lunes, septiembre 09, 2013

Toda a Sd agora en www.sdsofan.com

Dende agosto de 2006, nin mais nin menos, que estamos escribindo e informando dende este blog da actualidade da Sd. Un total de 91.336 visitas que tivemos durante estos 7 anos, mais de 13.000 visitas anuais, dan unha idea da difusión que tivo este modesto encuadre que lle demos a todo o que pasaba no clube do Carral. Crónicas, novas, entrevistas e ata pequenas bromas o dia dos inocentes, tiveron cabida e difusión, facendo disfrutar, espero, a todos os nosos lectores.

A partir de agora, síguenos, en www.sdsofan.com. a nosa nova web, mais completa, chea de contidos interesantes e onde poderás enterarte ó dia do que pasa por Sofán e no seu clube de fútbol.

Morte ó blog, viva a nova web¡¡¡

lunes, septiembre 02, 2013

S.D. SOFAN 4 - PONTECESO 1

Finalizou a pretempada no campo do Carral con unha festa do fútbol, que serviu como homenaxe o directivo sofanista José Cabeza. Os equipos infantiles e seniors da Sd e do Ponteceso enfrontaronse dende as 5 da tarde. Baixo un axfisiante calor, e con moito público nas gradas, a Sd agradou a sua parroquia, a unha semana escasa do debuto ligueiro.

S.D. SOFAN - Dani - Bugy 45´-, Cantudo - Gustavo 45´-, Diego - Marcos Pensado 45´-, Eloy Boedo - Michel 45´-, Pablo Martinez, Jorge Calvete, Martin, Ivan Rey, Ivan Rojo, Raul e Suso Docampo - Santi 45´-

PONTECESO - Guille, Rubén, Adrián Varela, Moscoso, Josito, Bolon, Iago, Martin Puente, Nando, Jorge. Tamen xogaron Dani Pallas, Javi Peón, Tucho, Mendieta, Toniño, e Dieguito.

GOLES
1-0 15´Falta lateral que remata Raul con comodidade ó fondo das mallas.
2-0 31´Barullo na area visitante tras o saque dun corner que resolve Ivan Rey.
3-0 65´ Xogada entre Raul e Ivan Rojo, que remata cun pase deste a Santi, e o dianteiro marca a porta valeira.
4-0 77´ Ivan Rojo tras xogada individual
4-1 85´Toniño de falta directa.

Foi practico o equipo de Pablo Mallon na tarde de onte. Os visitantes levaron o control do balón a maioría do tempo, pero a Sd aproveitou para practicar unha contra mortal ante a que nada puideron facer os de Mato. Ivan Rojo foi un estilete por banda dereita, creando perigo constante e asociandose con Martin e Raul de maneira fantastica. Os primeiros tantos viñeron a balón parado, faceta do xogo na que a Sd dominou con solvencia o Ponteceso. So inquietou o equipo da vila de Pondal nun tremendo disparo de Moscoso que bateu na cruceta. Xa antes Rojo estrellara un balón no pao. A liña defensiva da Sd mostrouse moi solvente e contundente, con Pablo Martinez exercendo un liderazgo que se lle presupón.

O segundo tempo foi mais do mesmo, incrementado incluso con mais espacios na defensa visitante que aproveitou moi ben a Sd coa velocidade de Santi e Rojo. Santi como sempre estivo moi bullicioso, anotou o seu gol, e creou varias ocasions de perigo mais. O partido no treito final endureceuse un pouquiño pero a sangue non chegou ó río.

Boa proba antes do partido esperado, ese Fisterra - Sd Sofan do sábado que ven, que abre a batalla ligueira polo título da Costa.

lunes, agosto 26, 2013

CORISTANCO 1 - S.D. SOFAN 2

Disputou o sábado no campo da Rocheira a Sd o enesimo amistoso de pretempada, con resultado positivo ante o Coristanco de Dasilva. Tarde calurosa e escaso público, que presenciou un monologo da Sd, sin demasiada fortuna cara a gol.

S.D. SOFAN - Dani, Cantudo, Marcos Pensado, Eloy Boedo, Pablo Martinez, Jorge Calvete, Martin, Ivan Rey, Ivan Rojo, Suso Docampo e Raul. Tamen xogaron Bugy, Brais, Santi, Michel, Diego e Gustavo.

0-1 62´Raul de penalti cometido sobre Brais.
0-2 71´Santi define un man a man con Fredi
1-2 88´Falta indirecta que o dianteiro local lanza directamente e introduce pola escadra ante a pasividade dos homes da Sd.

O encontro foi un monólogo durante os 90 minutos. A Sd tivo o balón e o Coristanco defendeuse con orden e bastante acerto. As ocasións non foron moi numerosas, pero os visitantes centraron infinidade de balóns á area local e merodearon constantemente buscando ocos que dificilmente apareceron. A ocasión mais clara no primeiro tempo foi un remate de Rojo que detivo ben Fredi.

