lunes, enero 23, 2012

C.D. BAIO 4 - S.D. SOFAN 0



Acabouse a xeira da Sd de 11 partidos seguidos sin perder no Platas Reinoso de Baio, nun encontro marcado pola actuación arbitral. O colexiado deixou con 9 homes á Sd á media hora de partido tras unha pequena tangana iniciada por unha entrada do local Eloy a Ivan Rey, que ainda por encima de recibir unha brutal patada, foi expulsado. Con dous homes menos a Sd xogou con gallardía pero a tremenda actuación do local Javi Suarez, un dos mellores dianteiros da categoría, acabou coa resistencia dos de Vicente.

BAIO: Manuel, Matías, Mario, Iván, Ramon, Eloy, Iago, MC -Valentin 75´-, Canai - Fachal 65´-, Alberto (Martín, min.70), Javi Suárez.
SOFÁN: Luis de la Peña, Adrian, Miniño (Gurita 55´), Pensado, Juanjo, Eloy Boedo, Suso Docampo, David Pensado, Abel, Edu (Alemán 55´) e Iván Rey.

Goles:
1-0: 20´ Roubo de balón de Canai, que cede a MC, e este bate a Luis na sua saida.
2-0: 67´Javi Suárez encara a Luis e bateo cun tiro cruzado
3-0: 70´Javi Suárez cede o balón a MC que marca a porta valeira
4-0: 87´Javi Suárez asina un golazo para completar a sua gran tarde.

EXPULSIÓNS: os sofanístas Iván e Abel no minuto 35´de partido, o adestrador visitante Vicente por protestar, e o xogador visitante Jacobo no descanso por protestas. O local Eloy foi expulsado tamen no minuto 50.

Iniciou a Sd ben plantada no campo, buscando a Abel para que a velocidade do dianteiro creara perigo, pero resultou dificil chegar con claridade á area de Manuel. Un par de disparos do dianteiro antecederon ó gol baies nun erro defensivo visitante. O Baio fiaba a sua aportacion ofensiva ós seus dous dianteiros, MC e Javi Suarez, que xogaron un gran partido. Adrian, que fixo un tremendo desgaste todo o partido, empezou a intentar entrar por banda dereita, e un disparo seu que rexeitou un defensa a piques estivo de converterse no empate. Outra boa xogada do lateral rematouna Ivan alta, na mellor ocasion visitante. O partido foise enrarecendo, e a xogada polemica chegou cunha fortisima entrada de Eloy a Ivan, que acabou cunha pequena tangana e dous xogadores da Sd nos vestiarios. Mal panorama para os de Vicente, e así se chegou o descanso.

no segundo tempo a Sd arriscou, continuou tendo o balon a pesar da clara inferioridade, pero o Baio, sabedor dos seus puntos fortes, machacou á contra. Javi Suarez foi un pesadelo, e os de Tono non tiveron mais que defender con orden e esperar que as contras fixeran o seu efecto, como así foi. A partir do 3-0 non houbo partido, ainda que a Sd, coa entrada de Gurita e Aleman, seguiu poñendo ilusion, e tivo ocasión para marcar un par de tantos en botas de David Pensado, Suso e Gurita. O cuarto tanto foi un clavo mais na tumba dos visitantes.


- Foto de Alejandro Mel.