sábado, septiembre 09, 2006

LESION DE SUSO DOCAMPO


A mala sorte cebouse onte pola noite coa S.D. Nun partido amigable contra o San Martiño da Silva lesionouse de certa gravidade o noso capitan e pichichi. Torceu a rodilla ó sair dun regate e a falta dunha resonancia magnetica que se realizará esta semana, a cousa non ten boa pinta. Recordemos que Suso xa estivo un ano inactivo por unha lesión parecida, ainda que na outra perna.
A tristeza apoderouse do vestiario, pero este é o momento no que se verá realmente a pasta da que estan feitos os nosos xogadores, e se somos capaces de reaccionar con forza ante un golpe tan duro. Hai homes no plantel con calidade suficiente para substituir o capitán, e seguro que o farán ben. Ademais a visita a Lira é un acicate para que o equipo faga piña e intente dedicarlle unha victoria a Suso. Vamos a por ela.