Iniciou o encontro a Sd moi acertada, con Michel, pletorico todo o partido, e Boedo como amos do centro do campo. Os seus balons en profundidade a Santi e Pikas creaban moito perigo. Asi chegou o tanto e varias ocasións, tanto de Suso como de Santi que o meta visitante resolveu con acerto. A balon parado os locais eran moi superiores e primeiro Boedo a porta valeira, e despois Lista rematando ó pao, non anotaron de milagro. A Sd combinaba moi ben, divertindo á parroquia local. Pero o incisivo dianteiro Mario foi quen de acertar na primeira que tiveron os de Zas, e a partir de ahi o encontro cambiou de rumbo.
O segundo tempo foi dos visitantes. Dani tivo que facer varias paradas magnificas, sobre todo unha tremenda a disparo de Lagoa. Os visitantes estrelaron un balon no pao longueiro, e sobre todo tras a expulsion de Lista encerraron á Sd na area. Os de Mallon intentarono en varias contras, sobre todo cun Santi moi rapido e incisivo, e un Pikas moi peleon, pero o empate era inamovible.