
O xogador, de 28 anos, disputará a súa primeira tempada no Sofán despois de ter vestido os últimos anos a camiseta do equipo da Porta Santa, o Paiosaco. Richard criouse futbolísticamente nas categorías inferiores do Laracha, co cal chegou a ser subcampión de copa no ano 2002 nunha final disputada no estadio de Riazor contra o Español de Sta. Lucía. Posteriormente xogou unha tempada no Suevos, duas no Larín, equipo co que ascendeu a segunda autonómica, e dende o 2005 defendía as cores verde e brancas do Paiosaco.

O gardameta defínese por un dominio do xogo aereo destacado, un bo xogo cos pes, e axilidade baixo os paos. Debutará na liga da Costa este ano, situación ante a cal o xogador se mostra moi ilusionado.