No segundo tempo mais do mesmo, ainda que neste acto a Sd, case que con 4 dianteiros, tivo mais profundidade no seu fútbol. Houbo mais ocasións e chegaron os goles. Santi enviou un balón ó pao antes de trasformar o seu tanto. A relaxación defensiva fixo que nos últimos intres o Coristanco tivera, ademais do tanto, outra clara ocasión para empatar o encontro.

Xa solo queda un partido para rematar a tempada, o que enfronta á Sd e ó Ponteceso o proximo domingo no Carral. Todos estamos desexando xa o inicio ligueiro, que será o dia 8 de setembro.

viernes, agosto 23, 2013

SILVA S.D. 3 - S.D. SOFAN 0

Duro ensaio o da noite de onte no campo de Meicende para a Sd, contra un rival de entidade, o Silva de Javi Bardanca, favorito nas apostas na Preferente que arranca este fin de semana. Con xogadores da categoria de David Yañez, Xaco, Marcos Suarez ou Michi Leal, impuxose con claridade a unha Sd que dou a cara en todo momento.

SILVA - Yañez, Dorrego, Popi, David, Miguel, Bruno, Michi Leal, Xaco, Bam Bam, Movilla e Uzal. Tamen xogaron Dani Rey, Hugo, Carlos Varela, Naya, Migueliño e Marcos Suarez.

S.D. SOFAN - Bugy, Diego, Marcos Pensado, Pablo Martinez, Gustavo, Eloy Boedo, Martin, Ivan Rey, Ivan Rojo, Suso Docampo e Raul. Tamen xogaron Michel, Jacobo e David Varela.

1-0 5´Movilla define na liña de gol un bo pase de Uzal.
2-0 41´Falta sacada por Xaco que entra na porteria visitante sin que niguen toque o balón.
3-0 78´Carlos Varela de corner directo.

O Silva dominou o balón con claridade. O seu centro do campo e sobre todo Xaco e Bam Bam deron un alto ritmo de circulación o balón, e a Sd non tiña mais que defenderse. De todas maneiras as ocasións locais viñeron de erros da Sd na saida de balón, pois en ataque posicional os de Mallon lograban conter as acometidas dos de Bardanca. Cando tiña o balón, o centro do campo da Sd sabia que facer con el, pero faltou profundidade. Raul estivo moi desasistido, e as poucas chegadas á area de Yañez eran ben cortadas pola defensa local. Sen dubida foi a de onte unha boa proba para ver o nivel defensivo dos nosos, que flaquearon no balón parado, pois case todas as ocasions do Silva viñeron a traves deste tipo de xogadas. No segundo tempo o cansancio fixo mella nos contendentes, e o Silva creou menos perigo. Os xogadores sofanistas mostraron a contagotas a calidade que atesoran en varias combinacións de mérito e fallaron duas ou tres claras ocasións.

Clasica proba veraniega entre semana, que pouco a pouco van dando paso ó que vai ser o estreno ligueiro o dia 8 de setembro en Sofan, contra o Mazaricos.

lunes, agosto 19, 2013

U.D. CARRAL 2 - S.D. SOFAN 2

Bonito partido de pretempada o xogado o sábado en Carral. A Sd tuteou a todo un Preferente, foille vencendo por 0-2, pero nos intres finais, a calidade dos locais dou a volta ó marcador e firmou unha xusta igualada. En tarde moi calurosa, uns 75 afeccionados disfrutaron coas evolucions de ambos equipos, que deron un espectaculo de bastante calidade para as datas nas que nos movemos. Solo lamentar as lesións de Brais e Alberto, que esperemos que se queden en meras molestias musculares.

U.D. CARRAL -  Cris, Aleja, Fran, Otero, Luisito, Jorge, Cristian, Patrick, Jonny, David Gomez e Samuel. Tamen xogaron David Varela, Zalo, Miguelito, Brais e Lois.

S.D. SOFAN - Bugy - Dani 46´-, Ivan Rey, Diego - Michel 60´-, Cantudo, Pablo Martinez, Jorge Calvete, Ivan Rojo, Suso Docampo, Brais - Santi 35´-, Alberto - Marcos Pensado 46´- e Raul.

GOLES:
0-1 37´Contra da Sd que culmina cun centro de Suso Docampo, e tras un rexeite dun defensa o balón sorprende ó meta local e colase na porteria.
0-2 78´Tremendo xogadón de Rojo, que saca un centro medido hacia Raul, e este en media chilena marca. Un golazo moi aplaudido pola afección.
1-2 86´Miguelito recorta hacia a sua perna boa, e saca un dereitazo ante o que nada pode facer Dani.
2-2 89´Miguelito de novo, nun calco do gol anterior, volve a sacar un disparo tremendo que entra por toda a escadra.

