lunes, marzo 28, 2011

MUROS 1 - S.D. SOFAN 1

Bonito encontro o disputado na tarde de onte en Miraflores diante duns 150 afeccionados. Dous dos mellores equipos da categoría combatiron de poder a poder a pesar de non xogarse apenas nada, fora da honrilla de conquerir a 3ª posición ligueira. MUROS: Lupi, Manu Dosil (Miguel Riveiro, min.62), Mayuyo, Gael, Iván Cerilla (Teo, min.90), Varito (Gabi, min.85), Bibi, Martín (Óscar, min.62), Sexo, Tony, Gelo (Yanky, min.60). S.D.SOFAN: Miniño, Roberto Souto, Juanjo, Alberto Pensado (Gende, min.75), Juan Rabuñal, Alemán, Mario, Adrián (Diego, min.60), Luisito, David Pensado, Jacobo (Bertín, min.60) Goles: 1-0, min.70: Contra levada por Sexo, este cede o balón ó segundo pao onde entra Yanky lanzado, toca o balón para evitar a saida de Miniño, o esferico da no pao e colase na meta sofanista. 1-1, min.80: Gran centro de Diego ó corazón da area onde David Pensado entra en velocidade e conecta un impecable testarazo que bate a Lupi. É unha pena que estos equipos apenas teñan preocupacións ligueiras a estas alturas, pois poderiase ter presenciado un gran partido. Ainda así o encontro foi intenso, con calidade por momentos, e incertidume no marcador ata o final. A saida dos locais foi explosiva, presionando con intensidade á SD, e encerrando ós de Baña na sua area. Toni comenzou a destapar o tarro das esencias, e serviu un balón en bandexa a Sexo que rematou fora por pouco. Miniño tapou un perigoso disparo do dianteiro xuvenil antes da mais clara ocasión local, á saida dun corner, na que nin Toni nin Gelo foron quen de introducir o balón na liña de gol, cando o mais facil parecia facer o gol. Na outra area o colexiado tragouse incomprensiblemente un clarisimo penalti a David Pensado. Mario Casal e Luisito probaron fortuna dende fora da area, pero Lupi estivo moi seguro. O xogo combinativo do Muros no treito inicial foise diluindo e a SD controlou ben o tempo do partido, sin crear ocasións claras de gol, pero mantendo a súa porteria a salvo de perigos. No segundo tempo os locais crearon perigo principalmente en rápidas contras levadas polos seus veloces puntas. A saida de Bertin dou mais mordente ó ataque da SD, e o dianteiro tivo un par de boas arrancadas, pero nunha delas disparou fora, e noutra Gael estivo moi atento para conxurar o perigo. A saida de Yanki foi o estilete que necesitaba o Muros para anotar. O dianteiro marcou a pouco de entrar no campo, e enviou un balón o pao nunha xogada posterior. A SD estirouse un pouco, con Luisito comandando as operacións ofensivas, e anotou o tanto do empate por medio do bullicioso David Pensado, que unha vez mais completou un bo partido. Canto o partido esmorecia os locais reclamaron penalti por supostas mans de Roberto Souto. Xusta igualada entre dous equipos que xogaron por debaixo das suas verdadeiras posibilidades.