
S.D. SOFAN - Dani, Cantudo - Gustavo 62´-, Lista, Juanjo, Marcos Pensado - Diego 80´-, Ivan Rojo - Jacobo 70´-, Ivan Rey, Michel, Suso Docampo, Pikas - Santi 66´- e Abel.
CARNOTA C.F. - Luis, Manolo Chouza, Pedro, Pablo, David Brea - Urko 46´-, Boni - Martin 74´-, Rodri, Beiro - Miki 88´-, Pumuky, Ivan - Buonanotte 46´- e Jacobo.
ARBITRO - Pichel CAstro, que amonestou a Cantudo, juanjo e Ivan Rey por parte local, e a Jacobo, Pedro e Martin por parte visitante.
GOLES -
1-0 5´ Balón longo que pelea Suso coa defensa e o porteiro visitante, o esferico queda solto no punto de penalti e Abel non ten dificultades para levalo ó fondo das mallas.

2-0 17´ Contra local levada por Pikas, que da un gran pase a Abel, e este cun disparo fortisimo bate a Luis de la Peña.
Saiu a Sd dominando o partido e consciente de que o campo solo posibilitaba un futbol directo, ainda que por momentos os homes do medio campo, Michel, Rojo e Rey realizaron combinacions de mérito. Os tempraneiros goles condicionaron o encontro, pois a Sd estivo moi solvente e apenas concedeu ocasións na sua porteria. Abel estivo moi fino neste inicio, e incluso marrou un man a man ante o porteiro visitante. Rojo, cunha gran xogada na que se foi de canto rival lle saiu o paso e disparou fora, e Rey, cun remate de cabeza que detivo Luis en antolóxica parada, estaban a xogar moi ben. Pikas era un puñal pola sua banda, e Suso e Abel peleabanas todas en ataque. Resultado xusto o descanso.

No inicio tivo unha clara doble ocasión a Sd, á que respondeu ben Luis, pero despois dedicouse a sestear, e o Carnota, mais con disparos lonxanos que outra cousa, inquietou algo a Dani, que respondeu moi ben a disparos de Beiro e Jacobo. Aburriu ás ovellas o treito final do encontro, e o pitido final foi un alivio para os espectadores.