É o Carral un equipo con gusto polo bo fútbol, de man do seu novo mister Juan Acuña. A pesar do reducido das dimensión do campo do Castro, un campo dos de antes no que da gusto xogar, os locais tentaron dende o inicio levar o peso do balón e combinar con velocidade. Pero vironse sorprendidos por unha Sd que quizais non se esperaban, que defendiu con moito orden e disciplina, e cando tivo o balón combinou moi ben. Na primeira parte sacaronse varias contras veloces que puxeron en apuros á zaga local, ata o gol de Suso. Xa no segundo tempo o Carral atacou mais, pero Dani resolveu ben o traballo que lle chegou. A zaga da Sd estivo inmensa, con Pablo Martinez como kaiser e Cantudo xogando un partidazo de central. Ivan Rey, adaptado ó lateral dereito, era un atacante mais pola sua banda, e Ivan Rojo, que está nunha gran forma, volvia locos os defensas rivais. O gol de Raul foi dos mellores que se viron en moito tempo coa camiseta da Sd. Cando o partido parecia sentenciado, dous ramalazos de calidade de Miguelito, un dos mellores dos visitantes, igualou a contienda, mostrando á Sd que calquera baixón de concentración da o traste co mellor dos partidos.

Todo o equipo estivo en moi boa liña, e incluso Michel, que estaba algo tocado, dou uns minutos coa sua calidade habitual. Estaba o xogador moi motivado na volta á que foi a sua casa fai un par de anos, e onde conqueriu o ascenso a Preferente. Vémolo nunha das fotos con seu irman Marcos,directivo do Carral.

viernes, agosto 16, 2013

S.D. SOFAN 3 - XUV. DE ALMEIRAS 1

Na tarde noite de onte disputou a Sd o seu 4º amigable deste agosto contra o Almeiras, no campo carballés das Eiroas, equipo encadrado no grupo das Mariñas de 2ª autonómica, e adestrado por Pol, ex adestrador do Buño entre outros equipos. Venceu a Sd con comodidade, pero tivo que lamentar a lesión de Pablo Martinez, que nun encontronazo cun xogador visitante recibiu un pequeno corte.

S.D. SOFAN - Dani, Cantudo, Diego, Eloy Boedo, Javier Souto, Pablo Martinez, Jorge Calvete, Ivan Rey, Santi, Brais e Raul. Tamen xogaron Gustavo, Suso Docampo e Alberto.

GOLES:
1-0 17´ Ivan Rey chegando dende atras no segundo pao.
2-0 40´ Javi  Souto á saida dun corner.
2-1 71´ Adu, de penalti.
3-1 80´ Alberto, de disparo dende o borde da area.

Nova proba dos de Mallon, que se atoparon cun equipo rival moi agresivo, a veces en exceso. A pesar das reducidas dimensions do anexo das Eiroas, os sofanistas tentaron un futbol combinativo, e crearon perigo en ambas bandas, onde Brais e Santi se mostraron moi perigosos. Brais, que está a demostrar un gran estado de forma esta pretempada, xenerou perigo en cada accion que tivo, e Santi desbordou por banda en numerosas ocasións no primeiro tempo. As probas na defensa foron moi positivas, coa xoven e novedosa parexa de centrais formada por Eloy e Javi a un gran nivel. No segundo tempo o partido endureceuse e foi mais feo e bronco, pero ainda asi Ivan Rey sacou o tarro das esencias varias veces, e tanto el como Jorge Calvete, completaron accions de moito merito na liña medular.

A proxima proba será o sabado no campo do Castro en Carral, ante o equipo local.

lunes, agosto 12, 2013

A Sd no Torneo Hierros Añon de Paiosaco

Boa imaxe a ofrecida este sábado pola Sd no Torneo organizado polo Paiosaco. Larin e o conxunto local foron os rivais en tempos de 45 minutos. Foi o Paiosaco quen se levou o seu trofeo, tras ter que ser suspendido o ultimo partido por un problema no riego automático do campo que dexenerou na inundación de parte do terreo de xogo.

A Sd empatou o primeiro encontro co Larín, ó que venceu dende o punto de penalti. A pesar de ser superior ó cadro branco e azul, o gol inicial de Brais Barreiro foi contrarrestado por un tanto en propia porta de Javi Souto. As ocasión no tramo final de encontro non foron transformadas e con empate se chegou ó final dos 45 minutos. A Sd dou moi boa sensacion, dominando o xogo no centro do campo, e con Brais moi incisivo, sendo un dos homes destacados.

No segundo partido contra o Paiosaco notouse que a Sd xa levaba medio partido ás espaldas, e a diferencia de frescor físico foi clave. Os locais, que teñen un gran equipo no seu regreso á 1ª autonómica, adiantaronse por medio de Manteca. Empatou Suso Docampo tras un gran pase en profundidade de Jorge Calvete, unha vez mais magnífico no centro do campo, pero un penalti cometido por Gustavo a Heber, transformouno Portillo a pouco do final, quedando así o marcador definitivo.

A Sd alineou nestos encontros a Dani, Cantudo, Diego, Javier Souto, Gustavo, Jorge Calvete, Michel, Ivan Rey, Ivan Rojo, Santi e Brais. Tamen xogaron no segundo partido Bugy, Eloy Boedo e Suso Docampo.

Agradecer ó cadro local a invitación ó torneo e o exquisito trato recibido.