domingo, septiembre 03, 2006

S.D. SOFAN 1 - C.D. BAIO 1

Partido inaugural da tempada 2006/2007 no campo do Carral, que rexistra unha magnifica entrada. Tarde de moitisimo calor e campo en perfecto estado.
Alineacions:
S.D. SOFAN - Costa, José, Gende, Varela, Gustavo; Victor Docampo, Juanjo (Pombo m. 86), Pizo, Carro; Eloy e Suso Docampo.
C.D. BAIO - Luis, Ramón (Rodri m 45), Playa, Santi, Canillas; Silvarredonda, Juan, Rojo (Suizo m 58), Alberto; Martín e David Costa.
O Baio ven como recente campeón do trofeo Neria e coa vitola de gran favorito ó ascenso pero mereceu sair derrotado. Gran tarde de fútbol, sobre todo por parte do equipo local, que cerra ben os camiños á sua portería e ataca a defensa do Baio con endiabladas internadas pola banda. Carro fai un partidazo contra o seu ex equipo e volve locos os a Ramón e Rodri. Tras uns minutos iniciais nos que o Baio leva o peso do partido apoiado na boa saida de balón que da Santi Bomar, o Sofan monta un par de perigosos contragolpes que xenera dudas no equipo visitante. Suso bota alto un claro balón a portería vacía, e Luis fai un par de boas paradas, sobre todo unha a remate de cabeza de Varela a saída dun corner. O Baio carga moito o xogo na súa banda esquerda e o seu futbol vaise facendo predecible. Faltando pouco para o descanso chega unha das xogadas clave do partido. O Baio e castigado con un máximo castigo pero Suso, en contra do que soe facer, erra o penal.
No segundo tempo chega o gol de Suso nun centro medido de Carro que o dianteiro remata impecablemente de cabeza. O sofan métese un pouco atras pero sigue creando as mellores ocasions. Sen embargo o Baio empata a pouco do final nunha xogada a balon parado que remata Ivan suizo as mallas. Era a unica maneira que tiña o Baio de marcar. De ahi o final ainda ten suso unha ocasion clara para marcar. Os homes de ataque do conxunto local foron un pesadelo para a defensa baiesa. De non ser pola actuación do porteiro do Baio hoxe o Sofan tería levado os tres puntos. De todas maneiras a afección disfrutou do xogo do equipo e parece que o bo camiño está marcado.