
BUÑO: Toni, Ángel (Brais, min.70), Diegón, Alfredo, Óscar (Rouco, min.60), Jorge Calvete, Ismael, Dourado, Miguel, Juan e Víctor.
S.D. SOFAN: Luis de la Peña, Adrián, Diego (Gustavo, min.90), Eloy, Miniño, Pensado, Edu (Berti, min.65), Suso Docampo, Alemán (Juanjo, min.55), David Pensado (Gurita, min.85) e Abel.
GOL:
0-1 m. 63. Falta botada por Adrian dende a banda dereita e Suso remata de cabeza anticipandose á defensa do Buño.
Saiu a Sd dominadora
do balón, combinando con bastante acerto, ante un Buño moi encerrado e que non era capaz de fiar bo fútbol nos compases iniciais, buscando balóns longos a un solitario Victor. Nun par de internadas por banda dereita creou perigo a Sd, nunha que acabou con remate de Edu que petou nas mans dun xogador local sin que o colexiado indicase nada, e noutra con remate de Abel alto. A mais clara ocasión foi para Adrian cando se plantou so ante Toni pero en vez de rematar tentou dar o pase da morte, despexando a defensa oleira. Nos ultimos intres do primeiro acto estirouse o Buño, e tivo un par de boas ocasións en botas de Antelo e sobre todo Dourado, que diante de Luis non soubo superar ó meta coruñés.

O segundo tempo foi de peor calidade futbolistica. A Sd marcou pronto e dedicouse a defender con solvencia os ataques dos de Esmorís, feitos mais co corazón que coa cabeza. Imperou o balón longo pero a defensa da Sd mostrouse moi segura en todo momento. As mais claras ocasións tivoas Victor, pero Diego en duas ocasións rouboulle a carteira con acerto ó perigoso dianteiro. A pesar das continuas xogadas a balón parado das que dispuxo o cadro local, non foi quen de aproveitar ningunha e os de Vicente levaronse o gato á auga.
Fotos de Washington Calvo.