lunes, septiembre 10, 2012

SAN LORENZO 0 - S.D. SOFAN 1

Derbi intenso como se esperaba o de onte no campo das Pedreiras. Ante uns 250 espectadores, ambos equipos non xogaron un bo partido a nivel técnico, pero si moi igualado. A contienda acabou cunha tangana e un xogador expulsado por cada equipo.

SAN LORENZO. Abraham, Quillo, Adrian, Dubra, David Alvarez -Anxo 85´-, Cachizo, Fuentefria, Javi Pensado -Canteiro 66´-, Pichel, Eloy - Peque 46´- e Chucho.

S.D. SOFAN. Bugy, Lista, Marcos Pensado, Juanjo, Alberto Pensado, Eloy Boedo, Michel, Eloy Cabeza -Jacobo 75´-, Ivan Rey -Ivan Rojo 61´-, Edy -Diego 84´- e Abel -Santi 67´-.

ARBITRO. Rama Cotelo, que amonestou a Adrian, Cachizo e Fuentefria por parte local, e a Lista, Pensado, Abel e Edy por parte da Sd. Expulsou a Chucho e a Santi no minuto 89 tras a tangana.

GOL.
0-1 24´ gran pase á espalda da defensa de Eloy e Abel define de vaselina ante Abraham.

Iniciou o San Lorenzo o encontro moi metido, agresivos, e creando perigo á defensa sofanista. Javi Pensado e Pichel dispararon sobre a meta de Bugy, pero respondeu a Sd con un tremendo disparo de Eloy que saiu fora por pouco, e unha boa ocasión de Ivan Rey. Tivo Pichel a mais clara dos locais neste acto, pero Bugy sacou de reflejos e desviou cunha gran parada o disparo do dianteiro. Estirouse a Sd e Edu en un par de ocasións probou a Abraham antes do gol. Co tanto chegaron os mellores minutos da Sd, e primeiro Abel nun man a man e logo Boedo a saida dun corner poideron sentenciar a contienda. Chegouse o descanso con ventaxa minima.



O segundo tempo foi mais bronco e feo. O San lorenzo buscou balons directos dende o principio e a sd limitouse a defenderse. A liña defensiva estivo espectacular, con Juanjo e Pensado a un gran nivel, e lograron conter as acometidas visitantes, que insistiron falta tras falta e saque de banda tras saque de banda. Tivo Cachizo a ocasion para empatar pero o seu remate de cabeza saiu fora cando xa se cantaba o gol. A Sd, so en un par de faltas o final do encontro, inquietou a meta local. O epilogo do partido, coa tangana final, para olvidar.

* foto do equipo da Sd cedida por Nordeportes