
Deixa un gran recordo o zurdo no campo do Carral, no que ofreceu grandes tardes á afección sofanista, que tivo o placer de disfrutar da exquisita técnica e velocidade do rapaz, que dende o primeiro momento se adaptou de maravilla no vestiario da SD. Facémoslle un par de preguntas na hora da súa despedida e desexamoslle sorte na súa nova andaina, recordandolle que sempre terá a súa casa no Carral.
Un ano na sd e volves á preferente ¿foi un bo trampolín para a tua carreira esta tempada no Carral?
Pois asi é, despois dun ano parado a decisión de fichar pola SD Sofan non puido ser mais acertada. Todo este ano foi sumar tanto a nivel persoal como futbolistico.

¿Por que te decidiches polo Xallas?
Porque e un proxecto que me entusiasma, un equipo recen ascendido con xogadores xóvenes con ganas de facer as cousas ben nunga liga moi competitiva como é a preferente.
¿Que deixas atrás ó marchar da sd?
Unha familia empezando pola directiva, entrenador e cada un dos xogadores da plantilla. Solo teño boas palabras para todos porque me acolleron coma un mais desde o primeiro dia.
¿Que foi o mellor deste ano futbolístico?
O volver a sentirme xogador, competir e disfrutar cada semana do fútbol neste pequeno equipo pero a vez tan grande.
¿Que mensaxe lle queres dar á familia sofanista na hora da tua despedida?

Quédame a espiña de non haber podido ascender e chegar mais lexos na copa . Creo que se poideron conseguir os dous obxetivos con un pouco mais de sorte, pero que seguro que o vades a conseguir en anos próximos porque se ta traballando na direción acertada e os resultados xa chegarán solos. Saudos a todos en xeral, directiva, afición e sobretodo os compañeiros de vestuario. Que todo vos siga salindo asi de ben e que nos seguiremos vendo os viernes no churrasco ou senon na Boa coma sempre. GRANDE S.D SOFÁN