CASTRIZ - Adrian, Ruben, Pepe, Alex, Prego, Pablo, Javi, Victor Pazos, Sebas - Anxo 52´-, Roberto - Ivan 64´- e Luis.
S.D. SOFAN - Bugy, Michel, MArcos Pensado - Santi 65´-, Juanjo, Alberto Pensado -Diego 77´-, Eloy Boedo, Ivan Rojo -Pikas 72´-, Eloy Cabeza, Ivan Rey, Edy e Abel.
ARBITRO: Rama Cotelo, que amonestou a Roberto, Ruben, Luis, Victor e Toni por parte local, e a Michel, Boedo e Abel por parte visitante.Expulsou a Javi polo conxunto local no minuto 40.
GOLES:
0-1 3´ Gran pase en profundidade de Eloy a Abel, este cede a Edu que marca a porta vacia.

2-1 25´ Balon longo a Roberto, falta de entendemento entre a defensa visitante e o porteiro, e o dianteiro local aproveita para marcar a porta valeira co gardameta da Sd tirado no chan lesionado.
3-1 43´ Corner que remata Victor Pazos ante a pasividade da defensa visitante.
4-1 65´Contra ben levada polo equipo local que remata Pablo no segundo pao libre de marca.
4-2 88´Pase en profundidade a Santi que bate o meta local na sua saida
4-3 91´Barullo na area local que aproveita Edu para marcar.
Extraño inicio de partido en San Pedro. O tempraneiro gol dos visitantes, lonxe de asentalos no seu futbol combinativo fixo despertar o cadro local, que cun xogo moi agresivo, pronto levantou o resultado. A permisividade arbitral ante a dureza local non permitia á Sd hilvanar xogo e non foron quen de crear apenas perigo na meta de Adrian. So unha boa combinacion por banda esquerda que reematou con un centro de Marcos que se paseou sin atopar rematador levou algo de incertidume a parroquia local.
O segundo tempo foi un quero e non podo da Sd. As continuas perdas de tempo e faltas do cadro local non permitiron establecer un ritmo alto de xogo, e incluso ante o risco asumido pola Sd as contras do cAstriz eran bastante perigosas. Empeñouse a Sd en entrar tocando polo medio da tupida defensa dos locais, que xa con 10 homes, se defendian como leons. So nun arreon final maquillou o resultado o Sofán, merecedor dunha xusta derrota pola falta de agresividade dos seus xogadores.