Partido de ida de octavos de final da copa da costa, disputado no campo de Lombans, ante uns 100 espectadores. Nun día moi triste para a familia sofanista, que enterraba a un dos seus mais queridos membros, os rapaces do primeiro equipo quixeron dedicarlle esta victoria a Jose e a sua familia na hora da emocionada despedida. Agradecer o comportamento do Carnota, que nos deron todas as facilidades para que a plantilla puidera asistir ó enterro.
CARNOTA: Luís de la Peña, Boni, Pedro de Pichín, Manolo Chouza, Tono da Caixa, Pumuky, Rodrigo, Jacobo, Nakata (Iván Maceiras, min.63), Buonanotte (Manuel Luis, min.50), Adrián dos Lombos (Manoliño, min.50).
S.D. SOFÁN: Dani, Cantudo, Lista, Juanjo, Marcos, Iván Rey, Míchel (Jacobo, min.68), Eloy Boedo, Iván Rojo (Gustavo, min.77), Suso Docampo (David Pensado, min.62), Abel (Santi, min.70).
Goles:
0-1, min.20: Abel peina de cabeza un bo centro de Marcos Pensado á saida dunha falta lateral
0-2, min.80: Santi escapase por pernas do seu marcador e ante a saida de Luis bateo cun inapelable remate polo pao corto.

Un pouco destemplados entraron os xogadores da Sd, presas mentalmente das circunstancias, e sen a concentracion e agresividade necesarias para derrotar os aguerridos equipos de Cambeiro. Jacobo e Rodri dominaban o centro do campo e lanzaban bos balóns para as puntas locais, pero hoxe, ó contrario que no partido ligueiro, a liña defensiva contivo ben os arreons iniciais dos carnotáns. E case na primeira vez que se acercaron os de Mallon á area de Luis anotou Abel nunha xogada a balón parado. Este gol dou tranquilidade á Sd, que sen xogar o seu mellor fútbol foi quen de controlar o partido e non pasar apuros ata o descanso. O equipo local, voluntarioso, notaba a falta de algo de polvora e mordente no seu ataque.

O segundo tempo discurriu por derroteiros parecidos ata os cambios. O CArnota achuchou de inicio pero Dani e a liña defensiva desbarataron todas as posibilidades dos blanquiazuis. A saida de homes de refresco dou novos brios á Sd, que tivo boas ocasións para deixar a eliminatoria vista para sentencia. Un bo pase de Michel rematouno Abel a boca de xerro pero Luis sacou o pe maxistralmente desviando a ocasión. Respondeu o Carnota cunha boa ocasión a cabezazo de Jacobo, un dos destacados dos locais, pero Dani detivo ben. A saida de Manoliño fixo que a sensación de perigo fose maior, pero so con disparos lonxanos e desacertados inquedou o Carnota a Dani. O gol de Santi nunha contra deixou o partido sentenciado, e o propio xogador puido cerrar a eliminatoria nunha contra que Luis detivo de maneira milagrosa.
Haberá que pelear duro no Carral, pero trouxo a Sd un bo resultado dun campo case sempre maldito para os seus intereses.