lunes, marzo 21, 2011

S.D. SOFAN 3 - CLUB DEL MAR 2

Intenso encontro o disputado no Carral, que caiu do lado do equipo local, cando os visitantes tiñan todo a favor para levarse a victoria tras anotar o 1-2. Unhas 300 persoas disfrutaron dun igualado encontro en tarde soleada en Sofán.


S.D. SOFAN - Miniño, Adrian -Roberto Souto 71´-, Juan Rabuñal, Pensado, Juanjo, Aleman, Mario Casal, Luisito -Gende 84´-, Diego -Jacobo 76´-, David Pensado -Manolo Varela 87´- e Bertin.

CLUB DEL MAR - Ivan, Chori, Fran Borrazas, Juan Lareo, Chechu, Alberto, Repi, Mariano, Corral, Jacobo -Piñeiro 77´- e Brais -Tonecho 77´-.


ARBITRO: Javier Volunterio, que amonestou a Miniño, Adrian, Luisito, Mario e Bertin por parte local, e a Chechu, Mariano e Lareo por parte visitante.


GOLES:
0-1 21´Repi lanza unha falta que toca na barrera e descoloca a Miniño.

1-1 24´Saque de banda que peina Mario e David Pensado no segundo pao remacha a gol

1-2 66´Gran xogada de Chechu por banda dereita, e o seu centro rematao Jacobo no segundo pao.

2-2 74´Mario dende o borde da area de disparo axustado.

3-2 80´Roberto Souto de gran remate de cabeza.


Librouse a batalla durante case todo o encontro no centro do campo. Repi dispuxo unha tela de araña que non permitiu as maniobras do equipo local, que tivo que tirar de un xogo mais directo para que o esférico chegara con claridade ós seus puntas. Tivo Luisito unha clara ocasión nunha bonita combinación entre Diego e Bertin, pero o seu disparo saiu a rentes do pao. Na primeira aproximación á area local, o Club do Mar anotou o primeiro tanto, pero acto seguido igualou o bullicioso David Pensado, moi incisivo toda a tarde. As suas veloces internadas e combinacions con Luisito foron do mellor do primeiro tempo. Miniño fixo unha gran parada a un novo tiro de falta de Repi e Bertin estivo a punto de desnivelar a balanza en un par de ocasións pero con empate chegouse ó descanso. O balón era local pero a igualdade éra a nota predominante.


No segundo tempo mais do mesmo. O partido trabouse un pouco, quizais debido á alta temperatura na tarde carballesa, e o gol visitantes foi un xerro de auga fria para a afección local. Ainda así sacaron os de Baña forzas de onde nas habia, e Mario igualou rapidamente. Un par de internadas de Adrian por banda levaron a inquietude á area visitante, sobre todo en unha na que Aleman non chegou por pouco ó remate. A lesión de Brais, un dos mellores dos visitantes, e os cambios locales declinaron a balanza. Roberto anotou un golazo e o local Jacobo estivo a piques de anotar o gol da tarde, pero o seu lanzamento estrellouse na escadra da meta de Ivan.








A SD agarrase con forza ó 3º posto, que pondrá en xogo o proximo fin de semana no Miraflores de Muros.