OUTES - Gato, Martin Lago, Chua, Arturo, Borja, Saul - Michi 70´-, Martin, Poke - Fabio 65´-, Deivi, Pesco - Migui 46´-, Quin - Elias 46´-
S.D. SOFAN - Bugy, Cantudo - Santi 31´-, Eloy Boedo, Juanjo, Marcos Pensado, Michel, Ivan Rey, Ivan Rojo, Suso Docampo, Jaboco - Pikas 65´- e Abel - Dani 94´-.
ARBITRO - Reborido, que expulsou a Eloy Boedo a un cuarto de hora da finalización.
GOL - 0-1 49´ Falta lateral que bota Michel con maestria e entre Abel e un defensa local introducen o balón na meta de Gato.

Pero foi o inicio da segunda parte, cando a balón parado anotou a Sd. Merecido tanto, pero todavia 40 minutos por xogar, cun publico volcado co seu equipo a pesar das inclemencias metereolóxicas. Acto seguido do tanto, o mesmo Abel puido celebrar o segundo, pero Gato respondeu cun paradón ó seu remate de cabeza. Deivi tivo unha boa nunha contra pero disparou fora cando se atopaba solo ante Bugy. Saiu Pikas por Jaco, e na primeira xogada fixo unha espectacular galopada de 60 metros, pero o seu pase atras non foron quen de transformalo en gol os dianteiros sofanistas. Rojo, que estivo soberbio neste segundo tempo, dispuxo de varias ocasións de gol, pero non andivo atinado no disparo.

E chegou a expulsion de Eloy Boedo, ante a que a Sd replegou liñas, apelou o sacrificio defensivo, lanzou perigosas contras e aguantou as embestidas locais. Tras un agonico final, con Bugy portandose como un veterano os seus 19 anos, e todo o equipo xogando con un nivel de sacrificio e compañerismo altisimo, conqueriuse unha dificil e merecida victoria nun precioso partido.