareceu a figura de Dani, o parapenaltis da categoria, que nunha intervencion antoloxica detivo o maximo castigo, (e van 4 penales parados no que vai de liga).

Pouco despois Eloy, que estivo buscando o gol con insistencia toda a tarde, colou un tremendo trallazo pola escadra, e aqui se acabou a resistencia do Lira.


Victoria xusta da SD, pero quizais mais sufrida do esperado. Destacar a volta ós terreos de xogo do capitan Juanjo, que disputou un gran partido. A sua presencia da un plus de agresividade ó equipo que se antoxa moi necesario para os importantes compromisos que veñen, o primeiro o domingo en Buño.

jueves, enero 04, 2007

RESUMEN DA 1ª VOLTA, PARTE 2ª: Medios e dianteiros

David Arijón Vigo, PIZO
Centrocampista
Data de nacemento: 18/08/84
Trayectoria: Bergantiños juvenil (ascenso a Liga Nacional), Bergantiños (ascenso a 3ª division)
Anos na SD Sofan: é o seu 1º ano
2006-2007: 14 partidos titular, 1257 minutos xogados, 1 gol, 2 cartons amarelos






PABLO VAZQUEZ Perez
Centrocampista
Data de nacemento: 06/11/83
Trayectoria: Corcoesto, Baio (2 finales de copa), Corcoesto outra vez
Anos na SD Sofan: é o seu 1º ano
2006-2007: 10 partidos titular, 892 minutos xogados, 1 gol, 4 cartons amarelos






Juan Manuel POMBO Castro
Centrocampista
Data de nacemento: 23/08/72
Trayectoria: Bergantiños, Laracha, San Lorenzo (2 veces subcampeón de copa e de liga, 1 ascenso a 1ª rexional)
Anos na SD Sofan: 2
2006-2007: 5 partidos titular, 501 minutos xogados, 2 cartons amarelos,1 carton vermello






VICTOR DOCAMPO Blanco
Extremo ou dianteiro
Data de nacemento: 10/01/81
Trayectoria: Bergantiños
Anos na SD Sofan: 7
2006-2007: 3 partidos titular, 280 minutos xogados












MARCOS CANCELA Cotelo
Extremo ou dianteiro
Data de nacemento: 03/05/79
Trayectoria: Buño, San Lorenzo (ascenso a 1ª regional)
Anos na SD Sofan: é o seu 1º ano
2006-2007: 4 partidos titular, 327 minutos xogados, 1 carton amarelo





Manuel J. CARRO Antelo
Extremo
Data de nacemento: 28/01/71
Trayectoria: Bergantiños, At. Milagrosa, Laxe (campeon de copa), San Lorenzo (2 veces subcampeón de liga e de copa, campeon de 3ª regional), Baio (2 veces subcampeón de copa.
Anos na SD Sofan: 2
2006-2007: 10 partidos titular, 968 minutos xogados, 2 goles, 2 cartons amarelos





ELOY Cabeza Varela
Dianteiro
Data de nacemento: 03/01/87
Trayectoria: Calasanz xuvenil, Bergantiños xuvenil
Anos na SD Sofan: é o seu 1º ano
2006-2007: 14 partidos titular, 1246 minutos xogados, 3 goles





BERTIN Abelenda Cabeza
Dianteiro
Data de nacemento: 23/07/85
Trayectoria: Sofan juvenil, Bergantiños juvenil, Paiosaco
Anos na SD Sofan: é o seu 1º ano
2006-2007: 1 partido titular, 66 minutos xogados


CRISTIAN A. Periscal Julien
Dianteiro
Data de nacemento: 16/08/77
Trayectoria: Orzán, Peñarredonda, Soneira
Anos na SD Sofan: 5
2006-2007: 12 partidos titular, 1067 minutos xogados, 8 goles, 5 cartons amarelos






SUSO DOCAMPO Blanco
Dianteiro
Data de nacemento: 15/07/79
Trayectoria: Bergantiños (ascenso a Preferente)
Anos na SD Sofan: 8
2006-2007: 1 partido titular, 90 minutos xogados, 1 gol






Pablo Varela Lema, PABETO
Dianteiro
Data de nacemento: 09/05/78
Trayectoria: Buño, Paiosaco, Baio, Larin
Anos na SD Sofan: 4
2006-2007: 2 partidos titular, 200 minutos xogados, 1 gol, 1 carton amarelo






Jose Gumersindo Rey Torres ,YOU
Dianteiro
Data de nacemento: 25/09/80
Trayectoria: Peña Paramo
Anos na SD Sofan: 4
2006-2007: 1 partido titular, 148 minutos xogados, 2 cartons amarelos