lunes, abril 23, 2012

S.D. SOFAN 2 - MAZARICOS 1

Venceu a Sd a un bo Mazaricos na tarde de onte no Carral. Uns 100 espectadores presenciaron un bonito encontro entre dous equipos que non se xogaban nada e se dedicaron a facer bo fútbol e deleitar ó publico asistente. A Sd xogou un gran partido, puido sentenciar moito antes o encontro e acabou pedindo a hora ante o empuxe visitante. Debutou Carlos Tojeiro na portería, e tivo unha moi boa actuación.

S.D. SOFAN - Tojeiro, Adrian, Gustavo, Juanjo, Rabuñal, Eloy Boedo, Victor - Diego 81´-, Suso, Jacobo, Ivan Rey - Berti 71´-, e Edi - Gurita 74´-

MAZARICOS - Juan, Casais, Tuco, MAtias, Oscar, Rodri, Brais, Esteban - Molinos 46´-, Estefano - Oreiro 46´-, Aldo e Cristian.

Arbitro - Blanco Bravo

GOLES -
1-0 9´Corner que remata Eloy no segundo pao tras varios rexeites.

2-0 24´ Gran xogada personal de Edi que acaba cun tremendo disparo do extremo ante o que nada pode facer Juan.

2-1 77´ Aldo de falta directa.

Dominou a Sd o primeiro tempo. As internadas de Victor por banda dereita e Edi pola esquerda crearon moito perigo a defensa visitante. Un centro do extremo carballes foi rematado por Jacobo fora. Tras o gol de Eloy a Sd tivo uns minutos de gran xogo, e entre Ivan e Edi crearon unha bonita xogada que Victor rematou de cabeza alto. Jacobo lanzou unha falta ó pao e rematou fora tras boa xogada de Suso. Os visitantes so inquietaban en lanzamentos lonxanos sen case perigo. O golazo de Edu foi do mellor do partido, e coa clara e xusta victoria local chegouse ó descanso.

No segundo tempo seguiu a mesma tónica. Os visitantes crearon algo mais de xogo, con Brais, o mellor deles, ó mando das operacións. Pero o xoven centro do campo da Sd, con Eloy e Ivan xogando un gran partido, xenerou futbol e ocasions suficientes para sentenciar antes o encontro. Unha gran xogada por banda de Victor rematouna o seu irman Suso alto cando se atopaba na boca de gol. Outra gran parede entre Jacobo e Ivan rematouna este ó corpo de Juan. O público divertíase, pero a Sd baixou un pouco o ritmo e aproveitouno o Mazaricos para crear algunha ocasión. Tojeiro tivo que responder a un lanzamento de Aldo, e o mesmo xogador foi o que anotou o gol visitante. A partir de ahi o Mazaricos acosou a base de faltas pero a defensa da Sd respondeu ben, cortando Juanjo na boca de gol a mais clara ocasión dos do Pino do Val.

Foto. Sara Ramos.